Exposiciones

Etiquetas:
19/03/2026

A Oficina de Turismo de Ribadeo acollerá do 29 de marzo ao 3 de abril unha exposición de pintura homenaxe a Álvaro Prieto Álvarez (Alpri).

Na mostra, titulada Momentos, poderanse ver arredor de 30 creacións deste pintor afeccionado ribadense falecido en maio do pasado ano 2025. Está organizada pola súa familia e conta coa colaboración do Concello de Ribadeo.

A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, anima a visitala: “recomendámosvos que veñades vela, ides disfrutala moito”.

A exposición foi presentada por Begoña Sanjurjo xunto a algúns dos irmáns de Álvaro Prieto Álvarez.

18/03/2026

A oficina de turismo de Ribadeo Ribadeo acolle unha exposición sobre Alfonso Daniel Rodríguez Castelao ata o día 29 de marzo, domingo, día no que o grupo teatral Os Quinquilláns representará Cousas no auditorio municipal Hernán Naval ás 19:00 horas.

A Agrupación Cultural Francisco Lanza anuncia que “segue a desenvolver a súa actividade ao longo do ano 2026. Desde este luns 16 de marzo e até o domingo 29 do mesmo mes, poderemos visitar a exposición Sempre en Galiza. 1944-2024, comisariada por Henrique Monteagudo e coordinada por Xesús Domínguez Dono. Esta exposición foi producida por Merlín Comunicación e a Editorial Galaxia, e conta co apoio, entre outras institucións, da Deputación de Lugo, organismo a través do cal logramos poder traela a Ribadeo. Ao longo destas dúas semanas de marzo poderemos visitala na Oficina de...

leer más
13/03/2026

Este venres, día 13 de marzo, tivo lugar en Barreiros a inauguración da exposición Fauna Esencial, da Fundación Abanca e Abanca Corporación Bancaria.  Estará situada no salón do centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro ata o 10 de abril e o horario de visita é de luns a venres de 9:30 a 14:30 horas, con entrada de balde.

O Concello agradece “a Abanca Corporación Bancaria e á Fundación Abanca que conte con Barreiros para achegar a cultura a concellos coma o noso”.

Etiquetas:
06/03/2026

O Concello de Barreiros, a Fundación Abanca e Abanca Corporación Bancaria, asinaron un convenio de colaboración para traer a Barreiros a exposición Fauna Esencial. “É unha exposición dunha serie de fotografías de fauna ibérica. Cada unha delas, leva textos explicativos que dan datos das especies: hábitat, alimentación, ou perigos que enfronta actualmente para sobrevivir. Esta mostra está unida a Cultura por alimentos e haberá habilitado un estante para que a xente da zona poidan levar algún alimento, cando visiten a mesma, que será doado, ao remate do período expositivo. A exposición situarase no salón do Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro de San Cosme de Barreiros e abrirá de 9:30 a 14:30 h de luns a venres. A entrada é gratuíta”, explica o Concello de Barreiros, que engade: “o acto institucional de apertura será o venres 13 de marzo ás 11:30 horas e...

leer más
24/02/2026

A Biblioteca Municipal de Barreiros celebra o Día de Rosalía cunha exposición sobre a escritora que poderá visitarse durante esta semana, ata finais deste mes de febreiro.

 “O 23 de febreiro conmemoramos o legado dunha muller esencial na defensa e dignificación da lingua e da cultura galega, autora de obras fundamentais como Cantares gallegos. Desde a Biblioteca Municipal de Barreiros sumámonos a esta celebración cunha exposición que nos lembra a importancia de coidar e valorar o noso idioma e a nosa identidade. Podedes visitala durante toda a semana no horario habitual da biblioteca”, anuncia o Concello de Barreiros.

