
Acisa sorteou hoxe as tres ceas para dúas persoas da campaña dos San Patrick’s Days, que se desenvolveu entre o 13 e o 22 de marzo.
As rifas agraciadas son a 521, á que lle corresponde o premio de La Solana; a 1986, afortunada co agasallo de Kummel; e a 1682, que gozará dunha cea no San Miguel. As persoas afortunadas dispoñen ata o 31 de marzo para reclamar os seus premios. En caso de non aparecer quedarán desertos. Desde Acisa indican que “os premios poderanse disfrutar segundo as condicións de cada establecemento e baixo reserva previa”.
O sorteo non presencial, que tivo lugar esta mañá nas instalacións de Acisa, foi realizado mediante un programa de xeración de números aleatorios. E xa pode verse nas redes sociais do colectivo empresarial ribadense.
Na primeira edición dos San Patrick’s Days participaron 10 locais hostaleiros. Veciñanza e visitantes puideron gozar de ofertas especiais en cervexa e diferentes propostas gastronómicas entre o 13 e o 22 de marzo.
Acisa agradece “a colaboración de Kummel, La Solana e San Miguel, que no doaron as tres ceas sorteadas no día de hoxe”.


