Cangas de Foz acolle bailes con actuacións musicais os sábados de febreiro

Cangas de Foz acollerá catro bailes con actuacións musicais en directo os catro sábados de febreiro, organizados polo Concello de Foz. Son de 20:00 a 23:00 horas e o prezo da entrada é de 5 euros.

O sábado día 3 actuará José Manuel Abanico, o seguinte estará amenizado polo dúo La Hora Bruja, o día 17 cantará Miguel La Clave e o último sábado de mes a actuación correrá a cargo de Ángel América.