A Sala Bahía, de Foz, acolle bailes con actuacións musicais os domingos de febreiro

A Sala Bahía, de Foz, acollerá bailes con actuacións musicais en directo os catro domingos de febreiro, organizados polo Concello de Foz. Son de 19:00 a 22:00 horas e o prezo da entrada é de 5 euros.

O domingo día 4 actuará Cuarteto Principal, o seguinte estará amenizado polo trío Primera Línea, o día 18 cantará o dúo D´Vicio e o último domingo do mes a actuación correrá a cargo do dúo Matices.