Banda Deseñada

21/04/2015
A Biblioteca Municipal de Foz conmemora o día do libro cun obradoiro de banda deseñada a cargo do ilustrador Xosé Tomás.
 
Dentro da denominada Programación das Letras a biblioteca pública municipal de Foz conmemorará o Día do Libro este xoves, día 23, cun obradoiro de banda deseñada a cargo do coruñés Xosé Tomás, que é ilustrador e humorista gráfico para varias publicacións.
O taller de cómic será na propia biblioteca ás 11:30 horas para rapaces do club de lectura do IES de Foz. É unha actividade incluída na iniciativa Ler conta moito, da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e o Concello focense.
Ademais, o venres 24 ás once da mañá visitarán a biblioteca municipal de Foz alumnos da escola infantil A Galiña Azul, da vila focense, que gozarán dunha sesión de contacontos do libro Elmer, el elefante.