Exposiciones

Etiquetas:
15/02/2023

A Comparsa Alfoz-Valadouro inaugura este xoves, 16 de febreiro, na Casa da Cultura de Alfoz, unha exposición temática sobre a súa traxectoria no Entroido. Poderase visitar ata o 10 de maio en horario de 15 a 20 h oras de luns a venres. 

Asemade, a exposición estará complementada cun taboleiro aberto para achegas fotográficas e receitas culinarias aportadas polos nosos maiores e relativas ó Entroido, todos os veciños que queiran compartir as súas fotos ou receitas tamén poderán facelo.

Por outro lado, contarase con doces de Entroido e unha chocolatada gratuíta para todos aqueles que se acheguen a inauguración da exposición.

08/01/2023

A Casa do Concello de Lourenzá acolleu o acto inaugural do ano dedicado a Francisco Fernández del Riego. O evento contou coa presenza do conselleiro de Cultura, dos presidentes da Deputación do Luqo, da Real Academia Galega e do Consello da Cultura Galega, de alcaldesas, alcaldes, concelleiras e concelleiros, así como de representantes de diferentes asociacións, da Fundación Penzol, da Editorial Galaxia, do CEIP Juan Rey, de Lourenzá, e do IES San Rosendo, de Mondoñedo, entre outros asistentes.

Na súa intervención a alcaldesa laurentina, Rocío López, comezou dando as grazas “a todos aqueles que contribuístes a que hoxe esteamos de celebración, en especial á Real Academia Galega, ás distintas corporacións municipais de Lourenzá, a Asociación Patrimonio Laurentino e tamén a todos os concellos da comarca da Mariña por todo o apoio prestado....

leer más
Etiquetas:
14/12/2022

Ata o 5 de xaneiro pódese visitar na Oficina de Turismo a exposición Ría de Ribadeo, que foi organizada polo obradoiro de emprego Vilas Coidadoras dentro da especialidade de Dinamización, Programación e Desenvolvemento de Accións Culturais.

A mostra está composta por trece planos e cartas náuticas da ría de Ribadeo, que van desde o ano 1662 ao 1932. Tamén se poden atopar aparellos de navegación cedidos polo mariñeiro xubilado Adolfo Conrado Álvarez Márquez, reproducións de instrumentos de cartografía antiga así como maquetas de barcos de época realizadas por Alfredo Sánchez. 

Ao acto de inauguración da exposición asistiron o alcalde, Fernando Suárez, e os concelleiros de Cultura e Turismo, Pilar Otero e Pablo Vizoso. O rexedor felicitou ao obradoiro de emprego polo traballo realizado. Desde o Concello animan a...

leer más
Etiquetas:
08/12/2022

O complexo cultural Regal Xunqueira, no municipio de Viveiro, acolle a exposición Xoias Rurais, con pinturas de Marisa Walsh Iglesias. Esta mostra poderá visitarse ata o 11 de febreiro de 2023.

Corría o ano 1964 cando Marisa veu por primeira vez a Galicia para visitar á súa avoa e, en palabras súas, con tan só 15 anos de idade quedouse totalmente prendada do lugar. Marisa é de nai galega e pai británico.

Vivindo en Londres descubriu o seu amor pola arte ós “trintaetantos” e apuntouse entón a Escola de Artes Putney. En 2014 prexubilouse e veu vivir a Mañón (A Coruña). Mercou unha casa na aldea, onde era visitada a cotío polos cabalos e vacas da veciñanza. Foi así como comezou o seu romance coa vida no campo.  Empezou un diario onde realizaba unha pintura por día. Algúns veciños pedíronlle que retratase os seus...

leer más
Etiquetas:
04/12/2022

O Concello de Cervo, a través da delegación de Cultura, pon en marcha un ciclo de exposicións baixo o título “Encontro coa arte” que se inaugura este mesmo mes de decembro da man da artesá Ana Ares, cunha mostra de traballos a ganchillo, que incluirá a realización de traballos en directo durante a visita. 

