Toponimia
Mariña Patrimonio continúa co ciclo de conferencias online, que iniciou o pasado mes de maio, organizando con Álvaro Crego unha charla sobre a toponimia galega.
“E logo ti de onde vés sendo? Galicia Nomeada: toponimia colaborativa” é o suxestivo título da charla que se poderá seguir na canle de Facebook de Mariña Patrimonio o vindeiro xoves, 20 de agosto, a partir das 19.30 horas.
Desde Mariña Patrimonio explican que “Álvaro Crego, colaborador do proxecto Galicia Nomeada, unha iniciativa da Real Academia Galega para documentar a enorme riqueza toponímica de Galicia, adianta que o seu relatorio centrarase na importancia de preservar un patrimonio cultural único no mundo: a riqueza toponímica da nosa terra e dos nosos mares. Tamén se falará sobre os factores que motivaron esta enorme riqueza e explicarase a...
leer másO vindeiro luns, 3 de decembro, ás 20:00 horas levarase a cabo na Casa da Cultura de Foz unha charla sobre a nosa toponimia. Esta actividade está enmarcada dentro do programa Toponimízate! Falámosche dos nomes da túa terra, que ten como obxectivo divulgar a riqueza da toponimia galega.
Nesta charla, ademais de coñecer a orixe e o significado dos nomes de parroquias, barrios,… poderemos aprender a usar a aplicación colaborativa que pretende contribuír á preservación e difusión da microtoponimia galega a través da xeolocalización.
A Real Academia Galega coordina esta iniciativa, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
A asociación Nordés Faladora organiza este sábado, 24 de febreiro, ás 18:00 horas na Casa da Cultura de O Vicedo, unha charla sobre a orixe da toponimia e a microtoponimia neste concello.
A conferencia correrá a cargo de Xosé Luís González quen, para loitar contra a perda da microtoponimia a causa da despoboación do rural e do éxodo á cidade, creou unha serie de bitácoras on line que buscan conservar e explicar a orixe dos nomes de camiños, partes dunha aldea, montes, parroquias e regos dos concellos da Mariña e do Ortegal.