Este sábado, 2 de marzo, terá lugar en Ribadeo unha charla coloquio sobre o forte de San Damián, con motivo do seu 400 aniversario

Con motivo do 400 aniversario do forte de San Damián celébrase en Ribadeo unha charla coloquio titulada “Pasado, presente e futuro do forte de San Damián no 400 aniversario da súa construción”. Será este sábado, 2 de marzo, ás 20:00 horas na Casa do Viejo Pancho.

Participarán na mesa redonda o arquitecto Ernesto Cruzado, a arqueóloga Patricia Suárez e o arquitecto técnico e secretario da Asociación Cultural Estudios Históricos de Galicia, Alberto Paraje.