San Ciprián
O martes 17 de febreiro, o Entroido trasládase a San Ciprián, “cun gran desfile que dará comezo ás 18:00 horas desde a Praza dos Campos, percorrendo as principais rúas da localidade. Este desfile contará cunha ampla dotación de premios, repartidos entre as categorías individuais, parellas, grupos, comparsas e categoría xuvenil, cun total de 2.280 euros. A animación correrá a cargo da Charanga Os Macanudos, e ao remate da entrega de premios a música continuará con DJ Aaron. Ademais a A.C. Comisión de Festas de Lieiro instalará un posto de venda na carpa da Praza dos Campos con chocolate, sobremesas, bolos preñados e empanadillas contribuíndo a crear un ambiente festivo e gastronómico”, anuncia o Concello de Cervo.
As inscricións para participar no desfile realízanse na Casa da Cultura de San Ciprián, en horario de mañá, ata o luns 16 de...
leer másO Concello de Cervo presenta unha nova edición da Festa do Mexillón de San Ciprián, que se celebrará o sábado 21 de febreiro de 2026, “consolidándose como unha das citas gastronómicas e festivas máis destacadas do inverno na Mariña na súa XXXII edición”.
O evento contará coa participación de dez establecementos hostaleiros da localidade (O Porto, Maruxaina, O Encontro, A Penúltima, Las Titas, O Faro, Bar Habana, O Noso Lar, O Trasgo e Bodega de Ana), que ofrecerán diferentes elaboracións con mexillón como protagonista, “poñendo en valor a calidade do produto e o bo facer da hostalaría local”, anuncia o Concello de Cervo, que engade: “a programación completarase cun amplo abano de actividades musicais e de animación na rúa. A mediodía coas agrupacións locais Fol do Raxal e A Rebolaxe, e xa a partir das 19:00 horas coa Charanga da Carmiña e...
leer másO luns 5 de xaneiro haberá cabalgatas dos Reis Magos en San Ciprián e Cervo.
O Concello de Cervo anuncia que ás 18:00 horas comezará o percorrido por San Ciprián e haberá recepción na carpa da Praza dos Campos, coa actuación do Grupo Folclórico Mistura de Lieiro. Ademais repartiranse chocolate con biscoito e bocadillos de salchicha na Praza dos Campos da man da comisión de Festas da Santa Isabel de Lieiro. Esta cabalgata de Reis conta coa colaboración da Asociación Mulleres de San Ciprián e a ANPA Península da Paz.
E ás 19:30 horas comezarán o percorrido por Cervo e haberá recepción na Praza do Souto. Os Reis Magos e tamén as crianzas lerán as cartas cos seus desexos e actuará o grupo Milicrocas, as pequeñas cantareiras de Airiños Xunco, asociación que organiza esta cabalgata.
Este sábado, día 20 de decembro, haberá un novo Guateque de Arruguiñas na Casa do Mar de San Ciprián, no municipio de Cervo. Será desde as 19:30 horas e estará amenizado polo dúo Estrellas.
É unha actividade organizada polo Concello de Cervo en colaboración coa Asociación de Xubilados Terramar.
“Este Nadal teremos tamén Guateque de Arruguiñas. O vindeiro sábado convidámosvos a desfrutar dunha tarde noite chea de música, baile e bo ambiente co dúo Estrellas. Un plan perfecto para desfrutar, reencontrarse e celebrar xuntos estas datas tan especiais”, anuncia o Concello de Cervo.
A primeira edición da Carreira Popular San Silvestre, de San Ciprián (Cervo) disputarase o día 31 de decembro, mércores, desde a Praza dos Campos a partir das 12:00 horas. Está organizada polo Club de Trail A Fume de Carozo coa colaboración do Concello de Cervo.
“Anímate a despedir o ano correndo na I Carreira Popular San Silvestre A Fume de Carozo! O vindeiro 31 de decembro San Ciprián encherase de deporte, diversión e ambiente familiar cunha proba pensada para todas as idades”, anuncia o Concello de Cervo.
