Bailes
O Concello de Foz organiza bailes con actuacións musicais os sábados en Cangas e os domingos na Sala Bahía desde outubro. Os da vila empezan mañá, día 1.
Está actividade foi presentada polo alcalde, Fran Cajoto, e pola concelleira de Servizos Sociais e Benestar, Ana Rojo.
O rexedor contou que “comeza en Foz a tempada de bailes, a etapa máis musical este mes de outubro e ademáis con novidades porque con respecto ano pasado non só haberá bailes os domingos senón que os sábados vanse celebrar en Cangas, grazas tamén á colaboración da asociación de veciños. E ademais teremos o baile habitual na Sala Bahía”.
A concelleira de Servizos Sociais e Benestar, Ana Rojo, explicou que “o día 1 de outubro comezamos na Sala Bahía con José Manuel Abanico e xa a seguinte fin de semana teremos baile en Cao...
leer másEste domingo, día 1 de outubro, empeza a nova tempada dos Bailes dos Domingos na Sala Bahía de Foz. Nesta ocasión actuará José Manuel Abanico.
E xa están programadas as actuacións para os seguintes domingos de outubro: o día 8 o baile estará amenizado polo dúo Venús, o 15 actuará Aixa Romay, o 22 a música estará a cargo do dúo Matices e o último domingo do mes, o día 29, actuará Manu Contre.
A Concellería de Servizos Sociais organiza unha nova edición do curso de Bailes de Salón. O prazo de inscrición abrirase este venres, 13 de setembro.
As persoas interesadas poden anotarse na Casa do Concello de xeito presencial.
A actividade dará comezo o 17 de setembro e rematará o 17 de decembro de 2019. Desenvolverase os martes en tres quendas, con horarios de 18:45 a 20:00, de 20:00 a 21:15 e de 21:15 a 22:30 horas.
Os interesad@s en participar nestas clases de baile de salón poden obter máis información chamando ao número de teléfono 982 58 06 09.
O Concello de Cervo anima a toda a veciñanza a anotarse ás clases de baile de salón que promoven a organización Arama e a Escola de Baile Hover Cross; e que terán lugar en Cervo e en San Ciprián.
A actividade foi presentada pola edil de Cultura, Dolores García Caramés o presidente da asociación Arama (Asociación de Rehabilitación de Alcohólicos de A Mariña), Manuel Casas, e polo profesor internacional de baile de salón, José Villarino.
As persoas interesadas poder inscribirse ou recibir información a través dos teléfonos 648.033.250 ou 620.817.300.
O vindeiro xoves, 12 de setembro, está prevista unha reunión ás 21:00 horas, na Casa da Cultura, para concretar horarios, a data de comezo das clases e a organización dos grupos.
As sesións, unha á semana, serán...
leer másA asociación Arama e a Escola de Baile Hover Cross, coa colaboración do Concello de Cervo, organiza un novo curso de bailes de salón que dará comezo este xoves, 10 de xaneiro, ás 21:00 horas, no pavillón do CEIP Península da Paz, en San Ciprián.
As clases terán lugar cada xoves, en horario de 21:00 a 22:30 horas, no pavillón do CEIP Península da Paz.
As persoas interesadas poden inscribirse ou recibir información nos números de teléfono 648 033 250 ou 620 817 300.
Esta actividade botou a andar no pasado mes de setembro, con 14 parellas inscritas. Son impartidas por profesionais titulados en vals, pasodobre, tango, foxtrot, merengue, cumbia, bachata, salsa e cha-cha-chá.
O Pavillón da Veiga de San Ciprián acollerá o vindeiro sábado, 24 de novembro, unha exhibición de baile deportivo e de salón que contará coa participación de quince parellas procedentes de diferentes puntos da Mariña, asistentes ás clases impartidas pola Escola de Baile Hover Cross.
A cita, aberta ao público e organizada polo Concello de Cervo en colaboración coa Asociación de Rehabilitación de Alcohólicos da Mariña (Arama), será ás 20:30 horas.
Entre os bailes que se poderán ver no evento están o vals inglés, vals vienés, Rumba- Bolero, Chachachá, Tango arxentino, Roda cubana ou rock and roll.
Recordamos que o pasado mes de setembro botaron a andar as clases de baile no Concello de Cervo, promovidas pola asociación Arama e a Escola de Baile Hover Cross con gran éxito de participación,...
leer másO Concello de Burela abre este xoves, 20 de setembro, o prazo de inscrición no curso de Bailes de Salón, que organiza a Delegación de Servizos Sociais, Facenda e Mar.
As persoas interesadas en asistir poden achegarse ata a Casa do Concello para facer a súa inscrición, “dado que esta terá que ser presencial”, segundo indica a edil Patricia Otero.
A concelleira de Servizos Sociais explica que “o curso de Bailes de Salón dará comezo o 2 de outubro e rematará o 18 de decembro. Terá lugar os martes e haberá tres quendas a elixir. A primeira de 18:45 a 20:00 horas, a segunda de 20:00 a 21:15 horas e a terceira de 21:15 a 22:30 horas.
As/os interesadas/os poden obter máis información chamando ao número de teléfono 982 58 06 09.
O vindeiro luns, día 16, ábrese o prazo de inscrición nos Bailes de salón, que organiza a Concellería de Servizos Sociais, Facenda e Mar.
Patricia Otero explica que “todas aquelas persoas interesadas en participar nesta actividade, que é gratuíta, poden achegarse ata a Casa do Concello para inscribirse, dado que esta será presencial”.
Os Bailes de salón darán comezo o 24 de outubro e rematarán o 23 de xaneiro. A edil socialista sinala que “o martes é o día fixada para o seu desenvolvemento. Haberá tres quendas, unha de 18:45 a 20:00 horas, outra de 20:00 a 21:15 horas e a terceira será de 21:15 a 22:30 horas”.
Para calquera información e/ou aclaración, @s interesad@s poden chamar ao seguinte número de teléfono: 982 58 06 09.
Este luns, 3 de abril, ábrese o prazo de inscrición presencial para participar na actividade de Bailes de salón, que organiza a Concellería de Servizos Sociais.
Patricia Otero explica que “todas aquelas persoas interesadas poden achegarse ata a Casa do Concello para inscribirse, dado que deberán facelo de xeito presencial”.
Os Bailes de salón darán comezo o 18 de abril e rematarán o 4 de xullo. A data elixida para impartir esta actividade na Casa da Cultura é os martes. E establécense tres quendas: unha de 18:45 a 20:00 horas; unha de 20:00 a 21:15 horas e outra de 21:15 a 22:30 horas.
A concelleira de Servizos Sociais subliña que “as prazas son limitadas e que se concederán por orde de inscrición”.
Para calquera información e/ou aclaración, as/os interesadas/os...
leer más