Alfoz

Etiquetas:
06/02/2024

Alfoz celebra unha festa de Entroido o luns 12 de febreiro no pavillón municipal. Está organizada pola Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo, que conta coa colaboración do Concello.

Estará amenizada pola discomóvil Eventec e haberá novos premios na categoría de comparsas e charangas.

A organización anuncia: “o luns 12 de febreiro tedes unha cita no pavillón de Alfoz. Ás 19:30 horas abrimos inscricións e ás 21:00 comeza o desfile. Non o podes perder! Se queres participar nel, podes consultar as bases no seguinte enlace:
https://drive.google.com/.../1QARtsK9WX7xE2xvocTi.../view... Contaremos con bocadillos quentes, para quen queira encher o bandullo!”.

Etiquetas:
19/01/2024

O obradoiro Control e xestión da dor terá lugar o vindeiro día 16 de febreiro ás 10:30 horas na aula Omix do Centro Sociocultural de Alfoz.

Durante o obradoiro proporcionaranse habilidades e coñecementos necesarios para mellorar a calidade de vida das persoas que presentan dor aguda e crónica, así como información sobre diferentes alternativas para a avaliación e tratamento da dor.

As persoas interesadas en inscribirse na actividade poden facelo ata o 9 de febreiro, presencialmente no Concello de Alfoz ou no teléfono 982 55 80 01.

O obradoiro, impartido por Enrique del Arco Herrero, realízase en colaboración coa Escola Galega de Saúde.

Etiquetas:
08/01/2024

A parroquia de Carballido, no concello de Alfoz, celebrará a súa festa na honra de San Sebastián os días 20 e 21 de xaneiro, sábado e domingo. Haberá carpa climatizada.

As actividades empezarán o sábado ás 13:00 horas con misa solemne, procesión e sesión vermú co dúo Sensación. E pola noite haberá verbena co dúo Sensación, All Stars, o dj Marcos Peón e Conxuro Discomóvil.

E o domingo a partir das 13:00 horas celebrarase misa, procesión e sesión vermú con Belinda.

 

Etiquetas:
02/01/2024

A Asociación Cultural Xuvenil O Castelo organiza cabalgata dos Reis Magos en Alfoz na que haberá inchables, chocolate e biscoitos este venres, 5 de xaneiro.

Os Reis Magos farán un percorrido que empezará na Casa da Cultura ás 16:00 horas e inclúe paradas nas Oiras, no Pereiro, na Pinguela, en Reirado, en Bacoi, en Carballido, en Adelán e en Castro, “atendendo as peticións dos máis pequenos e pequenas da casa. Logo visitarán o pavillón municipal de Alfoz, onde estará o buzón real, no que os nenos e nenas poderán depositar as súas cartas”, explica a organización, que tamén anuncia que “haberá chocolate e biscoito para os asistentes, así como inchables para pasar unha tarde ben divertida”.

 

Etiquetas:
01/01/2024

Trátase de "Textos e contextos da emigración do Valadouro en Cuba" escrito polo historiador Prudencio Viveiro Mogo.

A presentación será o 12 de xaneiro ás 20 horas na Casa da Cultura de Alfoz. 

Ofrece unha panorámica xeral da emigración do Valadouro e de Alfoz en Cuba, que xunta unha colección de textos fundamentais para documentar a presenza dos valadourenses na Habana. 

O Caderno nº 13 xa foi presentado o pasado 29 de decembro no Valadouro. 

Colabora a Concellerías de Cultura do Valadouro e de Alfoz.

Etiquetas:
27/12/2023

A Área de Cultura do Concello de Alfoz, organiza para despedir o ano e desfrutar das vacacións de Nadal, unha festa infantil-xuvenil os días 29 e 30 de decembro no Pavillón Municipal. 

“De 17:30h a 20:30 horas teremos inchables, xogos, o 29 Touro Mecánico e o 30 Láser Tac para todos, de xeito totalmente gratuíto e sen inscrición previa”, explican desde Cultura. 

Etiquetas:
08/12/2023

Está organizada pola Asociación de Pescadores Amigos do Ouro en colaboración co Concello de Alfoz.

Terá lugar o 23 de decembro ás 10:00 da mañá na Casa da Cultura de Alfoz.

Será impartida por Julio Seijas e combinará parte teórica con práctica.

Os contidos son:
1.- "O RÍO, UN ECOSISTEMA VIVO" para identificar os insectos acuáticos e terrestres dos que se alimentan as troitas, as súas fases e estados. Comportamento das troitas, hábitat, cómo atopalas. A visión da troita.
2.-"MONTAXE". Iniciación ao montaxe de moscas, ferramentas, materiais,..(podes traer o teu equipo pero se non tés, non te preocupes, nós facilitámoscho).
3.-LANCE. Iniciación ao lance con cola de rata. Equipo (canas, carretes, liñas, baixos..).

Para inscricións, gratis, e máis...

leer más
Etiquetas:
04/12/2023

O atrio de San Pedro, en Alfoz, acolle un Mercado de Nadal este venres, 8 de decembro, de 10:00 a 20:00 horas. Está organizado pola Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo e pola Asociación Veciñal de Mor.

Haberá postos de comida, artesanía, adornos de Nadal, bebidas, accesorios, etcétera. De 12:00 a 17:00 horas desenvolverase un obradoiro gratuíto para xs máis pequenxs sobre creación de adornos de Nadal. E ás 19:00 horas acenderanse as luces de Nadal, con actuación musical.

“Se aínda non tés os adornos de Nadal ou che falta algún agasallo que mercar, xa sabes a onde vir. Haberá carpa climatizada, chocolate, viño quente, ... para pasar o día na mellor compañía. Esperámosvos!”, din os organizadores.

 

Etiquetas:
27/11/2023

O Concello de Alfoz organiza un Concerto de Nadal para o día 9 de decembro ás 19:00 horas no salón de actos da Casa de Cultura.

Os asistentes poderán gozar do repertorio de Nadal da Banda de Música de Lourenzá.
A entrada é libre e de balde.

Etiquetas:
26/11/2023

No mes de decembro a programación da Delegación de Cultura comezará co Concerto de Nadal a cargo da Banda de Música de Lourenzá o sábado 9 ás 19:00 horas no Salón de Actos. No mesmo lugar, tamén ás 19:00 horas, o día 17 poderase desfrutar do espectáculo de música e teatro para todos os públicos "Zona en Obras", con Brais das Hortas, e ao rematar farase a entrega dos premios do XXI Concurso de Postais de Nadal, no que ademais dos 3 premiados/as nas categorías de Infantil, 1º ciclo de Primaria e 2º ciclo de Primaria do CEIP Castro de Ouro, todos os participantes recibirán un diploma e un agasallo polas súas obras.

Rematará a programación cultural do mes en Alfoz con dúas tardes de festa para os nenos e nenas, de 17:30 a 20:30 horas no Pavillón Municipal os días 29 e 30 de decembro. Haberá inchables, pintacaras, música, xogos...e moitas...

leer más