Tren

Etiquetas:
26/06/2019

O tren turístico de Ribadeo comeza a tempada de verán. Realizará oito viaxes diarias ata o 15 de setembro percorrendo a rúas máis emblemáticas da vila e o porto chegando ata o Faro da Illa Pancha. O tren sae das inmediacións da Oficina de Turismo.

Na presentación, celebrada esta mañá, o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, dixo que “estamos moi satisfeitos de iniciar o verán con esta especialidade que temos tamén aquí en Ribadeo, que é este tren turístico que fai as ledicias de visitantes e de locais, porque, sobre todo pensando na xente de fora, que por un módico prezo, pode con comodidade coñecer todos os recunchos da vila, do casco vello e incluso da parte máis setentrional, continuado toda a marxe galega da ría de Ribadeo ata o Faro da Illa Pancha”.

O rexedor amosouse convencido de que “vai atraer a moitísima...

leer más
Etiquetas:
12/07/2016
Comezou a funcionar en Ribadeo o tren turístico que durante todo o verán percorrerá o casco vello, o porto de Porcillán e chegará ata a Illa Pancha. Conta con audioguías en galego, español e inglés.
 
En Ribadeo comezou a funcionar o tren turístico, que foi presentado está mañá na Praza de España. O tren percorrerá durante todo o verán o casco vello, a vila e o porto de Porcillán e chegará ata a Illa Pancha, en horarios de mañá e tarde.
 
O alcalde, Fernando Suárez Barcia, explicou que “outro ano máis Ribadeo contará novamente cun tren turístico que o ano pasado a modo experimental estivo funcionando moi ben durante todo o verán. Foi unha atracción turística máis das que a xente goza, a xente de fora que ven a Ribadeo, a xente que nos visita, e tamén moitos veciños e veciñas do noso concello tamén o usaron”.
 
Suárez Barcia dixo que “este ano volve...
leer más
Etiquetas:
30/06/2016
Foz contará con tren turístico este verán. Estará operativo do 1 de xullo ao 4 de setembro. Realizará nove viaxes ao día, unha delas á Basílica de San Martiño.
 
Foz contará con tren turístico este verán. Estará operativo entre o 1 de xullo e o 4 de setembro. Realizará nove viaxe aos día, unha delas á Basílica de San Martiño. Na presentación do tren, que tivo lugar esta tarde, estiveron presentes o alcalde, Javier Castiñeira, e empresario que leva adiante esta iniciativa, José Antonio Neira.
 
O alcalde quixo “felicitar esta nova iniciativa de actividade turística no noso concello, o tren turístico, a verdade é que eu creo que é unha estupenda noticia para Foz”.
 
Javier Jorge Castiñeira salientou que “sobre todo ademais de promocionar o pobo, a nosa costa e as nosas praias é unha aposta tamén fundamental e moi...
leer más
Etiquetas:
03/07/2015
Ribadeo contará cun tren turístico-cultural ata o 30 de setembro, que percorrerá as zonas máis emblemáticas da vila.
 
Ata o 30 de setembro todos os días da semana Ribadeo contará co servizo de tren turístico-cultural, que funcionará desde as dez da mañá ata as nove da noite. A iniciativa foi presentada esta mañá polo alcalde, Fernando Suárez, pola concelleira de Turismo, Ana Martínez, e pola responsable do servizo, Vega García. 
O rexedor dixo que “aproveitando todo este tirón turístico que está a ter Ribadeo, no seu conxunto nestes últimos anos, Ribadeo polo cultural, Ribadeo polas praias, Ribadeo polo casco histórico, Ribadeo polos servizos, pola gastronomía… como dicimos na nosa campaña Ribadeoxquesí, queremos presentar outra nova iniciativa. Neste caso trátase dun tren turístico-cultural, como é a empresa que o vai rexir durante este verán de 2015. Funcionará no ámbito urbano pensando...
leer más
Etiquetas:
04/04/2015
A Pontenova acollerá este sábado, 4 de abril, a presentación do libro "A Casa do Vapor", realizado por pícaros de catro municipios. É o resultado dun proxecto deseñado pola cooperativa ribadense MauMarela.
 
Este sábado, 4 de abril, terá lugar na Pontenova a presentación do conto A Casa do Vapor, realizado por pícaros de catro municipios. O acto será ás 19:30 horas na Casa da Estación (actual oficina de turismo). 
A Casa do Vapor é un libro despregable que recolle debuxos e textos elaborados polos pícaros de A Pontenova, San Tirso, Abres e Ribadeo, aos que se lles pediu que imaxinasen qué ocorrería se o antigo tren de Vilaoudriz a Ribadeo volvese funcionar.
O acto contará coa presenza do alcalde, Darío Campos, e entregarase un libro a cada participante. Tamén seexporán os traballos realizados polos pícaros durante os obradoiros artísticos.
O libro é resultado dun proxecto cultural deseñado pola...
leer más