A Mariña
Este venres, 5 de setembro, comeza a sexta edición dos Plans con corazón, unha exitosa iniciativa coa que coñecer a riqueza dos 16 concellos que compoñen A Mariña Lucense. As primeiras actividades terán lugar os días 5, 6 e 7 de setembro nos municipios de Viveiro, O Valadouro e Mondoñedo, respectivamente. Serán plans moi especiais cos que adentrarse na historia e na paisaxe destes lugares da man dos guías locais, expertos coñecedores do territorio.
VIVEIRO - Venres 5 setembro -10.30h.
Galdo, un concello que deu leña! Con Noela Feal
Visita para coñecer o antigo Concello de Galdo e a súa historia vinculada a persoeiros históricos como Pardo de Cela, a liñaxe dos Vivero ou María de las Alas Pumariño. Visita á Panadería de Forno de Leña de Galdo e participación dunha experiencia interactiva.
O VALADOURO -...
leer másUn ano máis os Plans con corazón volven á Mariña Lucense para dar a coñecer entre a poboación, tanto autóctona como visitante, a riqueza dos 16 concellos que compoñen o xeodestino. Entre o 5 de setembro e o 12 de outubro terán lugar as 16 rutas e visitas guiadas polos 16 concellos, cunha variedade de propostas e percorridos que abranguen desde contornas urbanas ata espazos rurais, desde o litoral ata a Serra do Xistral, nunha iniciativa coa que coñecer o territorio e desfrutar actividades de lecer singulares.
Neste programa de actividades, promovido pola Mancomunidade de Concellos da Mariña en colaboración coa Xunta de Galicia e a Deputación de Lugo, poden participar todas as persoas que o desexen reservando a súa praza a través do enlace:https://amarinalucense.gal/gl/a-...
leer másDo 25 ao 30 de agosto A Mariña acolle o programa Obradoiros con corazón, unha proposta de lecer para desfrutar do verán coñecendo o territorio a través da súa artesanía local deseñada para promover a riqueza artesá da comarca. O programa inclúe nove actividades diferentes en obradoiros situados en Mondoñedo, Ribadeo, Trabada, Viveiro e Ourol.
Nesta iniciativa, promovida pola Mancomunidade de Concellos da Mariña en colaboración coa Xunta de Galicia e a Deputación de Lugo, poden participar todas as persoas que o desexen reservando a súa praza a través do enlace: https://amarinalucense.gal/gl/amarina-obradoiros-con-corazon
As prazas son limitadas, xa que cada actividade acollerá un grupo reducido de persoas co obxectivo de garantir unha...
leer másDesde hoxe xa é posible inscribirse en calquera das 25 actividades que se desenvolverán na Mariña lucense entre o 25 de agosto e o 12 de outubro dentro dos coñecidos programas Obradoiros con corazón e Plans con corazón. Estas iniciativas, promovidas pola Mancomunidade de Concellos da Mariña en colaboración coa Xunta de Galicia e a Deputación de Lugo, teñen como obxectivo fomentar o coñecemento da cultura local, achegar maior valor para a visita e a permanencia no territorio e dinamizar a actividade turística con propostas diferenciadas e de calidade. A nova edición destes programas foi presentada hoxe nun acto desenvolvido no obradoiro de cerámica de Lucía Catuxo, en Trabada, que participa nos dous programas de actividades.
Máis información e inscricións:
https...
A décimo segunda edición do festival musical Bal y Gay celebrarase en varias localidades da Mariña desde o día 12 ata o 21 de agosto e foi presentado este mércores en Foz.