O rexedor, Alfonso Villares, e as edís de Cultura e Muller e Igualdade, Dolores García Caramés e Pilar Armada, respectivamente, achegáronse esta mañá ata a Casa da Cultura e puideron ver en primeira persoa o talento desta artesá e todo o que é quen de facer coas súas propias mans “desde roupa infantil, de adultos, todo tipo de complementos…”

Tal e como lles explicou Ares, “para ela a artesanía non é unha profesión, senón máis ben unha afección que lle apaixona dende nena gracias ás ensinanzas da súa avoa, que...

leer más
Etiquetas:
27/11/2022

Hasta el 22 de diciembre se puede visitar en el Castelo de Castro de Ouro una muestra del IEGPS. Se denomina “Os nosos castelos: Castro de Ouro e o mariscal Pardo de Cela”. Está promovida por el IEGPS con la colaboración del Concello de Alfoz, está comisariada por Eduardo Pardo de Guevara y Valdés, profesor “ad honorem” del CSIC, y cuenta con el patrocinio de la Axencia Galega de Turismo. 

Consta de 14 paneles interactivos sobre el castillo, el mariscal Pardo de Cela y su linaje, sus propiedades y su impacto cultural. 

Estará abierta al público hasta el 22 de diciembre. El horario de visitas, gratuitas, será los viernes, sábados y domingos, de 11:30 horas a 19:00 horas.

 

Etiquetas:
24/11/2022

Do 5 ao 30 de decembro poderase visitar na Sala de Arte da Casa da Cultura, en Burela,  "Creaturas", unha exposición de acuarelas da pintora burelá Mercedes Maseda Pernas. 

Trátase dunha mostra de variados motivos na que se poden atopar dende casas a animais pasando por retratos, como o de Frida kahlo e Benedicta Sánchez ou paisaxes da zona. 

A autora inspírase principalmente na natureza e nas súas raíces ligadas a Galicia. 

Haberá sorpresas, photocall e ata un concurso para a xente que se achegue a vela. 

A inauguración terá lugar o 5 de decembro ás 18:00 horas.

Etiquetas:
23/11/2022

Afundación e ABANCA asinaron  un convenio de colaboración co Concello de Foz para a realización da exposición «O noso planeta» que se poderá visitar de luns a venres de 09.00 a 14.00 horas no CENIMA desde o vindeiro 2 de decembro ata o 5 de xaneiro. «O noso planeta», reflexo do compromiso de Afundación coa sostibilidade e a protección do medio ambiente, está baseada na recoñecida serie homónima producida por Netflix e que bateu todos os récords de audiencia da súa programación, superando calquera serie ou película da súa carteleira. Ao acto de rúbrica asistiron Francisco Cajoto Caserío, alcalde de Foz; Óscar Rodríguez Rodríguez, coordinador institucional de ABANCA en Lugo e Ourense; e Beatriz Fernández-Anguiano, coordinadora institucional de Afundación en Lugo e Ourense.

A proposta da Obra Social de ABANCA consiste en presentar unha...

leer más
Etiquetas:
19/11/2022

A Pancha, a moeda local ribadense, será a protagonista dunha exposición que se poderá visitar nas principais rúas da vila e que inclúe tanto paneis explicativos do seu funcionamento como un percorrido polo pasado comercial de Ribadeo. 

O concelleiro de Comercio, Pablo Vizoso, lembra que “dende mediados do século XIX, Ribadeo foi un punto estratéxico para a actividade comercial, fortaleza que perdura ata o día de hoxe e aínda que os tempos cambiaron, a importancia do comercio na nosa vila é indiscutible, ata o punto de chegar a contar cunha moeda propia, a Pancha”.

O edil ribadense sinala que “se durante estes días paseamos polas principais rúas comerciais, en concreto por Rodríguez Murias, atoparémonos cunha exposición, que se divide en dúas partes e que está dedicada á nosa moeda, onde se amosa como e cando...

leer más
Etiquetas:
02/11/2022

A exposición “Galiza un país de festas. Ritos e festivos singulares”, incluída no programa de Exposicións Itinerantes da Rede Museística do Museo de Lugo, estará en novembro en Foz.

A Concellería de Patrimonio celebra así o Día Internacional do Patrimonio Mundial que se conmemora o 16 de Novembro. Trátase de poñer en valor neste caso o patrimonio inmaterial recollido nun Proxecto de salvagarda que durante os últimos anos levou a cabo a Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo. Principiou no ano 2007 baixo a coordinación da Asociación Lugo Patrimonio, co obxectivo de dinamizar e consolidar seis ritos festivos singulares do sur da provincia de Lugo, e de conservar e revitalizar os seus espazos xeográficos, castigados polo grave despoboamento.

Dende o principio, colaboraron activamente as asociación...

leer más