Alzheimer

Etiquetas:
23/09/2026

O Concello de Ourol, en colaboración coa Asociación de Familiares de Persoas con Alzheimer e outras Demencias de Viveiro, organiza unha charla divulgativa sobre as terapias non farmacolóxicas no tratamento da enfermidade de Alzheimer. Será este xoves, 24 de setembro, de 16:00 a 17:30 horas no Edificio Multiusos do Concello de Ourol. É unha actividade aberta a toda a poboación e será impartida por unha educadora social da Asociación de Familiares de Persoas con Alzheimer e outras Demencias de Viveiro.

“Durante a sesión abordaranse diferentes estratexias e intervencións que poden contribuír ao benestar, á estimulación cognitiva e á mellora da calidade de vida das persoas con Alzheimer e outras demencias, así como ofrecer orientación e información de interese para as familias e persoas coidadoras”, explica o Concello de Ourol, que engade: “...

leer más
Etiquetas:
19/05/2026

A Área de Benestar Social, Saúde e Familia organizará o vindeiro 30 de maio o primeiro Foro Alzheimer de Ribadeo, unha iniciativa centrada na sensibilización, información e acompañamento ás persoas afectadas por esta enfermidade e ás súas familias.

O foro contará coa colaboración da Xunta de Galicia e das asociacións AFALU Lugo e AFÁN Burela, entidades de referencia no apoio ás persoas con alzheimer e outras demencias. A xornada desenvolverase no Salón de Alcaldes do Concello de Ribadeo, en horario de 10:00 da mañá a 19:00 horas, cun programa amplo e diverso que combinará conferencias, mesas redondas e actividades prácticas.

Entre os contidos destacados figura a participación da doutora Malfeito, xefa do servizo de Xeriatría do HULA, que ofrecerá unha charla especializada sobre o alzheimer e os retos actuais...

leer más