Literaria

Etiquetas:
20/08/2018

Este venres, 24 de agosto, celebrarase unha Ponte Literaria na local social da parroquia de A Laxe, en O Valadouro.

Neste encontro, que se ven desenvolvendo desde o 2015, participarán, entre outros/as, Manuel Lourenzo, Isaac Ferreira, Xesús Pisón, Lionel Rexes, Iolanda Aldrei, Adela Figueroa e Manuel Regal.

Dará comezo ás 18:30 horas e leranse textos de Rita Geada, autora cubana con raíces no Valadouro. Ademais, por cumprirse neste ano o 70 aniversario da morte de Luís Trigo Chao “O Gardarríos”, o escritor valadourense Isaac Ferreira lerá unha peza dramática titulada O cerco de Vilanova, baseada na noite en que o guerrilleiro caeu asesinado no centro de Lourenzá. Tamén o autor Lionel Rexes lerá varios fragmentos da súa novela A raíña das velutinas, escollendo para a ocasión aqueles que fan referencia a persoeiros...

leer más
Etiquetas:
17/07/2017

O xoves, 20 de xullo, terá lugar unha nova edición da Ponte Literaria de Alfoz, que este ano desenvolverase na Ponte Nova de Vilaúde, na parroquia de Mor do concello de Alfoz. Este encontro literario dará comezo ás 18:00 horas.

Neste espazo situado ás beiras do Douro, varios escritores lerán publicamente as súas creación, baixo a atención doutros narradores, poetas, dramaturgos e articulistas que achegarán as súas opinión no coloquio programado ao remate das lecturas.

Quen desexe participar activamente deberá levar un texto da súa autoría de calquera xénero, e o tempo máximo de cada lectura será de quince minutos. Aínda que non é imprescindible, a organización agradece que os participantes se anoten previamente no 600 378 363 (tamén whatsapp).

Os organizadores desexan que os asistentes...

leer más
Etiquetas:
09/08/2016
A Ponte Vella de Frexulfe, en O Valadouro, acollerá o 11 de agosto a terceira edición da ponte literaria do verán, na que participarán varios escritores mariñáns.
 
O espazo de lecer da Ponte Vella de Frexulfe, en O Valadouro, acolle o 11 de agosto a terceira edición da Ponte Literaria do verán, que contará coa presenza de escritores de varias localidades de A Mariña.
 
Neste encontro, que dará comezo ás 19:00 horas, participarán entre outros lendo as súas creacións Fran Bouso con Palabras de agasallo-Artigo, Iolanda Aldrei con O rapto de Europa-Poesía, Isaac Ferreira con A casa grande-Conto, Lionel Rexes con Monsieur Bocskai-Conto, Manuel Lourenzo con Catro pontes-Documental, Xesús Pisón con O regreso e televisión-Teatro, e Vera Reges con Abrazo de la ola-Conto.
 
Na primeira edición púxose en marcha de xeito...
leer más
19/07/2016
Este xoves, 21 de xullo, terá lugar un encontro literario na Ponte Vella de Frexulfe, en O Valadouro. O evento está organizado pola denominada Ponte Literaria.
 
Os organizadores da Ponte Literaria* reuníronse o día 13 para artellar as actividades do verán 2016; entre outras resolucións, artellouse unha actividade para a semana vindeira.
 
O novo encontro terá lugar o xoves, 21 de xullo ás 17:30 h., no espazo de lecer da Ponte Vella de Frexulfe (O Valadouro).
 
A experiencia consistirá nun exercicio de creación e/ou exposición literaria cunhas condicións básicas. Toda persoa que desexe participar activamente deberá levar un texto (a temática é libre e non se exixe ningún xénero concreto) para ler ou expor de xeito oral, cunha dimensión máxima de un folio.
 
... leer más