Libro

Etiquetas:
06/08/2025

A asociación cultural A Pomba do Arco organiza o xoves, 14 de agosto, ás 20:30 hora no salón de actos do Cenima de Foz a presentación do libro de Martín Fernández Vizoso, Memoria de Mariñáns, que recolle 75 traballos sobre a emigración da Mariña ao continente americano.
 
O xornalista e estudoso Martín Fernández Vizoso “achegará na súa intervención 13 investigacións sobre emigrantes focegos en Arxentina, Cuba ou Filipinas. As mesmas permiten reconstruír unha parte descoñecida da diáspora focega”, explican desde A Pomba do Arco. 
 
Fernández Vizoso, xornalista e investigador, é veciño de Cangas e autor dunha amplía bibliografía sobre a historia da comarca da Mariña, á que xa ten dedicada catro volumes e centos de artigos en diversas publicacións.

 

Etiquetas:
24/07/2025

O viveirense Antonio Lage-Seara acaba de publicar un libro dixital titulado Celeiro, fogar do mar.

O Concello de Viveiro explica que é “unha homenaxe en forma de libro dixital á profunda relación desta vila co océano, verá a luz o vindeiro 25 de xullo, coincidindo coas festas parroquiais. A obra, que conta co prólogo da alcaldesa Mariña Gueimunde, reúne textos de autoras e autores que afondan na memoria mariñeira de Celeiro: desde a galerna de 1961 ata a historia das conserveiras, os barcos co nome do porto, o papel das mulleres mariñeiras ou a vida na Cofradía. Todo acompañado de debuxos de peixes e imaxes das casas de Celeiro de hai medio século. O proxecto foi coordinado, editado e ilustrado por Antonio Lage-Seara, quen ademais fará unha doazón moi especial: un Santiago de Pedra para Celeiro, como mostra de cariño ao patrón e...

leer más
Etiquetas:
07/07/2025

O Teatro de Ribadeo acollerá este sábado, día 12 de xullo, a presentación do libro titulado Ramón González e Corona González Santos, un matrimonio de filántropos, do que é autora a historiadora Celia Castro. O acto dará comezo ás 11:30 horas e será presentado polo xornalista ribadense Juan Soto, un dos prologuistas da publicación.

O libro, editado por Eoditorial, fai un repaso pola vida deste matrimonio, pola súa labor de mecenado e pola repercusión que tivo tanto na sociedade ribadense coma na do Porriño.

A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, anima a asistir á presentación deste sábado, 12 de xullo, “para coñecer máis polo miúdo o que fixeron indianos e filántropos como Ramón González e a súa dona por Ribadeo. A súa pegada está presente na Praza de Abastos, no Teatro e na Terceira Orde, por poñer só...

leer más
Etiquetas:
06/07/2025

Os Bolechas no Ribadeo Indiano é o título do libro presentado este domingo no quiosco da música, no Campo de San Francisco ribadense. Ducias de nenas e nenos achegáronse a coñecer aos Bolechas, que compartiron fotos, bicos e apertas con eles. Houbo tempo para amosar todo o que saben as pícaras e os pícaros de Ribadeo sobre os indianos máis coñecidos, como Ramón González, a quen está dedicado este ano a décima edición deste evento histórico cultural, que se celebrará do 11 ao 13 de xullo. Son 1.000 exemplares os editados, que se poñen á venda ao prezo de 10 euros na Oficina de Turismo e na Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, contou que se repartirán varias partidas polos centros escolares de Ribadeo.

Asistiron ao acto de presentación do libro o alcalde, Dani Vega; as concelleiras de...

leer más
18/04/2025

O Concello de Alfoz anuncia: “o próximo sábado 19 de abril ás 19:30 horas achegádevos á Casa da Cultura de Alfoz para descubrir Uma história pequena da Galiza Rural (1939–1982), da man da súa autora, Alba Díaz Geada. Veciña de Adelán, no concello de Alfoz, Alba é historiadora e investigadora especializada na análise dos cambios sociais no rural galego. É autora de varias publicacións, entre elas Mudar en Común: Galiza 1959–1982, baseada na súa tese de doutoramento, recoñecida con varios premios. As súas liñas de investigación inclúen: historia agraria e social, movementos sociais, cambio social e cultural, franquismo e transición á democracia”.

Para este acto a entrada libre ata completar aforo.

25/02/2025

O Salón dos Alcaldes, na Casa do Concello ribadense, acollerá a presentación do libro titulado Ribadeo, rúas, prazas e espazos, de Eduardo Gutiérrez. Será este venres, día 28 de febreiro, ás 20:00 horas.

“Non vos perdades esta interesante presentación a cargo do cronista oficial de Ribadeo, Eduardo Gutiérrez. Unha oportunidade perfecta para coñecer máis sobre a nosa historia”, anuncia o Concello de Ribadeo.

07/01/2025

A Agrupación Cultural Francisco Lanza, de Ribadeo, organiza a presentación do libro titulado Entre a memoria e o esquecemento, de Guiomar Acevedo López, un ensaio que aborda o tema da memoria e da identidade no exilio republicano en México. O acto será este sábado, día 11 de xaneiro, ás 19:30 horas na biblioteca municipal ribadense El Viejo Pancho. Ademais da autora do libro, intervirán Carlos Méixome Quinteiro (investigador sobre a represión franquista) e Mario López Rico, tradutor e autor do prólogo do libro.

A Agrupación Cultural Francisco Lanza explica que “Guiomar Acevedo López (Ciudad de México, 1984) é escritora e historiadora. Licenciada en historia pola Universidad Nacional Autónoma de México e Mestra polo Colegio de México. Especializouse en estudos de memoria histórica, procesos históricos de disrupción social e...

leer más
Etiquetas:
10/12/2024

A agrupación cultural Francisco Lanza, de Ribadeo, anuncia: “o vindeiro venres 13 ás 19:30 horas temos cita co mundo dos libros na Biblioteca Municipal El Viejo Pancho, de Ribadeo. Vainos visitar Severino Fernández Abel cun excelente agasallo: unha boa conversa sobre a súa Tradición oral recuperada das tebras”.

Na presentación acompañarán o autor X. Manuel Lobato e Dores Fernández Abel.

 

Etiquetas:
04/09/2024

Aurora Marco presenta este venres, 6 de setembro, o seu último libro “Carmiña Sierra: a primeira muller do Seminario de Estudos Galego”, de Alvarellos Editora, no Lugar das Marías (A Rigueira-Xove). 

A obra foi finalista nos Premios Follas Novas como un dos mellores ensaios de 2023, premio que co que autora xa fora galardoada en 2021 coa obra “Irmandiñas”. 

A cita terá lugar a partir das 20:00 horas na Rigueira no marco do programa "Contos con café á italiana", que promove o Lugar das Marías e que contará con varias autoras ao longo de 2024. 

30/08/2024

O vindeiro xoves, 5 de setembro, ás 20:00 horas, terá lugar a presentación do libro "Un Camino de Cine Xacobeo", escrito pola xornalista Pilar Falcón Osorio. Será no Seminario Conciliar Santa Catalina de Mondoñedo. 

Este evento contará coa intervención de Luis Fernández, presidente da FEGAC, Fernando García, bispo de Mondoñedo, Manuel A. Otero, alcalde de Mondoñedo, e a propia autora, Pilar Falcón. 

A presentación está organizada polo Seminario Conciliar Santa Catalina e polo Concello de Mondoñedo.