Fidelidade

Etiquetas:
31/05/2018

Acisa premia a fidelidade co pequeno comercio sorteando 600 euros en premios entre aquelas persoas que fagan as súas compras nos establecementos asociados entre os días 1 e 25 de xuño. O primeiro premio será de 300 euros en vales de compra e haberá outros dous de 200 e 100 euros respectivamente. 

Para participar no sorteo desta campaña os clientes deberán realizar compras, sen importe mínimo, en calquera dos establecementos asociados de Acisa, e por cada unha recibirá unha rifa para que a cubra cos seus datos. O establecemento farase cargo de gardar todas as rifas debidamente cubertas e seladas ata que o persoal de Acisa Ribadeo pase recollelas, ao remate da campaña, para celebrar despois o sorteo. 

Os clientes terán as rifas á súa disposición nos establecementos asociados desde o 1 ao 25 de xuño. Os días 26 e 27...

leer más