Lourenzá

11/09/2023

A asociación Terras de Lourenzá organiza unha fin de semana de sendeirismo en Aller (Asturias) do 22 ao 24 de setembro. O sábado 23 farán a ruta Peña Mea, que ten unha distancia de 12 quilómetros e é de dificultade media alta. E o domingo percorrerán a ruta Foces del Pino, cunha distancia de 8 quilómetros e dificultade baixa.

A saída será o venres 22 ás 18:30 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 20:00 horas do 19 de setembro, chamando ao teléfono 647.06.70.54. O prezo é de 120 euros para os socios do colectivo organizador e de 140 euros para os que non o son. O réxime de aloxamento é de media pensión incluíndo o xantar do domingo. As prazas son limitadas. 

 

09/09/2023

O local da asociación de veciños de Santo Adrao, en Lourenzá, acollerá un curso de ferramentas dixitais para a actividade agraria de 12 horas. Será os días 25, 27 e 29 de setembro de 16:00 a 20:00 horas e está dirixido a persoas traballadoras, autónomas e desempregadas.

As inscricións poden facerse a través do correo electrónico lourenza@sindicatolabrego.gal ou dos teléfonos 982.12.13.76 e 698.15.96.67. O prazo remata o 15 de setembro.

Etiquetas:
04/09/2023

A Escola de Música de Lourenzá te aberto ata o 30 de setembro o prazo de matrícula para o curso 2023-24, no que se aceptará o alumnado por orde de inscrición e terán preferencia os alumn@s de cursos anteriores.

Na escola de música laurentina ofrecen ensinanzas de frauta, óboe, fagot, clarinete, saxofón, trompeta, trompa, trombón, bombardino, tuba, percusión, batucada, gaita galega, piano, acordeón, guitarra, música e movemento (para maiores de 3 anos), linguaxe musical, conxunto tradicional e banda de música.

Os interesados poden contactar a través do correo electrónico bandademusicadelourenza@gmail.com ou do teléfono 618.43.50.83.

 

Etiquetas:
24/08/2023

As festas do Conde Santo en Lourenzá celebraranse desde mañá, venres 25, ata o luns 28. Nesta fin de semana haberá tamén o XXIV Día da Bicicleta, a primeira concentración de camións, a tradicional mostra folclórica e o terceiro certame de bandas de música. Os festexos foron presentados polos organizadores e a alcaldesa, Rocío López.

As actividades empezarán mañá, venres, co XXIV Día da Bici, evento que empezará ás 18:00 horas na praza do Conde Santo, desde onde se fará un percorrido de 12 quilómetros ata A Cazolga. Ao final haberá probas e competicións en entregaranse trofeos e agasallos sorpresa. As inscricións serán a partir das 17:00 horas na praza. E ás 22:00 horas terá lugar a cea baile Lenda do Conde, na que haberá as actuacións de Toxo Guayaba, DJ´s e El niño lápiz. 

O sábado 26 sairán os Cocos ás 11:30...

leer más
Etiquetas:
21/08/2023

A Federación Galega de Atletismo organizará o sábado 26 de agosto en Lourenzá os campionatos Xunta de Galicia de milla en ruta absoluto e das categorías sub 18, sub 20, sub 23 e máster e os de un quilómetro en ruta das categorías sub 10, sub 12, sub 14 e sub 16.

A inscrición popular pode facerse na web www.carreirasgalegas.com.

Este evento deportivo conta co patrocinio do Concello de Lourenzá e a colaboración do club Escolas Deportivas Lourenzá.

 

13/08/2023

As festas do Conde Santo en Lourenzá celebraranse do 25 ao 28 de agosto.

As actividades empezarán o venres 25 cunha cea baile e a actuación do grupo musical Toxo Guayaba, concerto que patrocina a asociación Patrimonio Laurentino.

O sábado 26 haberá sesión vermú coa orquestra La Favorita, que tamén amenizará a verbena xunto a Ritmo Bakano.