 

 

 

Etiquetas:
13/02/2026

O CENIMA de Foz acolle unha mostra de Entroido dedicada á comparsa local As Farangullas. Poderá visitarse ata o día 28 de febreiro, en horario de 9:00 a 14:00 horas. A inauguración foi presidida polo alcalde de Foz, Fran Cajoto, e tamén participaron varios concelleiros.

O Concello de Foz explica que esta exposición “pon en valor a creatividade, o traballo artesanal e o espírito do Entroido. As pregoeiras deste ano fan un percorrido pola súa historia como comparsa a través dos traxes que marcaron a súa traxectoria entroideira, nunha mostra chea de memoria, cor e identidade. Unha cita imprescindible para vivir o Entroido tamén a través da arte”.

E o deputado provincial Daniel García achegouse á inauguración da exposición de Entroido da comparsa As Farangullas de Foz, que mostra traxes, toucados, fotografías e...

leer más
Etiquetas:
07/02/2026

A exposición fotográfica de Anxo Cao titulada Azores: oasis atlántico poderá visitarse no Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos (Cervo), concretamente na Sala Xosé Vizoso, ata o día 8 de marzo, domingo.

O Concello de Cervo anuncia: “como sabemos que está gustando moito e para aqueles/as que aínda non a puidestes visitar anunciamos que a exposición amplíase un mes máis e poderá visitarse ata o 8 de marzo, no mesmo horario. Mergúllate na biodiversidade do Océano Atlántico a través dunha espectacular colección de fotografías subacuáticas. Un percorrido único pola fauna atlántica: aves mariñas, grandes cetáceos, quenllas, tartarugas e especies rarísimas captadas co máximo respecto polo medio mariño”.

31/12/2025

O belén instalado pola asociación Bágoas da Terra, de Viveiro, que inclúe figuras en movemento e co traxe rexional galego, pode visitarse no salón de exposicións da Biblioteca Municipal de Viveiro (antigo Concello) ata o día 6 de xaneiro, martes. Está aberto ao público de 12:00 a 13:30 horas e de 17:30 a 20:30.

As figuras e as maquetas foron feitas a man por Hortensio Gómez e o mural e carteis a óleo son obra de Esther Raposo.

Etiquetas:
26/12/2025

A Vila de Nadal de Vilanova de Lourenzá é este ano máis grande e inclúe varias novidades. Poderá visitarse ata o día 11 de xaneiro. Ademais o Concello aumentou a decoración nas parroquias de Santo Adrao, Santo Tomé e San Xurxo.

A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, explica que a Vila de Nadal “empezou no 2016, cando xurdiu a idea de facer unha decoración navideña con material reciclado. A partir dese momento foise creando cada ano algunha cousiña nova e innovando ata chegar a todo o que hoxe temos aí. Ao principio eran poucas cousas e agora xa se nos queda a praza pequena e temos que ir estendéndoa a outras zonas. Nesta edición seguimos avanzando no tema dos oficios e puxemos un barbeiro e unha biblioteca. Outra das novidades é un tiovivo, para aumentar a escena que vén a representar unha festa; xa tíñamos unhas lanchiñas, uns músicos e agora...

leer más
22/12/2025

O Colectivo Pensamento e Sementeira, de Viveiro, organiza para este martes, día 23 de decembro, actividades sobre tradición oral. Serán no Conservatorio de Música.

“O martes 23 de decembro imos converter o Conservatorio de Música de Viveiro nun espazo expositivo onde lembrar e compartir a nosa tradición oral”, anuncia Pensamento e Sementeira, que organiza unha exposición que poderá visitarse de 11:00 a 14:00 e 16:00 a 18:30 horas. É “un percorrido pola memoria das cantareiras e dos cantares populares, poñendo en valor as voces e os saberes transmitidos de xeración en xeración”. E tamén haberá un obradoiro de cantigas e tradicións de Nadal, de 18:30 a 20:00 horas; “un encontro arredor das cantigas e costumes do Nadal, dinamizado por Branca Villares”.

Estas actividades son gratuítas, pero para participar no...

leer más