Gastronomía
A Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela e a Asociación Amigos do Camiño do Mar Peregrinación a Santiago de Compostela presentaron este venres unha nova edición do Camiño Gastronómico do Mar, unha iniciativa gastronómica que mantén o dobre obxectivo co que se lanzou hai xa seis anos: fomentar o consumo de peixe e promocionar o Camiño do Mar. Desenvolverase do 19 de outubro ao 30 de novembro.
O acto tivo lugar nas instalacións de Armadores de Burela e estivo presidido pola conselleira de Mar da Xunta de Galicia, Marta Villaverde, coa representación de varios dos concellos polos que discorre a acción, como Foz, Burela, Xove, Ortigueira ou Mañón; entidades relacionadas co mar, como a Fundación Expomar, o Galp A Mariña Ortegal e representantes das frotas do porto de Burela e outras asociacións pesqueiras do norte de Galicia...
leer másDez locais hostaleiros de Burela celebran esta fin de semana, do venres 10 ao domingo 12 de outubro, as xornadas gastronómicas da Merluza D& Burela, nas que se poderán degustar diferentes pratos do peixe “máis capital do porto burelense, que o sitúa como principal lonxa de Galicia, España e Europa en pescada do pincho”.
A hostalería de Burela quere potenciar así a súa oferta gastronómica durante as pontes festivas de outubro e decembro, xa que durante a primeira fin de semana de decembro celebrarase un novo Ponte de Peixe de Burela, no que se ofrecerán receitas doutra das principais especies que capturan as frotas do porto de Burela.
Esta campaña realízase en colaboración con Armadores de Burela e a Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela, dentro do seu plan de produción e...
leer másA Gastropraza volverá mañá, 17 de setembro, ao Mercado de Abastos ribadense. Será ás 12 do mediodía.
Nesta ocasión os asistentes poderán gozar da elaboración e degustación de receitas con peixes de baixo valor económico, unha oportunidade para descubrir novas formas de cociñar e saborear o mellor produto de proximidade.
Na praza de abastos estiveron xa facendo promoción desta actividade a concelleira de Promoción Económica e Comercio, Marta Saiz, e o alcalde, Dani Vega.
A Praza de Abastos de Ribadeo collerá o venres e o sábado (29 e 30 de agosto) as Experiencias de Calidade con catas, degustacións e showcookings. Están enmarcadas nos Días de Sabor da programación especial de Acisa O noso comercio é vida, vive Ribadeo.
A presidenta de Acisa Ribadeo, Carmen Cruzado, contou que “a Praza de Abastos de Ribadeo converterase os días 29 e 30 de agosto no escenario das Experiencias de Calidade, unha iniciativa promovida pola Xunta de Galicia coa colaboración do Concello de Ribadeo e cofinanciada pola Unión Europea, que busca poñer en valor a artesanía alimentaria e os produtos galegos con denominación de orixe, no marco das actividades excepcionais deste mes de agosto impulsadas por Acisa dentro da programación O noso comercio é vida, vive Ribadeo”.
Cruzado Iglesias explicou que “...
leer másO Campo da Cabana en Foz será o escenario da V Panceparty, unha cita gastronómica e musical que terá lugar o sábado 23 de agosto a partir das 20:00 horas.
A festa arrincará xa ao mediodía cunha sesión vermú desde as 13:00 horas, que servirá para ir quentando motores nun ambiente festivo.
Os asistentes poderán gozar de dúas opcións gastronómicas: ración de lagostinos con pan e bebida ou ración de panceta e chourizo con pan e bebida, ámbalas dúas por 12 euros. Os máis pequenos tamén terán a súa propia ración adaptada.
Na parte musical, a xornada estará animada co mellor ambiente grazas ás actuacións de Puzzle Animación, a batucada Peta Pouco e o Dúo Tropical.
As entradas anticipadas xa están dispoñibles a un prezo reducido de 10 euros a través da web...
leer másO 16 de agosto terá lugar en Remourelle a XVIII Festa da Carne ao Caldeiro, que organiza a asociación veciñal A Madanela coa colaboración do Concello de Ribadeo e da Xunta de Galicia.
O alcalde, Dani Vega, contou que “esta fin de semana, concretamente o sábado 16, celébrase a Festa da Carne ao Caldeiro, coa que Remourelle quere darlle un valor a un produto de proximidade, como é a carne de tenreira rubia galega, un produto de excelencia”.
O rexedor cre que “é moi importante resaltar estas celebracións, darlle valor a un produto tras o que hai moitísimo traballo de moitos gandeiros. E dende logo nosoutros, como Concello, queremos seguir colaborando con eles. É unha celebración onde se quere poñer en valor unha forma de vida, que é o gandeiría; un produto, que é a carne de tenreira rubia galega; e nesa celebración...
leer másA Asociación de Veciños O Torques de Marzán organiza este sábado 16 de agosto a súa tradicional Gran Churrascada, que terá lugar a partir das 20:00 horas na explanada do Pavillón de Deportes.
O menú inclúe churrasco, empanada, chourizo, pan, viño e refrescos por un prezo de 15 euros. A xornada estará amenizada por un dj colaborador e polo grupo musical Xanas, garantindo boa música e diversión para todos e todas.
A partir das 00:00 horas, celebrarase unha gran queimada co seu conxuro especial a cargo do carismático Druída do Cu do Castro, poñendo un toque de maxia á noite.
A churrascada conta coa colaboración do Concello de Foz, Gadis e distintas persoas e negocios da zona.
Para máis información e reservas, os asistentes poderán poñerse en contacto coa Asociación...
leer másA Confraría da Semana Santa de Ribadeo organiza festas gastronómicas deste este xoves, 14 de agosto, ata o domingo 17.
Serán no parque de San Francisco ribadense todos eses días desde as 19:30 horas e están dedicadas á sardiña, o chourizo, o churrasco, o mexillón e a panceta.
A parroquia de Forxán, en Foz, acollerá a terceira edición da Festa do Mexillón, que terá lugar o vindeiro 15 de agosto ás 14:00 horas na área recreativa do Bispo Santo.
Por só 15 euros, o público poderá gozar dun completo menú composto por unha ración de mexillóns, empanada, bebida (auga ou viño), requeixo e café. Ademais haberá carpa e servizo de bar.
O evento contará cunha actuación musical en directo, DJ e colchonetas infantís gratuítas, converténdose nun plan perfecto para desfrutar en familia ou con amigos.
Os tíckets xa están á venda nos bares O Candil (San Martiño), Escairo (Marzán) e Pachán (Foz), ademais de Mercacartuchos (Foz). Para máis información cómpre chamar ao 982 877 446.
A colaboración entre os concellos de Burela e Trabada dará lugar este domingo, día 3 de agosto, no marco da XXXIX Feira do Bonito, a “unha das propostas gastronómicas máis especiais desta fin de semana: unha ración de enfariñada tradicional de Trabada elaborada con ventresca de bonito de Burela”, anuncia o Concello de Burela, que engade: “a iniciativa, que pon en valor o traballo conxunto entre estes dous municipios da Mariña cunha fonda tradición culinaria, permitirá servir 250 racións a partir das 13:30 horas na carpa situada no porto de Burela. A preparación comezará ben cedo, coa colaboración de voluntarios e voluntarias de ambas localidades, que traballarán man a man para dar forma a este prato”.
O Concello de Burela explica tamén que “esta iniciativa busca visibilizar o traballo conxunto entre municipios como motor de desenvolvemento...
leer más












