San Ciprián

11/07/2024

Este venres, día 12 de xullo, na Praza dos Campos, de San Ciprián, haberá unha Mexillonada Popular. Está organizada pola asociación Amigos da Maruxaina coa colaboración do Concello de Cervo.

Este evento gastronómico empezará ás 20:00 horas e a partir das 22:00 horas haberá música a cargo de DJ OVO.

Etiquetas:
09/07/2024

San Ciprián, no concello de Cervo, celebrará as súas festas na honra á Virxe do Carme os días 15 e o 16 de xullo.

A cita, organizada polo Concello de Cervo, foi presentada pola alcaldesa, Dolores García Caramés, a concelleira Mali Méndez, os edís Alfredo Fernández e Adrián Arias e por unha representación da asociación Mar de San Ciprián, que se encarga de organizar a procesión; de Mulleres de San Cipirán, que colabora coa decoración floral; e de varios colaboradores da Festa e da asociación A Anxuela.

Os festexos arrincarán o luns 15, coa sesión vermú a cargo do Grupo Zona Zero, ás 14:00 horas. Xa á noitiña, ás 21:00 horas terá lugar a tradicional procesión do Carme ata o peirao, organizada pola asociación Mar de San Cipirán e acompañada polo grupo de gaitas A Rebolaxe. A continuación será a verbena na Praza dos Campos co Grupo Zona Zero e a orquestra...

leer más
04/07/2024

As pistas de atletismo da Veiga acollerán as Primeiras Olimpíadas de Atletismo o domingo, 14 de xullo.

A cita deportiva foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, a tenente de alcaldesa, Mali Méndez, polo vicepresidente da Federación Galega de Atletismo,Suso Vázquez, e pola Presidenta do Club Maderas Barcia Cervo, Patricia Calvo, como entidade que organiza o evento, coa colaboración do Concello.

Tal e como sinalaron, estas olimpíadas nacen co obxectivo de facer un día enteiro de competición para fomentar o deporte do atletismo, e que os atletas poidan participar nas diferentes disciplinas que compoñen o Mundo Atlético.

As inscricións permanecerán abertas ata o luns 8 de xullo a través do  enlace...

leer más
Etiquetas:
27/06/2024

As pistas de atletismo da Veiga serán o escenario da IV Carreira Popular Maruxaina, o próximo 20 de xullo, sábado, organizada polo Club Deportivo San Ciprián, coa colaboración do Concello de Cervo.

A cita deportiva, puntuable para o circuíto de carreiras Duacode Run Foz Run 24, foi presentada pola alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés; polo concelleiro Alfredo Fernández e por varios integrantes do Club Deportivo na propia instalación na que se celebrará o evento. Será a partir das 11:00 horas, sobre un circuíto de 200 metros para pitufos; 500 metros para benxamíns; 1.000 metros para alevíns; 1.609 metros para infantís e cadetes; e de 5.000 metros para a proba absoluta. A saída e a meta estará nas instalacións deportivas da Veiga e transcorrerá por un circuíto mixto, polas rúas de San Ciprián e o paseo do Torno.

As persoas interesadas en...

leer más
12/06/2024

O día 23 de xuño, domingo, San Ciprián será o escenario dunha gran festa de San Xoán da man de A Rebolaxe, coa colaboración do Concello de Cervo.

O evento, que terá lugar no aparcadoiro do estanco na Praia do Torno, foi presentado pola alcaldesa, Dolores García Caramés, o edil de Zona Rural, Adrián Arias, e unha representación do grupo A Rebolaxe, no auditorio da Casa da Cultura, onde realizan os seus ensaios.

A cita arrincará ás 13:00 horas cunha sesión vermú a cargo de Mi Rollo es el Rock, durante a que se servirán hamburguesas á grella.

A partir das 18:00 horas haberá xogos populares e desde as 19:30 horas ofrecerán bocadillos de touciño, chourizo e salchicha acompañados polo son das gaitas.

Ás doce da noite acenderase o tradicional lume de San Xoán.

... leer más
08/06/2024

San Ciprián será o escenario do II Trail A Fume de Carozo o sábado, 15 de xuño, a partir das 10:00 horas.

A cita deportiva foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, polos concelleiros Mali Méndez, e Alfredo Fernández, e por unha representación dos membros do club local A Fume de Carozo, en San Ciprián, onde se situará a saída e a meta do evento, en concreto na Praza dos Campos.

Tal e como explicaron desde a organización, haberá unha andaina de 13 quilómetros cun desnivel aproximado de +300 metros, un trail de 16 quilómetros cun desnivel aproximado de +600 metros e un trail de 25 quilómetros cun desnivel aproximado de +1000 metros.

Nos trails tan só poderán participar as persoas maiores de 18 anos, pero a Andaina si que estará aberta para menores coa correspondente autorización...

leer más
Etiquetas:
28/05/2024

Este domingo, día 2 de xuño, haberá un novo guateque do programa de actividades Arruguiñas . Estará amenizado polo dúo Primera Línea e será na Casa do Mar, en San Ciprián, desde as 19:30 horas.

Esta actividade está organizada polo Concello de Cervo en colaboración coa Asociación de Xubilados Terra Mar.

07/04/2024

O Concello de Cervo inaugurou a mostra “Surcando Mares”, na finca anexa ao Museo do Mar, que é propiedade municipal.

A exposición nace froito dun convenio de colaboración coa asociación Mar de San Ciprián, para a posta en valor desta parcela, a través da cesión de diferentes pezas relacionadas co mundo marítimo (áncoras, hélices, maquinillas, haladores…), propiedade de Moncho Rivas e de Ángel Fernández, instaladas nestes terreos “que pouco a pouco iremos convertendo nun museo ao aire libre para desfrute de veciños e visitantes”, precisou a alcaldesa.

Durante o acto, que arrincou cun concerto da orquestra do Conservatorio de Viveiro, na Praza dos Campos, a rexedora apuntou que “é un día importante para Cervo, no que poñemos en valor esta finca municipal anexa ao museo do mar grazas a un convenio subscrito coa...

leer más
04/04/2024

O Concello de Cervo, en colaboración coa Federación Galega de Kárate, acollerá o  XV Campionato Galego de Nihon Tai-jitsu e o II Interautonómico desta disciplina, o vindeiro sábado, 6 de abril. 

A rexedora, Dolores García Caramés, e a tenente de alcaldesa, Mali Méndez, presentaron o evento acompañados do director do departamento de Taijitsu da Federación Galega de Kárate, Miguel Ángel Rojo, veciño tamén do municipio.

Está prevista a participación de máis de 70 deportistas de toda Galicia e Asturias que competirán na modalidade de kata individual.

A proba disputarase a partir das 17:00 horas no Pavillón do CEIP Península da Paz.

Haberá trofeos para os mellores participantes.

24/03/2024

O Concello de Cervo anuncia que do 6 de abril ao 3 de maio “teremos a oportunidade de desfrutar dunha impresionante mostra fotográfica de Sindo Novoa baixo o título "Un día na Rapa das Bestas (Do monte ó curro)", que nos permitirá coñecer de preto como se vive esta festa en Sabucedo, a través da óptica deste fotógrafo”.

A inauguración da mostra será o sábado, 6 de abril, ás 12:30 horas na Sala de Exposicións da Casa da Cultura, en San Ciprián.