Dona Clara
Ollomao, de Barreiros, representa a obra teatral “Dona Clara” en Viveiro este sábado, 13 de decembro
O grupo teatral do Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros, representará en Viveiro a obra titulada Dona Clara. Será este sábado, día 13 de decembro, no Teatro Pastor Díaz ás 20:30 horas. É unha actuación incluída no Circuíto de Teatro Afeccionado da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. A entrada é de balde ata completar aforo e non é necesario facer reserva previa.
O Concello de Viveiro anuncia que é unha traxicomedia para público adulto cunha duración de 90 minutos. Tamén explica que se trata dunha tradución e adaptación da obra orixinal O regreso da vella dama, de Friedrich Dürrenmatt, a cargo de Ramón Casas, que ademais é o director.
O elenco está formado por: Juan Rodríguez, Benito Pérez, Patricia Pérez, Ramón Ángel Ares, Sandra Novo, Xosé Friol, Tino González, Fanny Pedre, Miriam Bouso,...
leer másO Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros, estreará unha nova obra de teatro, titulada Dona Clara; con representacións nos Colexios Vellos de San Miguel de Reinante os días 19, 21 e 28 de setembro.
Ollomao anuncia: “prepárate para coñecer a Dona Clara, unha historia chea de ironía, segredos e contas pendentes … Corenta anos despois de marchar Clara regresa á súa vila convertida nunha das mulleres máis ricas do mundo. Chega disposta a “axudar”, pero a súa proposta porá a proba a moralidade de todo o pobo. O que parece xenerosidade agocha un prezo difícil de asumir …”.
As funcións serán nos Colexios Vellos de San Miguel o venres 19 de setembro ás 22:00 horas, o domingo 21 ás 20:00 e o domingo 28 ás 20:00 horas. O prezo da entrada é de 5 euros e poden reservarse previamente no teléfono 678.546.526 (Marisa,...
leer más




