Espeleoloxía
O Concello de Cervo colabora na organización da xornada divulgativa titulada Entre o mar e o abismo, organizada polo Espeleoclube Villaamil e Castro e Pozo Azul Project, que se desenvolverá este domingo, 11 de outubro, na Sala Cultural Xosé Vizoso, no edificio das Carboeiras, en Sargadelos, cun programa de dúas conferencias abertas ao público.
Na presentación da iniciativa participaron a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, e Gonzalo Villarmea, en representación do Espeleoclube, que destacaron “a relevancia desta proposta para achegar á veciñanza o coñecemento do patrimonio natural e das exploracións subterráneas, tanto na costa da Mariña como noutros lugares de referencia internacional”.
A xornada comezará ás 18:00 horas coa conferencia As Furnas da Costa da Mariña, a cargo de Xurxo...
leer másA Federación Galega de Espeleoloxía organiza actividades en Mondoñedo polo Día da Muller este sábado, día 8 de marzo. Unha delas é a presentación do documental titulado Espeleoloxía: substantivo feminino. Será na Casa da Xuventude ás 18:30 horas. A continuación haberá unha mesa redonda sobre o papel da muller no deporte.
Ademais nesa xornada haberá visitas á Cova do Rei Cintolo para persoas non federadas e visita ao Bucle Circular Viana-Niphargus para federad@s.