A inscrición é totalmente gratuíta.
O grupo teatral Ardora, de San Ciprián (Cervo), representará a obra titulada Aire fresco este sábado, día 15 de novembro, ás 20:00 horas na Casa da Cultura de Alfoz. É unha comedia para todos os públicos cunha duración de 75 minutos. A entrada é de balde.
O Concello de Alfoz explica que “nesta obra o humor serve para reflexionar sobre unha realidade moi seria: as persoas maiores foron un dos colectivos máis afectados durante a pandemia, pola súa vulnerabilidade e polo impacto que o illamento tivo nas súas vidas. Aire Fresco busca facer rir, pero tamén concienciar sobre a importancia de coidar a quen nos coidou. Vente pasar un rato de teatro, risa e reflexión”.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza e visitantes a participar no magosto organizado pola comisión de festas de Santa Isabel de Lieiro, que terá lugar este sábado, día 8 de novembro, a partir das 18:00 horas na Casa do Mar de San Ciprián.
Durante a celebración, que foi presentada pola alcaldesa, Dolores García Caramés, o concelleiro Adrián Arias, e por membros da asociación organizadora, poderanse degustar castañas asadas, bocadillos de panceta e chourizo, empanadillas, ademais de desfrutar do servizo de bar.
“A música e a animación estarán garantidas coa presenza do DJ Tomás, que será o encargado de poñer ritmo ao primeiro Guateque de Arruguiñas da tempada, que promete unha tardiña chea de diversión e bo ambiente”, anuncia o Concello de Cervo, que anima “a todos os veciños e visitantes a achegarse a San...
leer másO Concello de Cervo, en colaboración coa Asociación Amigos da Troula, vén de anunciar o cartel oficial da sétima edición do Callo Fest, que se celebrará o venres 26 de decembro na Praza dos Campos de San Ciprián. Esta nova edición “está pensada como unha auténtica festa de pre-fin de ano, para gozar con amigos e en familia nun ambiente festivo, próximo e aberto a todas as idades. Tal e como apuntan desde a organización, o line-up deste ano reúne catro propostas moi potentes e variadas, capaces de satisfacer a un público diverso”, que son Aphonnic, Black Back Band, Not Yet e Until Cawn.
Aphonnic, banda viguesa de metal alternativo con máis de dúas décadas de traxectoria, “é unha das formacións máis recoñecidas do xénero en Galicia”. Este 2025 foron unha das bandas encargadas de tocar no Main Stage, do Resurrection Fest, e contan...
leer másO Concello de Cervo anuncia que a hostalería de San Ciprián volve poñerse en modo tapeo coa iniciativa Sanci Tapeando, que regresa este xoves, día 16 de outubro, ofrecendo unha nova oportunidade para gozar da gastronomía local “a un prezo accesible e nun ambiente de proximidade”.
Esta proposta gastronómica, que conta coa colaboración do Concello de Cervo, reúne nesta edición aos establecementos Cervecería A Penúltima, Cervecería Las Titas, Bar Maruxaina, Bar O Faro, Terraza O Noso Lar e Bodega De Ana.
A presentación tivo lugar na Casa da Cultura e contou coa presenza da alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, da concelleira Mali Méndez e dunha representación dos locais participantes.
Durante todos os xoves cada establecemento ofrecerá unha tapa diferente e elaborada, ao prezo...
leer másO grupo teatral O Centiño, de San Martiño (Foz), representará a obra titulada Trepa, Tripa e Tropa na Casa da Cultura de San Ciprián, no municipio de Cervo. Será este venres, día 10 de outubro, ás 20:00 horas.
O Concello de Cervo anuncia: “este venres temos representación teatral para todos os públicos. O Grupo de Teatro O Centiño achéganos a súa obra Trepa, Tripa e Tropa, unha divertida proposta para todas as idades que encherá a tarde de humor e entretemento”.
A entrada é libre ata completar a capacidade do auditorio.












