O Concello de Ourol organiza un obradoiro de creatividade artística o 21 de marzo. A inscrición está aberta.

A Concellería de Cultura, Xuventude e Deporte de Ourol e a Biblioteca Municipal organizan un obradoiro de Creatividade Artística, que terá lugar o 21 de marzo.

Neste obradoiro realizarase unha técnica de debuxo que consiste en trazar patróns repetitivos para crear imaxes. Utilizarase ademais un método para fomentar a tranquilidade e a concentración desenvolvendo a creatividade e a sensibilidade artística. Non é necesario ter coñecementos previos de debuxo xa que se trata de relaxarse realizando sinxelos debuxos e mellorar a concentración e o benestar persoal. Será impartido pola profesora Elisabet Hillerud.

Este obradoiro de Zentagle será o 21 de marzo na Casa da Cultura de Ourol, ás 11:00 horas. As inscricións poden facerse chamando ao número de teléfono 982 55 90 19.