Actividades
O día 10 de marzo ábrese o prazo de inscrición para participar nas actividades que organiza o Concello de Ribadeo para a rapazada durante a Semana Santa.
O concelleiro de Deportes e Mocidade, Francisco José Silvent, explicou que “haberá Pequemultiaventura de Primavera, tres días para xogar sen parar con xogos superdivertidos, deporte e movemento, obradoiros creativos, etc… serán o 30 e 31 de marzo e o 1 de abril no Ceip Gregorio Sanz para nenas e nenos desde os 4 anos en horario de 10 a 14 horas. Contaremos con servizo de conciliación entre as 8 e as 15 horas”.
O edil ribadense seguiu a relatar que “o verán empeza en abril en Ribadeo. Teremos Activa Mente, corpo e creatividade. Será o adestramento oficial para vivir un verán épico con xogos dinámicos e retos en equipo, deporte e movemento para activar corpo e...
leer másO Concello de Alfoz conmemorará o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, cunha campaña institucional que este ano leva por lema Igualdade real, tamén no rural, unha mensaxe que reivindica “a necesidade de seguir avanzando na igualdade de dereitos e oportunidades para as mulleres tamén nos territorios rurais”.
Con motivo desta data, a Casa do Concello de Alfoz tinguirase de violeta, “como símbolo de apoio e recoñecemento a todas as mulleres e como mostra do compromiso institucional coa igualdade”.
Ademais o Concello de Alfoz publicará a terceira edición da iniciativa Mulleres de Alfoz, unha serie de infografías que poñen en valor a traxectoria e a experiencia vital de mulleres do municipio. “A través destas publicacións preténdese dar visibilidade ao papel fundamental que desempeñan na sociedade...
leer másO Concello de Foz conmemora o 8M con actividades que se desenvolverán os días 8, 9 e 11 de marzo.
A delegación de Muller e Igualdade do Concello de Foz conmemora o día 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, co lema Agora máis coeducación ca nunca, “apostando por unha convivencia en igualdade de todas as nenas e nenos, independentemente da súa identidade de sexo ou de xénero. Sendo necesario eliminar estereotipos ou calquera mecanismo discriminatorio nos centros educativos, para garantir un desenvolvemento integral e igualitario, fomentando a educación no sexista, o respecto e a prevención da violencia. A pretensión con esta transformación social é crear un cambio social, derivando nunha sociedade máis xusta e pacífica. É un día para a denuncia e a reivindicación por todo o que queda por facer, pero tamén para celebrar os avances acadados”, anuncia a concelleira...
leer másO Concello de Burela conmemora o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, cun programa de actividades “aberto á veciñanza e dirixido a diferentes idades, que combina actos institucionais, propostas culturais e accións educativas ao longo do mes”. Serán os días 8, 12 e 13 de marzo
O acto central terá lugar o domingo 8 de marzo ás 17:30 horas no Parque Rosalía, onde se fará a lectura do Manifesto Institucional. A continuación, desenvolverase a actividade participativa Sementando Igualdade, que segundo explicou a concelleira de Igualdade, Sandra Fernández, “consistirá na plantación de flores lilas como xesto simbólico no parque onde xogan as nosas crianzas, unha maneira de lembrar que o futuro tamén se constrúe educando en igualdade dende os primeiros anos”.
A programación incluirá dúas proxeccións abertas...
leer másO Concello de Viveiro desenvolverá os días 7 e 13 de marzo unha programación especial con motivo do Día Internacional da Muller. Proporá varias actividades “orientadas á visibilización da historia das mulleres, á convivencia e á reflexión arredor da igualdade”.
A programación comezará este sábado, día 7 de marzo, ás 12.00 horas, na Sala Multiusos do Concello, coa presentación da nova edición do Roteiro en feminino e coa lectura do manifesto do 8M. A continuación terá lugar a actividade Ruta en feminino, un percorrido polas rúas de Viveiro para poñer en valor a historia das mulleres da vila. A ruta contará co acompañamento de Carlos Nuevo Cal, cronista oficial de Viveiro, e desenvolverase en colaboración coa Asociación Mulleres en Igualdade Viveiro e con Antonio Lage Seara. A xornada do 7 de marzo completarase cunha comida...
leer másO Concello de Lourenzá organiza varias actividades con motivo do 8M, Día Internacional da Muller. Serán os días 3, 8, 9, 13 e 16 de marzo, anuncia a alcaldesa, Rocío López.
