Nova Ponte Literaria en Alfoz. Será o 20 de xullo na Ponte Nova de Vilaúde, na parroquia de Mor.

O xoves, 20 de xullo, terá lugar unha nova edición da Ponte Literaria de Alfoz, que este ano desenvolverase na Ponte Nova de Vilaúde, na parroquia de Mor do concello de Alfoz. Este encontro literario dará comezo ás 18:00 horas.

Neste espazo situado ás beiras do Douro, varios escritores lerán publicamente as súas creación, baixo a atención doutros narradores, poetas, dramaturgos e articulistas que achegarán as súas opinión no coloquio programado ao remate das lecturas.

Quen desexe participar activamente deberá levar un texto da súa autoría de calquera xénero, e o tempo máximo de cada lectura será de quince minutos. Aínda que non é imprescindible, a organización agradece que os participantes se anoten previamente no 600 378 363 (tamén whatsapp).

Os organizadores desexan que os asistentes aproveiten a ocasión para se desfacer daqueles libros que lles sobren na casa, e deste xeito continuar a por en práctica as doazóns literarias iniciadas o pasado verán.

A organización desta Ponte Literaria en Alfoz corre a cargo de Manuel Lourenzo, Isaac Ferreira, Xesús Pisón e Lionel Rexes.