San Ciprián

20/02/2024

O concello de Cervo celebrará este vindeiro sábado 24  de febreiro a Festa do Mexillón, que vai pola XXX edición. 

Ao longo da xornada os 9 locais participantes ofrecerán unha ampla degustación de tapas que terán no mexillón o seu denominador común. Participarán O Noso Lar, Las Titas, A Bodega de Ana, O Faro, Aquelarre, Maruxaina, O Trasgo, Habana e o bar El Puerto. 

A festa estará amenizada á noitiña, desde as 22:30 horas, pola orquestra Zona Zero e pola Disco Móbil Revoluxxion.

A cita foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, a tenente al alcalde, Mali Méndez, e por unha repesentación dos locais participantes.

Tal e como anotou  a alcaldesa “este tipo de festas gastronómicas contribúen a darlle vida á nosa vila e sempre son un reclamo para atraer...

leer más
Etiquetas:
06/01/2024

Este domingo, 7 de xaneiro, o Concello de Cervo despide o Nadal “pechando un programa cheo de actividades para todos os públicos”.

As voces do coro Vox Stellae ofrecerán un concerto baixo o título"Celebrando o Nadal". Será ás sete da tarde no auditorio da Casa da Cultura en San Ciprián.

04/01/2024

Os Reis Magos non faltarán á súa cita cos nenos e nenas do concello de Cervo a tarde do venres, 5 de xaneiro.

En San Ciprián a saída da Cabalgata está prevista para as 18:00 horas desde o Pavillón da Veiga, con posterior recepción no auditorio da Casa da Cultura. Colaboran a ANPA do Ceip Península da Paz e a asociación Mulleres de San Ciprián. Tamén durante esa tarde de venres repartirase chocolate da man da Comisión de Festas de Lieiro, na carpa da Praza dos Campos.

En Cervo a saída da comitiva real está prevista para as 19:30 horas, desde as Escolas Vellas, e a recepción será na carpa instalada na Praza do Souto, onde tamén haberá un Belén Vivente, da man da asociación Airiños do Xunco.
 

Etiquetas:
25/12/2023

As nenas e os nenos poderán gozar dos inchables e da ludoteca en San Ciprián desde o  martes ata o xoves en horario de 11 a 14 horas polas mañás e de 17 a 20 horas polas tardes. 

As actividades enmárcanse na programación de Nadal organizada polo Concello de Cervo. 
Ademais este martes, día 26, Tarabelos presentará o espectáculo de monicreques “O novo traxe do rei”. Será ás 19:30 horas na Praza do Souto en Cervo. Colabora con esta cita a asociación Airiños do Xunco. 

 

Etiquetas:
30/11/2023

Azores Somerxida é o título da colección composta por 22 instantáneas coidadosamente seleccionadas por este biólogo e fotógrafo, veciño do concello de Cervo.

A inauguración da mostra será o próximo venres, 8 de decembro, cunha charla do propio autor no auditorio da Casa da Cultura a partir das 19:00 horas. 

As persoas asistentes poderán coñecer de preto o trasfondo desta exposición concibida nas illas Azores, froito de moitos meses de traballo no mar, nos que Cao conseguiu ser aceptado por algúns dos maiores animais mariños do mundo, no seu propio medio.

A mostra poderase visitar ata o 8 de xaneiro de 2024. 

Etiquetas:
25/11/2023

O Concello de Cervo e a Asociación Amigos da Troula veñen de anunciar o cartel da quinta edición do Callo Fest, que terá lugar na Praza dos Campos de San Ciprián o venres, 29 de decembro, e que contará con Abaixo Cu Sistema e Deleiba como principais atrativos musicais.

O festival naceu no ano 2017 co fin de unir música e gastronomía á hora de celebrar unha festa de pre-fin de ano para todos os membros da familia. Coa súa quinta edición convértese xa nun dos atractivos da comarca no Nadal.

Este ano contará baixo a carpa do epicentro sancibrense con catro actuacións de rock, metal e punk rock, que rematarán a noite cun dj que pinchará diferentes estilos musicais. Todo iso, como sempre, redondeado cunha ración de callos ao remate de todos os concertos.

O principal reclamo musical da cita...

leer más
16/11/2023

Este próximo sábado, 18 de novembro, O Grupo de Teatro Ardora presentará a súa obra “Aire fresco”, no auditorio da Casa da Cultura, en San Ciprián, ás 19:00 horas.
 
Trátase dunha peza teatral escrita por Francisco Piñeiro e diirixida por María Paz Rodríguez.

A representación enmárcase no Circuíto de Teatro Afeccionado 2023 da Deputación Provincial de Lugo.

Etiquetas:
17/10/2023

Este próximo xoves, 19 de outubro, volve o Sanci Tapeando á hostalería de San Ciprián, coa colaboración do Concello de Cervo.

A cita gastronómica, na que participan a cafetería Aquelarre, Cervecería Las Titas, Bar O Faro, Terraza O Noso Lar, A Bodega de Ana e a Pizzería O Trasgo, foi presentada pola rexedora, Dolores García  Caramés, polo edil de Turismo, David Rodríguez, e por unha representación dos locais que se sumaron á proposta.

Cada semana os establecementos participantes nesta iniciativa que botou a andar no ano 2018, ofrecerán unha tapa diferente e elaborada a un prezo de 2,5 euros.

Os clientes dos xoves, terán a posibilidade de participar nun sorteo de dous vales, de 200 e de 100 euros, para consumir nos locais participantes.

As propostas para este...

leer más
14/10/2023

A Casa da Cultura de San Ciprián acolle ata o 31 de outubro unha mostra pictórica de Xosé López Losada "Xolo", composta por 21 obras seleccionadas polo artista entre máis de 600 creacións que ten na súa colección persoal.

Na inaguración da mostra que se poderá visitar durante todo o mes de outubro, o artista estivo acompañado pola rexedora, Dolores García Caramés, pola tenente alcalde, Mali Méndez, por unha representación do tecido asociativo e social da Mariña, e por moitos dos membros da familia da asociación Saúde Mental A Mariña, da que forma parte Xolo, encabezada pola directora técnica xeral da entidade, María José Nóvoa.

O artista agarda que a veciñanza desfrute moito das súas pinceladas baixo o título "Arte con futuro".

 

03/09/2023

Trátase dun impresionante tobogán de 6 metros de alto que termina nunha piscina chamado Super Blue. E tamén o Kamikaze. A entrada é de balde, pero é preciso inscribirse no mesmo lugar. 

O 4 de setembro funcionarán en horario de 17 a 20 horas. E os días 5, 6 e 7 será de 12:30 a 14 horas polas mañás e de 17 a 20 horas polas tardes. 

Segundo informa o Concello de Cervo hai un horario reservado a Concilia o martes, mércores e xoves entre as 11 e as 12:30 horas.