Este martes, 3 de marzo, haberá o obradoiro titulado A mimosa, flor do feminismo, co alumnado do taller de memoria de Lourenzá.
O domingo 8 terá lugar a charla co título Prevención secundaria centrada na muller, a cargo de Alba Blanco Vázquez (médica de Atención Primaria no Centro de Saúde de Lourenzá). Será no salón de actos do Concello ás 17:30 horas e contará con acompañamento musical a cargo do grupo Os dos martes, da Asociación Cultural Osorio Gutiérrez.
Ademais desenvolverase o taller titulado Ao son das mulleres, en tres sesións: o luns 9 de marzo na Escola de San Adriano de 19:00 a 20...
leer másO Concello de Trabada conmemora o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, cunha programación especial centrada na saúde e no benestar das mulleres, a través da celebración de dúas charlas informativas que terán lugar na Casa da Cultura de Trabada o luns 9 de marzo.
A xornada contará con dúas sesións diferenciadas. A primeira delas desenvolverase en horario de 11:00 a 13:00 horas, baixo o título Coñece a túa peri/menopausia, e estará enfocada en ofrecer información e ferramentas para comprender esta etapa vital desde unha perspectiva próxima e divulgativa. Pola tarde, de 16:00 a 18:00 horas, celebrarase a charla Coñece e coida o teu solo pelviano, centrada na prevención, coidado e saúde do solo pelviano.
Para participar nas charlas é necesaria inscrición previa, que poderá realizarse a través do...
leer másO Concello de Barreiros, a través da área de Igualdade, organiza varias actividades con motivo do 8M, Día Internacional da Muller, co obxectivo de reforzar a sensibilización social, a participación da veciñanza e o traballo transversal en igualdade de xénero. Serán os días 6, 8 e 14 de marzo.
A primeira das actividades será a lectura da declaración institucional. Terá lugar o venres 6 de marzo ás 11:30 horas na Praza do Concello. Ao remate do acto, entregarase un pequeno agasallo ás persoas asistentes.
O propio día 8 de marzo, domingo, conmemorárase a xornada cun monólogo treatralizado sobre a obra A Muller Soa, de Franca Rame e Darío Fo. A interpretación será a cargo do Colectivo Cultural Ollomao ás 20:00 horas nos colexios vellos de San Miguel, con entrada de balde e ata completar o aforo.
... leer másO Concello de Xove, a través da Concellería de Servizos Sociais, Sanidade, Muller e Políticas de Igualdade presentou o programa do 8M, que inclúe actividades para os días 8, 11 e 25 de marzo e 8 de abril.
“Os actos comezarán o domingo 8 de marzo coa reivindicativa Andaina pola Muller. Despois a tradicional Chocolatada onde, ademais de merendar, vaise conmemorar ás primeiras mulleres emprendedoras do comercio de Xove, coa asistencia das homenaxeadas e a proxección dun vídeo onde narrarán a súa experiencia como empresarias nunha época na que o mundo dos negocios aínda era un ámbito reservado ós homes. Ademais este ano 2026 desde a Delegación de Servizos Sociais, Sanidade, Muller e Políticas de Igualdade puxemos especial interese en reivindicar a corresponsabilidade entre homes e mulleres nos...
leer másA Xunta de Galicia anuncia que o Centro Sociocomunitario de Mondoñedo, dependente de Consellería de Política Social e Igualdade, acolle estas semanas sesións de cinema, dous obradoiros de baile gratuítos e unha xornada informativa sobre o uso axeitado dos medicamentos.
Todas as exhibicións cinematográficas comezan ás 17:00 horas. Os próximos títulos que se proxectarán son a produción arxentina-española El Cuento de las Comadrejas, de Juan José Campanella -o luns 2 de marzo-; o documental En todas as mans, sobre os montes veciñais en man común, da cineasta de Redondela Diana Toucedo, -o mércores día 4-; Barbie (EEUU), dirixida por Greta Gerwig -o luns 9-; o filme francés Delicioso, de Éric Besnard -o mércores 11-; e a película Asuntos de familia, de Maha Haj, que se proxectará o luns 16.
... leer más












