Actividades

22/02/2026

O Concello de Viveiro solicita ás asociacións, clubs deportivos, comisións de festas e demais entidades do municipio que trasladen ao Concello nas vindeiras semanas a relación de actividades e eventos que teñen previsto organizar ao longo do ano. Tamén solicitan que se comuniquen antes do día 31 de marzo as necesidades que, para a súa celebración, prevén solicitar á administración local. Esas necesidades inclúen, entre outras, o uso de espazos municipais, a reserva de instalacións, o préstamo de material, a coordinación de loxística e servizos, ou calquera outra colaboración que dependa do Concello de Viveiro.

“O obxectivo desta recollida de información é poder coñecer con tempo suficiente o calendario de eventos previstos e facilitar unha planificación máis eficiente. Deste xeito, preténdese evitar a coincidencia de varias actividades nas...

leer más
12/02/2026

A Mesa de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero e o Consello Municipal de Mulleres abordaron a programación do 8M e as novas accións contra a violencia machista. Haberá obradoiros nos centros de ensino, un certame de fotografía, unhas xornadas sobre corresponsabilidade e teatro.

Ribadeo acolleu unha nova xuntanza da Mesa de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero e do Consello Municipal de Mulleres, “dous espazos fundamentais de traballo conxunto entre administracións, forzas de seguridade, comunidade educativa e tecido asociativo”. Segundo explicou a concelleira de Igualdade, Begoña Sanjurjo, “estas reunións permiten facer seguimento das actuacións en materia de igualdade e prevención da violencia machista, así como reforzar a coordinación entre todos os axentes implicados. Durante as sesións de...

leer más
08/02/2026

O Concello do Valadouro organiza actividades de Entroido para os días 15 e 17 de febreiro, domingo e martes.

O domingo 15 terá lugar o desfile polas rúas desde as 17:30 horas. A saída será desde o Parque Concepción Arenal e percorrerá a Praza de Santa María, A Ponte e as rúas Xistral, José A. Ferreiro González e Leandro Buján para rematar no Pavillón Municipal. As inscricións poden facerse na sede electrónica ou en dependencias municipais (Cultura e Concello) ata o 13 de febreiro ás 14:00 horas.

E o martes 17 será o Entroido Infantil, desde as 16:30 horas no Pavillón Polideportivo Municipal, con inchables, pintacaras, e outras actividades.

06/02/2026

O Concello de Barreiros organiza actividades para celebrar o Entroido o mércores 18 e o venres 20 de febreiro e anuncia que “o Entroido volve a Barreiros cunha programación chea de alegría, disfraces e ganas de pasalo ben, con dúas citas imprescindibles para pequenas e grandes”.

O mércores 18 de febreiro haberá unha festa infantil de Entrodio no CEIP de San Cosme de 9:30 a 13:30 horas: “un espazo pensado para a cativada, con música, xogos e merenda típica do Entroido incluída. Inscricións abertas ata o 16 de febreiro, cun tope de 60 prazas”.

E o venres 20 celebrarase o Desfile de Entroido, con saída ás 21:00 horas desde a Praza do Concello. “Comparsas, charangas, grupos e disfraces individuais volverán encher as rúas de San Cosme de cor, creatividade e bo humor. Como novidade, contaremos con pulpería, tanto ao...

leer más
06/02/2026

Todo está listo en Ribadeo para a celebración do Antroido 2026. O groso do programa desenvolverase entre o 14 e 21 de febreiro.

A concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz, anuncia: “vimos de presentar o cartel e o programa do Antroido 2026 en Ribadeo. Aínda que o groso do programa terá lugar entre o 14 e o 21 de febreiro xa este sábado e este domingo teremos fereixós na Sala do Campo de 11 a 14 horas”.

A edil ribadense indica que “o día 14 teremos a gala Tu cara me suena con amor, na que se renderá homenaxe aos 40 anos da charanga A Choca. Será a partir das 21:00 horas no Cine Teatro. O domingo 15 sairá o cocho acompañado polas charangas locais Aturuxo e A Choca, esa xornada haberá tamén fereixós e baile infantil na sala Rosa Lar”. Saiz segue a relatar que “o luns 16 haberá cocido do Antroido nunha...

leer más
05/02/2026

O Concello de Mondoñedo vén de presentar a programación do Entroido 2026, que se celebrará do 7 ao 21 de febreiro, cun calendario festivo que “combina tradición, gastronomía e espectáculos musicais e que conta coa colaboración do Círculo Recreativo Casino de Mondoñedo e da AC Pasatempo. Veciñanza e visitantes poderán gozar durante dúas semanas dunha oferta pensada para todos os públicos”.

