San Ciprián

Etiquetas:
05/07/2022

A sala de mostras da Casa da Cultura de San Ciprián acolle ata o 15 de xullo a exposición fotografía de María Simón, que foi inaugurada na tarde do luns polas edís de Cultura, e de Servizos Sociais, Dolores García Caramés, e Pilar Armada, respectivamente.

A mostra componse de 13 imaxes que recollen diferentes temáticas sociais; desde o oficio das redeiras ata diferentes instantáneas que a súa autora inmortalizou en tempos de pandemia.

15/06/2022

O evento, que terá lugar no aparcamento do estanco na Praia do Torno, foi presentado polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Cultura e o concelleiro de Turismo, Dolores García Caramés e David Rodríguez, respectivamente, e unha representación da asociación A Rebolaxe.

Villares quixo loubar o traballo realizado por esta asociación á hora de dinamizar o noso concello, “enchendo de música e de alegría cada recuncho que pisan”.

Pola súa banda, Caramés, amosou a súa ledicia por poder recuperar este tipo de eventos tan importantes para a vila “que son un punto de encontro para a veciñanza” e convidou a veciños e visitantes a participar nas actividades programadas estes dous días de festa”.

27/04/2022

O vindeiro domingo, 1 de maio, seguirá en Cervo o ciclo A Caixa de Música coas actuacións dos grupos Rebolaxe e Mistura. Será na Praza dos Campos, en San Ciprián, a partires das 12 do mediodía. 

Etiquetas:
12/03/2022

A XXIX edición da Festa do Ourizo terá lugar o sábado 19 de marzo, en San Ciprián. Para ese día están programadas diferentes actividades que terán ao equinodermo como prato principal.

A cita foi presentada polo alcalde, Alfonso Villares, o edil de Turismo, David Rodríguez, polas concelleiras de Cultura e Medio Ambiente, e por representantes da hostalería local. 

Como en anteriores edicións, tamén se celebrará un concurso gastronómico que está aberto aos locais da hostalería de San Ciprián que participan na festa: O Noso Lar, As Titas, O Faro, A Bodega, Maruxaina, Aquelarre e Buenavista. Nesta ocasión, o concurso celebrarase o luns, 14 de marzo, na Casa da Cultura. Os participantes deberán entregar as súas propostas –dúas como máximo- ás 17:00 horas. O xurado composto por cociñeiros decidirá cales son as tres tapas...

leer más
Etiquetas:
03/03/2022

"As que limpan" fala da loita organizada das camareiras de piso dos hoteis para conseguir uns dereitos laborais e sociais xustos. Na súa fronte, a avaricia dos propietarios das cadeas hoteleiras. Neste espectáculo as artistas formulan 3 preguntas: É posible revalorizar este traballo e desligalo do xénero? Existe o turismo sostible? Quen limpa na casa da limpadora?

"As que limpan" non só fala de traballadoras da limpeza, fala de mulleres e do chan mollado sobre o que camiñamos cada día.

A obra está prevista para as 19:30 horas do vindeiro domingo, día 6, na Casa da Cultura de San Ciprián. 

 

Etiquetas:
09/02/2022

O Concello de Cervo recupera a celebración do entroido, que terá lugar na última semana de febreiro, cos desfiles de Cervo e San Ciprián como pratos principais. O cartel completo con todas as actividades programadas será anunciado nos vindeiros días.

O Desfile de Entroido de Cervo, organizado pola asociación Airiños do Xunco, levarase a cabo o domingo 27 de febreiro, mentres que o Desfile de Entroido de San Ciprián celebrarase, como sempre, o martes 1 de marzo. Os dous desfiles realizaranse respectando os protocolos e medidas que as autoridades establezan para esas datas.

A concelleira de Cultura, Dolores García Caramés celebra que se podan retomar este tipo de eventos e aclarou que “os desfiles desenvolveranse respectando, sempre, as medidas de distancia social e seguridade establecidas na data na que se...

leer más
Etiquetas:
19/01/2022

Este xoves, 20 de xaneiro, comeza unha nova edición de Sanci Tapeando nos bares de San Ciprián. 

Será desde o 20 de xaneiro ao 26 de maio todos os xoves. Os establecementos participantes son: Bar O Faro, Terraza O Noso Lar, Aquelarre, Cervecería Las Titas e Mesón A Bodega.

Como premios haberá dous vales de 200 euros e 100 euros respectivamente, para gastar nos locais participantes.

O prezo das tapas é de 2,50 euros.

 

Etiquetas:
15/10/2021

O Concello de Cervo inaugurou o pasado domingo, coincidindo co Día Mundial da Saúde Mental, a exposición “Aula do mar” na sala de exposicións da Casa da Cultura de San Ciprián.

A Concelleira de Servizos Sociais, Pilar Armada, participou no acto de apertura desta exposición no que tamén tomaron parte Jorge Manchado, Presidente da Asociación de Axuda ó Enfermo Mental “A Mariña e María José Nóvoa, Directora Técnica Xeral da entidade. No acto ademais interviron Brais González, Xerente de Expomar; María Jesús Alonso, Presidenta das Redeiras Cabo Burela e José Basilio Otero, Presidente da Federación Provincial de Cofrarías de Pescadores de Lugo.

Esta exposición é o froito do traballo levado a cabo na “primeira aula do mar inclusiva de Galicia” na que os usuarios da Asociación de axuda ó enfermo mental “A Mariña” e dos...

leer más
03/09/2021

O Concello de Cervo programa para este fin de semana unha actividade con tobogáns acuáticos que estarán na praza dos Campos, en San Ciprián, ata o vindeiro luns, 6 de setembro.

A entrada é de balde e a inscrición farase no mesmo lugar. O horario de entrada libre será de 17:00 a 20:00 horas, o venres; de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas, o sábado e o domingo; e de 17:00 a 20:00 horas, o luns. O horario reservado ao programa Concilia é de 11:00 a 14:00 horas do luns.

Estarán o tobogán deslizador Selva Acuática, para maiores de 4 anos, de seis metros de altura e un deslizante que termina nunha piscina; e o tobogán acuático Z-Gravity, para persoas de máis de 1´40 cm de altura.

 

18/08/2021

Un dos espectáculos incluído no ciclo Concertos na Fin do Mundo, que organiza a Xunta de Galicia, será no municipio de Cervo, concretamente nas inmediacións do Faro de San Ciprián, o día 10 de setembro, venres. Actuarán o famoso cantante vasco Mikel Erentxun e as galegas Yoly Saa e Russinha.

As entradas para este concerto están á venda e poden mercarse a través do seguinte enlace: 
https://concertosnafindomundo.com/faro-sancibrao-cervo/

A organización explica que “Concertos na Fin do Mundo é unha experiencia máxica, enmarcada na programación do Xacobeo 21-22, que terá lugar nalgún dos máis fermosos e impresionantes faros da costa galega. Un ciclo de concertos íntimos con capacidade moi limitada e unhas propostas artísticas preparadas para...

leer más