Gastronomía

23/04/2026

Esta fin de semana, venres, 24 e sábado 25 de abril, será a segunda parte da ruta de pinchos no Concello de O Vicedo, nesta ocasión, con bares e restaurantes da capital do municipio. Son os seguintes establecementos e pinchos: Cafetería Casa da Cultura, Crujiente de Corral (venres e sábado); La Bodeguita del Puerto, Maravillas del Cantábrico (venres e sábado); Chiringuito Los Árboles, Chips de Torrezno (venres e sábado); Café Bar Santo Domingo, Arroz con calamares (só o venres); Café Bar San Esteban, Tosta La miga creativa (só o venres); e Mesón O Remo, Crepe o Remo (só o venres).

O Concello de O Vicedo explica que “os pinchos poderán ser degustados a partir das 20 horas a un prezo de 4 euros por pincho. Ademais hai un concurso ao mellor pincho con voto popular: con cada pincho vaise dar unha papeleta para valorar o pincho...

leer más
16/04/2026

O Concello de Ribadeo, coa colaboración da Xunta de Galicia, Acisa e a Asociación Provincial de Cociñeiros de Lugo impulsa o proxecto Gastropraza, unha iniciativa de dinamización da Praza de Abastos que busca poñer en valor o produto local, a hostalaría e o comercio de proximidade a través dun completo programa de actividades gastronómicas, educativas e divulgativas. A primeira delas será este sábado, 18 de abril, a partir das 12:00 horas. O protagonista será o tofu natural. 

A iniciativa, que naceu hai un ano, terá continuidade ao longo dos vindeiros meses, convertendo a Praza de Abastos nun espazo vivo de encontro, aprendizaxe e degustación, onde se levarán cabo actividades para estudantes, degustacións e obradoiros onde se poderán aprender e poñer en práctica estilos e receitas de cociña centradas no produto de proximidade e de calidade...

leer más
Etiquetas:
15/04/2026

Todo está listo para a celebración dunha nova edición das xornadas gastronómicas da cabala en Ribadeo, que organiza Acisa coa colaboración da OPP do Porto de Burela. Terán lugar esta fin de semana, do 17 ao 19 de abril, e na cita participan 18 locais hostaleiros, que ofrecerán este peixe en diferentes preparacións. 

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, contou que “todo está listo para os días 17, 18 e 19 de abril, datas nas que terá lugar a segunda edición das xornadas gastronómicas da cabala de Burela, na que participarán 18 locais hostaleiros asociados a Acisa Ribadeo, que van ofrecer tapas e pratos preparados con este peixe capturado polos barcos do porto burelés. Grazas á colaboración da OPP do Porto de Burela puidemos desde Acisa organizar esta nova cita gastronómica. A OPP facilítanos de forma gratuíta uns 90 quilos de cabala que...

leer más
Etiquetas:
11/04/2026

O Concello de O Vicedo organiza a décimo sexta edición da Ruta de Pinchos, que se desenvolverá en nove establecementos hostaleiros do municipio. O venres 17 e o sábado 18 será en: Restaurante Area Grande, de San Román, Café Bar Alfa, de Folgueiro; e Chiringuito da Abrela, de Suevos. E o venres 24 e o sábado 25 participan: Cafetería Casa da Cultura, La Bodeguita del Puerto, Chiringuito Los Árboles, Café Bar Santo Domingo, Café Bar San Esteban, e Mesón O Remo, pero estes tres últimos só ofrecerán a tapa o venres.

Nesta edición entre os comensais que participar na ruta e deixen o seu voto sortean dúas batidoras picadoras Bosch.

Etiquetas:
11/04/2026

Do 17 ao 19 de abril terá lugar en Ribadeo unha nova edición das xornadas gastronómicas da cabala, que organiza Acisa coa colaboración da OPP do Porto de Burela. Na cita participan 18 locais hostaleiros, que ofrecerán este peixe en diferentes preparacións. 
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, contou que “do 17 ao 19 de abril terá lugar unha nova edición das xornadas da cabala de Burela na que participarán 18 locais hostaleiros asociados a Acisa Ribadeo, que van ofrecer tapas e pratos preparados con este peixe capturado polos barcos do porto burelés. Grazas á colaboración da OPP do Porto de Burela puidemos desde Acisa organizar estas novas xornadas. A OPP facilítanos de forma gratuíta uns 90 quilos de cabala que imos distribuír entre os bares, mesóns e restaurantes que participan nesta nova cita gastronómica sen ningún tipo de custe para eles”.
...