O domingo 27 na sesión vermú actuará Mar de Arousa, que tamén estará na verbena xunto a orquestra Cinema.

E o luns 28 rematarán os festexos cunha sesión vermú amenizada polo dúo Epo-k.

Estas festas están organizadas pola asociación Conde Santo coa colaboración do Concello de Lourenzá.

 

Etiquetas:
27/07/2023

A Concellería de Cultura de Lourenzá convoca a quinta edición do Certame de Teatro Afeccionado Concello de Lourenzá, no que poderán participar unicamente compañías ou grupos de teatro afeccionado que superen un proceso previo de selección, admitíndose calquera tipo de xénero e empregando preferentemente a lingua galega en calquera das súas variantes dialectais. Anunciouno hoxe, xoves, o concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron.

Os grupos interesados en participar deberán inscribirse nas oficinas municipais do Concello de Lourenzá ou por correo, enviando a seguinte documentación: ficha de inscrición, que aparece na páxina web do Concello; fotocopia do CIF do grupo ou compañía; ficha artística e técnica; e DVD, pendrive ou tarxeta coa gravación dunha representación da obra presentada a concurso. O prazo de presentación das...

leer más
24/07/2023

A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá conmemora o sábado, 5 de agosto, o seu 10º Aniversario, desde que se constituíra aló polo ano 2013. 

Aproveitando o “Día do Socio” que celebran cada ano coincidindo coa andaina do mes de agosto, nesta ocasión, se cabe, toma un significado máis especial, por esa primeira década que levan compartindo camiñatas xuntos. 

Para esta ocasión, escolleron unha ruta “entre lusco e fusco”, que os levará por diversos puntos do Concello de Lourenzá, adentrándose nalgún lugar do veciño Concello de Mondoñedo, para rematar de novo en Vilanova. Será a denominada “Ruta da Algara” por ser esta unha das zonas polas que pisarán os camiñantes. Consta dunha distancia de 10kms e dificultade baixa; e recomendan desde a organización levar chalecos reflectantes para evitar perigo nas zonas de...

leer más
Etiquetas:
15/07/2023

En xullo haberá visitas guiadas á exposición sobre o homeneaxeado na pasada edición das Letras Galegas 2023, Francisco Fernández del Riego, Serán os venres  14, 21 e 28 dende ás 11 ata a 13 horas no Museo de Arte Sacro.

A exposición “Cos ollos do seu espírito”, inaugurada no pasado maio, está organizada polo Concello de Lourenzá e a Xunta de Galicia así como a mesa  Don Paco de Lourenzá e a editorial Galaxia, da que foi co-fundador o protagonista. Nela, ten lugar un repaso polo seu traxecto vital e profesional para comprender quen foi a figura e o gran legado que deixou tras el.

O Museo de Arte Sacra de Lourenzá, a vila natal do protagonista do Día das Letras Galegas 2023, é a primeira parada da exposición Francisco Fernández del Riego. Cos ollos do seu espírito, comisariada por Malores Villanueva e Malós Cabrera...

leer más
Etiquetas:
12/07/2023

O Concello de Lourenzá deu a coñecer a programación para o Día de Galicia, 25 de xullo, na honra de Francisco Fernández del Riego. Esa xornada terán lugar diferentes actos culturais organizados polo Concello de Lourenzá e a Mesa Coordinadora Don Paco.

En primeiro lugar, ás 13.30 horas na Praza de Conde Santo celebrarase a escenificación do manifesto que o propio escritor leu o 25 de xullo de 1931, a cargo do grupo Avelaíña Teatro. Simultaneamente estará acompañado con música da Asociación Cultural Osorio Gutiérrez. 

E ás 20.30 horas no Multiusos “Ponte das Cuñas” haberá unha representación da obra de teatro Almas na Gloria, que foi escrita como homenaxe á Don Paco. Tamén nesta ocasión, representado polo grupo Avelaíña Teatro, de Pontevedra.