O 2 de marzo terá lugar unha charla sobre nutrición infantil na Casa da Cultura de Ourol. Está dirixida a pais/nais e profesionais que traballen con alimentos.

A Casa da Cultura de Ourol acolle o xoves, 2 de marzo, unha charla sobre nutrición infantil.

Organizada polo Concello de Ourol, a Biblioteca Municipal e o Centro de Fisioterapia, dará comezo ás 17:30 horas e está dirixida a pais, nais e profesionais que traballen con alimentos e nenos/as. O teléfono de inscrición é o 982 55 90 19.

Os obxectivos desta charla son: informar sobre o exceso de peso e a obesidade de nenos/as, detectar se a alimentación é correcta para a súa idade, proporcionar hábitos e costumes para elixir os alimentos e tratar a ausencia de educación alimentaria nos colexios.