A programación é a seguinte: 12 de agosto, concerto do pianista Denis Kozhukhin ás 20.30 horas no Castelo de Castro de Ouro (Alfoz); 13 de agosto, concerto da Real Filharmonía de Galicia e o Coro de la Comunidad de Madrid ás 21:00 horas na Catedral de Mondoñedo; 15 de agosto, concerto da Orquesta Sinfónica del Principado de Asturias e o Cuarteto Quiroga ás 12:30 e ás 20:30 horas no auditorio Hernán Naval, de Ribadeo; 16 de agosto, concerto do grupo Los Elementos ás 12:30 horas na Basílica de San Martiño (Foz); 16 de agosto, concerto de Nuria Rial e Los Elementos ás 21:00 horas, na igrexa mosteiro de San Salvador de Lourenzá; 17 de agosto, concerto da soprano Sara Blanch...
leer másO circuíto de cinema galego Ciclo Mestre Mateo arranca a súa cuarta edición na provincia de Lugo grazas ao apoio da área de Cultura da Vicepersidencia da Deputación de Lugo.A deputada de Cultura, Iria Castro, e a presidenta da Academia Galega do Audiovisual, Lucía Veiga, presentaron este xoves no Pazo de San Marcos as novidades desta edición e as localidades da provincia que formarán parte do circuíto.
Os concellos de A Fonsagrada, A Pobra do Brollón, Foz, Meira, Monterroso, Sarria, Taboada e Vilalba proxectarán as producións finalistas nas categorías de longametraxe e documental dos XXIII Premios Mestre Mateo. O Ciclo Mestre Mateo comezará en Lugo o próximo 2 de xullo, no concello de Meira, coa proxección de Honeymoon.
A deputada de Cultura, Iria Castro, apuntou que as institucións "teñen que axudar á industria...
leer másA praia é o ecosistema natural de numerosas especies vexetais e animais. Agora que comeza a temporada estival e son moitas as persoas que se achegan a desfrutar das costas da Mariña Lucense é o momento perfecto para lembrar a necesidade de conciliar o uso recreativo das praias coa funcionalidade que cumpren como ecosistemas naturais e hábitat de moitas especies.
As praias da Mariña Lucense son lugares cheos de vida animal e vexetal que cómpre protexer para garantir a súa conservación. É tamén o caso das praias con sistema dunar, hábitat principal da píllara das dunas (Charadrius alexandrinus) un ave que en todo o litoral cantábrico español só ten presenza en Galicia, estando estritamente protexida mediante un plan específico de conservación.
Co obxectivo de informar e sensibilizar ás persoas usuarias das praias da...
leer más184 veciños e veciñas dos concellos de Taboada, Lugo, A Fonsagrada, Monforte de Lemos e Sober pechan as rutas do mes de maio do programa Coñece a túa provincia, a iniciativa de viaxes gratuítas que impulsa a Deputación de Lugo dirixida a colectivos sen ánimo de lucro co obxectivo de fomentar o turismo de proximidade. Esta última semana participan oito colectivos lucenses que percorrerán ata o venres A Mariña, a Montaña e a Ribeira Sacra.
Na xornada de onte, a Asociación Veciñal de Santa María de Xián, de Taboada, e a Asociación Provincial de Amas de Casa e de Consumidores, de Lugo, foron as dúas primeiras entidades que participaron esta semana. Os primeiros partiron da Granxa Gayoso Castro para despois achegarse ata a comarca da Mariña, alí visitaron a fábrica de Sargadelos e o Museo do Mar, ente outros lugares. Os segundos comezaron a...
leer másGozar de experiencias de calidade e conectar co destino dunha maneira máis profunda, pero tamén máis respectuosa e sostible, en calquera época do ano e superando o concepto tradicional do turismo. Ese é o obxectivo que se marca a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense e no que traballa a diario para posicionar o territorio como un destino que ofrece, máis que actividades, experiencias. Nesta liña, o xeoturismo e o turismo ornitolóxico están a converterse en alternativas singulares na Mariña Lucense, captando o interese por parte das persoas que nos visitan.
Con este potencial está a traballar para estruturar un catálogo de produtos e experiencias enriquecedor tanto para as persoas que nos visitan, como para aquelas que viven aquí. “Concibimos o turismo como unha actividade que xera valor, non só económico, senón tamén para a...
leer más












