A Mariña

Etiquetas:
24/05/2022

Desde Mariña Patrimonio explican que “comezamos coas actividades programadas por Mariña Patrimonio para o 2022 retomando unha conferencia, cancelada no pasado mes de novembro, a cargo do arqueólogo Roberto Bartolomé, que nos falará sobre os restos cerámicos atopados no xacemento da Atalaia (San Cibrao). A actividade, que conta coa colaboración da Área de Cultura da Deputación de Lugo, celebrarase o vindeiro sábado, 28 de maio, ás 18:3 horas no Museo Histórico da Casa da Administración de Sargadelos”.

E engaden: “dende o 2006, no xacemento de Punta Atalaia téñense realizado diversas intervencións arqueolóxicas, que demostraron a existencia dun importante asentamento galaico-romano así como a reocupación do lugar na Idade Media. Un dos aspectos máis relevantes destas intervencións é o abundante e variado conxunto de materiais cerámicos...

leer más
16/05/2022

Esta tarde presentouse en Foz unha nova edición da Copa Deputación de Piragüismo, unha liga provincial de seis regatas que se celebrarán en  Portomarín, Ribadeo, San Cibrao, Viveiro, Lugo e Foz entre maio e setembro.

A competición organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piraguismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs da provincia a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas.  

Un aliciente que os representantes dos clubs reunidos esta tarde en Foz -Jesús Fernández do Club de Piragüismo Urban Hotel Viveiro, Iván González do Club de Piraguismo San Ciprián, José Ángel Fernández do Club Altruán de Ribadeo, Nacho Romillo do Club Kayak de Foz e Domingo Fernández do Cidade de Lugo- coincidiron en sinalar...

leer más
Etiquetas:
11/05/2022

Onte presentouse en Muras a cuarta edición do Rally da Mariña Lucense, que se disputará o vindeiro sábado nos concellos de Muras, Ourol, Cervo, Xove, O Vicedo e Viveiro, onde se situarán o parque de reagrupamento (na zona do Grallal, Covas)  e o
parque de asistencias (Lavandeiras, Celeiro).

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo achega 24.000 euros para a organización da proba, a terceira no calendario do Campionato Galego de Rally de Asfalto, que conta con 88 equipos inscritos,  a mellor cifra de participación das edicións celebradas, incrementando notablemente a da pasada edición -na que se anotaran 67 equipos-.

Entre os participantes figuran 14 equipos da Mariña e Ortegal, tres deles debutantes nunha proba desta categoría. Ademais da representación local, destacan nomes como o de Víctor Senra, Alberto...

leer más
10/05/2022

Preto de 180 veciños e veciñas da provincia benefícianse esta semana do programa da Deputación de Lugo Coñece a túa provincia, destinado a entidades sen ánimo de lucro dos 67 concellos da provincia. Trátase de membros de oito asociacións das zonas centro e sur de Lugo que percorrerán A Mariña, descubrindo a costa e o interior, ademais da Ribeira Sacra e a zona de Montaña.

Este martes, a Asociación de Veciños do Barrio de Cobas, de Monforte, e a Asociación de Mulleres Rurais Santa Isabel, de Outeiro de Rei, son os dous primeiros colectivos en participar esta semana nas visitas. Os monfortinos coñeceron este martes as instalacións e o traballo que desenvolve a Deputación de Lugo na Granxa Gayoso Castro da man do Deputado de Recursos Sostibles, Roberto Fernández Rico, para, posteriormente poñer rumbo á costa e descubrir as praias de Barreiros...

leer más
04/05/2022

Máis de 170 veciños e veciñas de oito asociacións da provincia benefícianse esta semana do programa da Deputación de Lugo Coñece a túa provincia, destinado a entidades sen ánimo de lucro da provincia. Dende hoxe e ata o venres coñecerán concellos como Xove, Viveiro, Burela, Foz, Barreiros, Ribadeo, Monforte de Lemos, Pedrafita do Cebreiro, Triacastela, Pantón e Carballedo. 