leer más
Etiquetas:
10/04/2026

Baixo o lema Alimentos do Mar, alimentos de Vida, o proxecto Pesca Saúde instalará puntos de información móbiles en Burela e Viveiro “para amosar o beneficios dos produtos do mar na saúde e coñecer as súas propiedades nutricionais, e ofrecer degustacións de produtos do mar elaborados por profesionais da restauración nunha foodbike. Nestes espazos repartiranse ademais guías de propiedades nutricionais e hábitos de alimentación saudables, e vales desconto para consumir nos establecementos adheridos á campaña”, anuncia o GALP A Mariña-Ortegal. Os eventos celebraranse no exterior dos centros de saúde, en horario de 11 a 13 horas o martes 14 en Burela e o mércores 15 en Viveiro. Estas actividades completaranse cunhas xornadas técnicas no mes de maio na Casa do Concello de Burela, nas que profesionais sanitarias expoñerán os beneficios do consumo de...

leer más
Etiquetas:
10/04/2026

O 15 de abril remata o prazo de inscrición no Ribadeo Sabe, o renovado concurso gastronómico que organizan o Concello e Acisa.

A cita terá lugar do 14 ao 17 de maio. O Ribadeo Sabe presenta importantes novidades. O premio para o local gañador do xurado profesional será un curso no Basque Culinary Center con estancia en San Sebastián e diploma acreditativo. E o premio para o local gañador do xurado popular será unha visita máis cata en Bodega Regina Viarum, comida para dúas persoas no restaurante Vértigo (1 estrela Michelin) e diploma acreditativo. 

O xurado profesional de renome do Ribadeo Sabe estará composto por Rafa Centeno, chef de Vértigo, de Sober (única estrela Michelin da provincia de Lugo); Juan Rubiños, presidente da Asociación de Cociñeiros Lugo e chef executivo de Il Farabutto, de Lugo; Alberto Veiga,...

leer más
09/04/2026

O IES de Foz elabora castro preparacións para degustar na Festa da Berberecho, que se celebra esta fin de semana, e 14 establecementos hostaleiros focegos ofrecerán tapas de chícaros e mexillóns

A Xunta de Galicia explicou que “a directora territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Sagrario Sánchez, participou este xoves presentación dos menús que ofrecerá esta fin de semana o IES de Foz na XXIV Festa do Berberecho. O instituto xoga un papel destacado nesta cita gastronómica, xa que as racións de berberechos e mexillóns son elaboradas por alumnado dos ciclos da familia de Hostalería do centro educativo. Os menús son propostos polos estudantes, que traballan durante toda a semana na preparación dos pratos. Nesta edición servirán  200 quilos de berberechos ao vapor; 100 quilos de berberechos con guacamole; 200...

leer más
07/04/2026

Esta semana, desde o mércores 8 ata o venres 10 de abril, os comedores de centros escolares, de maiores e de inclusión da Mariña Lucense celebrarán o Día do Peixe dentro do proxecto Sostibilidade da actividade pesqueira e consumo responsable, que promove a Fundación Expomar co financiamento do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura 2021-2027 e do GALP A Mariña-Ortegal.

A través desta iniciativa, a Fundación Expomar “quere fomentar o consumo de peixe nestes centros, proporcionando o produto pesqueiro aos seus servizos de cociña para que fagan diferentes elaboracións nos seus menús de mércores a venres desta semana. Unha auténtica Semana do Peixe coa que se espera ter un impacto directo en preto de 1.200 persoas da contorna”.

Nesta acción divulgativa e gastronómica participan...

leer más
Etiquetas:
07/04/2026

Acia Foz-CCA renderá homenaxe á Festa do Berberecho cunha Finde de Chícaros e Mexillóns os días 10 e 11 de abril.

O presidente de Acia Foz-CCA, José Carlos Paleo, anunciou: “un ano máis queremos sumarnos á Festa do Berberecho de Foz rendéndolle homenaxe cunha fin de semana de Chícaros e Mexillóns en 14 locais hostaleiros, que ofrecerán diferentes preparacións de ambos bivalvos”.

Paleo animou “a darlle a benvida aos días longos e ao bo tempo en Foz achegándovos a saborear todas as propostas que atoparedes tanto na carpa do peirao o sábado, como durante a Finde de Chícaros e Mexillóns nos bares e restaurantes o venres pola noite e o sábado todo o día”.

Na Finde de Chícaros e Mexillóns participan A Funcional, A Rambla-Pachán, Anduriña, Augas Santas, Cafetería Leytón, Casa Damián, Dandy, Happys Days, Mexideli, O Muelle Bar, Pizzería Xoíña, Portochico, Restaurante...

leer más