“A programación arrinca este sábado, día 7 de febreiro, co IV Cocido Baile O Pasatempo, amenizado polo Dúo EPO-K e o Trío Merengue na Finca San Antonio. As persoas interesadas poden consultar prezos directamente coa organización. O venres 13 de febreiro celebrarase a tradicional Cea de Comadres no Círculo Recreativo Casino, unha cita xa consolidada no calendario festivo mindoniense. A información sobre prezos deberá solicitarse á entidade organizadora. O...

leer más
05/02/2026

O Concello de Viveiro convida á veciñanza a participar no Entroido 2026, cunha programación “chea de actividades para todos os públicos que se desenvolverá do 12 ao 18 de febreiro. Cultura, música, humor e tradición encherán as rúas do municipio durante toda a semana”.

O xoves 12 será o pregón de Carnaval no Teatro Pastor Díaz e Tapeo de Comadres. O venres 13 haberá obradoiros infantís e Música e Palabra, a cargo do grupo de teatro Andanzas. Para o sábado 14 está programada unha actuación do DJ Karras Martínez na Praza Maior, Pasarrúas do Entroido e Alpuxarradas. O domingo 15 haberá Entroidiño para a cativada. O luns 16 celebrarase a II Festa do Entroido en colaboración coa Comisión de Festas de Viveiro. O martes 17 será o tradicional Desfile de Entroido con concurso de disfraces. E o mércores 18 rematarán as actividades con Adeus...

leer más
02/02/2026

O Concello de Trabada, en colaboración coa Asociación Cultural O Picato, organiza o Entroido de Trabada, “unha das celebracións máis destacadas do calendario festivo municipal, que terá lugar o sábado 28 de febreiro e que converterá novamente o centro da vila nun espazo de festa, participación e convivencia”. Haberá desfile e verbena.

O Concello de Trabada asume nesta edición o papel de organizador principal dun evento que “cada ano reúne a centos de persoas, tanto veciñanza do municipio como visitantes doutras localidades, consolidándose como unha cita imprescindible do Entroido na comarca”.

A programación comezará ás 18:00 horas co tradicional desfile de disfraces, no que poderán participar carrozas, grupos, comparsas, charangas, parellas e participantes individuais. As inscricións poderán realizarse de xeito...

leer más
Etiquetas:
28/01/2026

O alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, e a concelleira de Cultura, Dolores Meitín, presentaron a programación especial para o vindeiro Entroido 2026. “As actividades comezarán o 13 de febreiro cun gran baile infantil de disfraces. Pero será o sábado día 14 de febreiro, a partires das 17:00 horas, cando chegue o prato forte do Entroido en Xove: o gran desfile de carnaval polas rúas, con divertidas carrozas, centos de participantes e charangas, onde se repartirán máis de cinco mil euros para os mellores disfraces e comparsas”, anuncia o Concello de Xove..

As bases do concurso do desfile poden atoparse e descargarse na páxina web do Concello de Xove: www.xove.es.

Despois do desfile dará comezo a festa de Entroido no pavillón municipal de deportes, onde se coñecerán ós/ás gañadores/as...

leer más
Etiquetas:
20/01/2026

A Delegación de Cultura do Concello de Xove ten programadas actividades de Entroido para os días 13 e 14 de febreiro, venres e sábado.

O venres 13 ás 17:30 horas haberá baile infantil de disfraces con animación no pavillón municipal.

E o sábado 14 ás 17:00 horas será o desfile de Entroido polas rúas de Xove, amenizado coa Charanga Europa. Despois haberá festa con Disco Móbil Conxuro no pavillón municipal, onde se entregarán os premios do concurso de disfraces nas seguintes categorías: carrozas, comparsas e grupos de 10 ou máis persoas, grupos de adultos de 3 a 9 persoas, parellas adultos, individuais adultos (+14 anos), disfrace máis orixinal (pode ser individual ou colectivo), grupos infantís de 3 a 9 persoas, parellas infantís, individuais infantís (-14 anos), participante máis maior, participante máis novo/a e...

leer más