As viaxes desta semana comezaron este martes coa visita da Asociación Recreativa e Cultural de Apoio ás Persoas Afectadas de Cancro Esperanza, de Burela, a Monforte de Lemos, onde visitaron o Pazo de Tor e o centro histórico do municipio. Antes, acompañados do Deputado de Promoción Económica e Social, PabloRivera Capón, coñeceron o traballo realizado na produtora do Servizo de Audiovisuais da Deputación. Tamén na primeira xornada, a Asociación de Veciños San Román de...

leer más
Etiquetas:
30/04/2022

O Observatorio da Mariña pola Igualdade organiza unha conferencia e exposición documental sobre os matriarcados o vindeiro sábado, 7 de maio, no Salón-Teatro de Ribadeo ás 11 horas. 

A relatora da conferencia será Anna Boyé, antropóloga e fotoxornalista que basea o seu traballo nas sociedades matriarcais da actualidade. A través das súas viaxes (Perú, China, Sumatra, México e Guinea Bissau) e investigacións, procura a posta en valor daquelas mulleres, capaces de levar a cabo a xestión de sociedades máis xustas e igualitarias. Así, expón o matriarcado, non como un antónimo de patriarcado, senon como unha forma de estruturación social que busca a igualdade entre a muller e o home. 

A xornada estruturarase da seguinte forma: 
- Relatorio sobre as sociedades matriarcais da man de Anna Boyé de 11:30 a 13:00. ...

leer más
27/04/2022

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, xunto á Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, presentou na contorna da igrexa de Santa María de Taboada dos Freires, no concello taboadés, a segunda edición do programa de actividades gratuítas que a institución provincial porá en marcha con motivo do Día da Transrománica, que se celebra o 9 de maio. 

Tras a boa acollida do pasado ano, a institución decidiu reeditar a iniciativa ampliando a programación de actividades, que nesta ocasión inclúe 16 rutas polo patrimonio románico da provincia durante cinco xornadas: os días 7, 8, 9, 14 e 15 de maio. Cada itinerario conta cun máximo de 25 prazas, polo que no conxunto do programa ofértanse un total de 400 prazas, catro veces máis que a edición pasada. Todas as actividades estarán dirixidas por un...

leer más
Etiquetas:
26/04/2022

Unhas 160 persoas participarán ao longo desta semana nas viaxes gratuítas do programa Coñece a túa provincia da Deputación de Lugo. As sete entidades participantes visitarán esta semana A Mariña, a Ribeira Sacra e a zona de Montaña, percorrendo concellos como Pedrafita do Cebreiro, Viveiro, Sober, Monforte, O Saviñao ou Burela. 

Este martes a Asociación de Veciños Irmáns Vilar Ponte de Bravos, de Ourol, visitou o Mazo de Santa Comba, de titularidade provincial, para despois percorrer os concellos de Pedrafita do Cebreiro e Triacastela. Durante a visita coñeceron a aldea do Cebreiro, cunha visita ás pallozas, percorreron dous quilómetros do Camiño Francés e achegáronse ata o municipio de Triacastela para visitar os seus recursos turísticos culturais e naturais.  

Mañá mércores, as entidades beneficiarias...

leer más
22/04/2022
O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca,presentou este venres a segunda edición do programa Actívate, unha iniciativa a través da que a institución provincial ofrecerá en 26 concellos da provincia durante as fins de semana de abril a xulloactividades gratuítas para todos os públicos vencelladas ao turismo deportivo e de aventura, como sendeirismo, surf, piragüismo, kaiak, vela, trekking, escalada ou equitación. 
 
O mandatario provincial estivo acompañado durante o acto, celebrado no entorno do río Rato, pola Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, e por alcaldes e alcaldesas de municipios que acollerán estas actividades.
 
“Esta iniciativa tivo unha gran acollida o ano pasado, na súa...
leer más
Etiquetas:
19/04/2022

A Deputación de Lugo descobre esta semana a zona da Mariña, a Montaña e a Ribeira Sacra a máis de 140 veciños e veciñas de todas as idades dentro do programa Coñece a túa provincia que impulsa a institución provincial. 

Este martes, a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Monforte visitou a Produtora de Audiovisuais da Deputación de Lugo para despois achegarse aos concellos de Barreiros e Ribadeo. Durante a visita coñeceron algúns dos areais barreirenses e a praia das Catedrais. Ademais, achegáronse a Rinlo e pasearon polo casco histórico de Ribadeo. 

Tamén viaxaron á Mariña os alumnos do último ciclo de primaria do colexio Otero Pedrayo de Rábade. Neste caso, visitaron os concellos de Alfoz e O Valadouro e percorreron algúns dos recursos naturais destes municipios. O percorrido comezárono na Granxa...

leer más