A Mariña
A FCAM e Logística Reyco veñen de renovar o convenio de colaboración polo que a empresa de Fazouro (Foz) estará presente na segunda edición do ciclo de charlas sobre o futuro laboral na Mariña que a FCAM levará adiante ao longo dos vindeiros meses polos centros de FP da comarca.
A FCAM e Reyco así o plasmaron no documento asinado polo CEO da empresa de transporte e loxística, Iván Marrube, e pola presidenta da federación empresarial mariñá, Carmen Cruzado.
Cruzado Iglesias tivo palabras de agradecemento: “desde a FCAM queremos agradecerlle o seu apoio económico a Logística Reyco, xa que estará presente como entidade patrocinadora na segunda edición do ciclo O futuro laboral na Mariña. Volveremos así aos centros de FP da comarca para seguir contándolle á mocidade que aquí hai traballos moi dignos en moitos...
leer másOs Plans con corazón continúan este venres e o domingo con actividades para explorar o xeodestino A Mariña Lucense, da man de guías locais expertos coñecedores do territorio.Os plans terán lugar os días 26 e 28 de setembro nos municipios de Lourenzá e Ourol, respectivamente. Os participantes terán a oportunidade de desfrutar de visitas moi especiais coas que explorar a historia e a paisaxe destes lugares da man dos guías locais.
LOURENZÁ-Venres 26 setembro
Un río de historia e patrimonio gastronómico con Carmen Delia
Un paseo fluvial para coñecer as orixes, as lendas e as paisaxes do concello, pero tamén para degustar produtos gastronómicos senlleiros, como é a Faba de Lourenzá. Os participantes coñecerán o proceso de produción desta leguminosa da man da Cooperativa Terras da Mariña e terán a oportunidade de catar unha...
A Mancomunidade de Concellos da Mariña publica a Guía do Turista Responsable, un manual de boas prácticas para fomentar un turismo respectuoso co xeodestino. Ten como obxectivo promover unha reflexión activa sobre a necesidade de minimizar o impacto das viaxes nos territorios. O documento forma parte do proxecto de Estudos de Capacidade de carga en 11 lugares de especial fraxilidade de A Mariña Lucense, impulsado ao abeiro do PSTD.
No mundo no que vivimos, no que cada vez son máis as persoas que viaxan para coñecer novos lugares, é preciso facer unha reflexión e ser conscientes de como eses desprazamentos e estadías impaCtan nos territorios que se visitan. Con este obxectivo a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense vén de publicar a Guía do Turista Responsable, un documento sinxelo e conciso que, máis alá de recompilar recomendacións...
leer másOs Plans con corazón continúan este venres, 12 de setembro, con actividades para explorar o xeodestino A Mariña Lucense, da man de guías locais expertos coñecedores do territorio.
Os plans terán lugar os días 12, 13, 14 e 15 de setembro nos municipios de Alfoz, Xove, A Pontenova e Cervo, respectivamente. Os participantes terán a oportunidade de desfrutar de plans moi especiais cos que adentrarse na historia e na paisaxe destes lugares da man dos guías locais.
Alfoz-Venres 12 setembro
Alfoz: a vida no río dourado con Ana Pena
Ruta ao carón do río Ouro para coñecer os vestixios históricos que garda, así como a natureza do ecosistema fluvial. O paseo culminará na recoñecida Finca Galea, espazo de harmonía e respecto polo medio, onde se realizará a “cerimonia do caldeiro máxico” da man de Lidia e Nines. ...
A Deputación de Lugo reabre este martes a quinta edición do programa de viaxes Coñece a túa provincia, que arranca hoxe a súa segunda quenda do ano con visitas gratuítas á Mariña. Preto de 1.200 veciños e veciñas de 26 concellos de toda a provincia participarán entre setembro e outubro nesta iniciativa da institución provincial que ten por obxectivo promover o turismo de proximidade e poñer en valor o patrimonio.
O Deputado de Medio Ambiente, Carlos López López, recibiu no Centro de Interpretación Terras do Miño aos membros da Asociación As Bulidoiras, das Nogais, que visitarán este martes o museo do mel do Valadouro, a Finca Galea ou o castelo de Alfoz. Estreou tamén o calendario de excursións a asociación Hombreiro Río Miño, de Lugo, que fará unha ruta que lles permitirá coñecer as principais praias do Vicedo e o casco antigo de Viveiro...
leer másEste venres, 5 de setembro, comeza a sexta edición dos Plans con corazón, unha exitosa iniciativa coa que coñecer a riqueza dos 16 concellos que compoñen A Mariña Lucense. As primeiras actividades terán lugar os días 5, 6 e 7 de setembro nos municipios de Viveiro, O Valadouro e Mondoñedo, respectivamente. Serán plans moi especiais cos que adentrarse na historia e na paisaxe destes lugares da man dos guías locais, expertos coñecedores do territorio.
VIVEIRO - Venres 5 setembro -10.30h.
Galdo, un concello que deu leña! Con Noela Feal
Visita para coñecer o antigo Concello de Galdo e a súa historia vinculada a persoeiros históricos como Pardo de Cela, a liñaxe dos Vivero ou María de las Alas Pumariño. Visita á Panadería de Forno de Leña de Galdo e participación dunha experiencia interactiva.
O VALADOURO -...
leer másUn ano máis os Plans con corazón volven á Mariña Lucense para dar a coñecer entre a poboación, tanto autóctona como visitante, a riqueza dos 16 concellos que compoñen o xeodestino. Entre o 5 de setembro e o 12 de outubro terán lugar as 16 rutas e visitas guiadas polos 16 concellos, cunha variedade de propostas e percorridos que abranguen desde contornas urbanas ata espazos rurais, desde o litoral ata a Serra do Xistral, nunha iniciativa coa que coñecer o territorio e desfrutar actividades de lecer singulares.
Neste programa de actividades, promovido pola Mancomunidade de Concellos da Mariña en colaboración coa Xunta de Galicia e a Deputación de Lugo, poden participar todas as persoas que o desexen reservando a súa praza a través do enlace:https://amarinalucense.gal/gl/a-...
leer más












