webserie

27/11/2026

O Multiusos Ponte de Cuñas, de Lourenzá, acolleu este xoves a presentación oficial da webserie A paso de muiñeira polo Camiño do Norte, unha produción de Edicón Consultores que pon en valor a riqueza cultural, musical, patrimonial e humana dos territorios polos que discorre esta ruta xacobea. O proxecto, financiado pola Xunta de Galicia no marco do programa O Teu Xacobeo, “achega unha maneira diferente de descubrir o Camiño de Santiago a través da música e o baile tradicional galego, as súas xentes e as historias dos lugares polos que transcorre”.

Na presentación participaron Javier Blanco, pola empresa produtora; Esther Benito, directora da webserie; Emma Álvarez, en representación das persoas informantes; o delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Alfonso Villares; e a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López. Un grupo...

leer más