Cámara

Etiquetas:
13/03/2023

A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo xunto co Conservatorio Profesional de Música de Viveiro organizan un concerto no que participarán agrupacións dos dous centro educativos.

Esta actividade terá lugar o mércores, 15 de marzo, ás 20:00 horas no Teatro de Ribadeo, con entrada libre.

Por parte do CMUS Profesional de Viveiro será unha agrupación de cámara a que interpretará un repertorio variado pasando por diferentes períodos musicais. E pola EMMeD será a Big Band do centro a que interprete unha pequena selección de temas clásicos característicos deste tipo de formación.

Estes intercambios e xornadas de convivencia veñen formando parte ao longo dos anos da programación académica da EMMeD de Ribadeo. 

 

Etiquetas:
20/07/2021

A Praza do Conde Santo, en Vilanova de Lourenzá, acollerá este venres, día 23, ás 21:00 horas un concerto de música de cámara incluído no festival itinerante Peregrinos Musicales, que organiza a asociación do mesmo nome con sede en Santiago de Compostela coa colaboración do Concello de Lourenzá.

A actuación correrá a cargo do grupo de música de cámara Esemble Rubens Consort, que interpretará obras de Haydn, Bach, Ravel e Fauré.

A entrada é libre e gratuíta.

 

Etiquetas:
01/07/2020

O Concello de Mondoñedo colabora coa segunda edición do Festival de Música de Cámara MindoMúsica que patrocina a Consellería de Cultura e que comezou este luns 29 de xuño cos ensaios que se estenderán toda a semana ata concluír con tres concertos entre o venres 3 e o domingo 5 de xullo. 

Este ano, atendendo ás actuais circunstancias derivadas da emerxencia sanitaria da covid-19, o festival adáptase para ofrecer tres mini-concertos dunha duración aproximada de 30 ou 40 minutos cada un a cargo dun grupo moi reducido: un cuarteto de corda.

O desenvolvemento deste festival respectará as medidas hixiénico-sanitarias recomendadas en relación á prevención do coronavirus. Así, o aforo será reducido e o público deberá asistir con mascarilla despois de retirar as invitacións que xa están dispoñibles na Oficina Municipal de...

leer más
Etiquetas:
02/07/2019

O Concello de Mondoñedo apoia o Festival MindoMúsica que achegará música de cámara á cidade entre os vindeiros 9 e 12 de xullo da man da violinista mindoniense Rebeca Maseda, pregoeira das últimas festas das Quendas, que estará acompañada doutros cinco músicos: Antonio Viñuales –violín-, Alberto Rodríguez –viola-, Iván Siso –violoncello-, Yolanda Fernández –clarinete- e Rosalía Gómez –piano-.

Esta iniciativa que pretende revalorizar aos grandes compositores mindonienses coma Pascual Veiga ou JoséPacheco a través do estudo,interpretación e adaptación da súa música contará con dúas partes diferenciadas. Por unha banda, entre o martes 9 e o mércores 10 desenvolveranse unha serie de coloquios, clases interactivas e ensaios abertos aos máis pequenos no marco da programación de campamentos de verán da Escola Municipal de Música. E por outro lado...

leer más