Exposiciones

Etiquetas:
07/08/2023

A partir do 8 de agosto e ata o 8 de setembro poderá visitarse na sala das Antigas Carboeiras no Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos a exposición de pintura de Alfredo Erias Martínez “Muller e poder en Roma”.

A mostra conta con 15 cadros do artista nado en Presedo (Abegondo). Erias Martínez é un historiador, pintor, debuxante e gravador galego que foi tamén director do Museo das Mariñas de Betanzos durante case 40 anos.

A exposición enmárcase na programación cultural de verán do Concello de Cervo.

Etiquetas:
02/08/2023

Entre os días 3 e o 27 de agosto poderase visitar a exposición “A península máxica” na Casa da Cultura de San Ciprián. A mostra comprende unha vintena de pezas da obra de Gloria Arranz Pardo. O horario de apertura  de luns a venres será de 9 a 15 horas.

Desde o Concello de Cervo comentan que “a obra en si é unha homenaxe a San Ciprián xa que moitas das obras están protagonizadas por lugares emblemáticos da vila”. 

 

Etiquetas:
01/08/2023

Unha mostra histórica e outra artística poden visitarse en Ribadeo ata o 5 e 6 de agosto respectivamente. Por unha banda, entre o martes 1 de agosto e o sábado 5 de agosto pode visitarse a exposición “Francisco Landín Pazos. Unha alborada para Ribadeo”, a cargo de Felipe Rea Otero, na oficina de turismo de Ribadeo. Neste caso está organizada pola asociación Amigos da Gaita Galega.

Por outra banda, dende o 26 de xullo e ata o 6 de agosto poderán coñecerse tamén as pinturas de Janet Felton en “Reflexións” sobre Castropol e Ribadeo, que se atopa na sala de exposicións do Campo San Francisco. O horario de apertura será de 17.30 a 21.30 horas.

Ambas mostras contan coa colaboración do Concello de Ribadeo.

Etiquetas:
27/07/2023

Este venres, 28 de xullo, terá lugar a inauguración da exposición “Somos Mar” ás 19.30 horas en Foz,  no Cenima. A sociedade cultural A Rula é a organizadora do evento artístico, que será de visita libre no horario do propio Cenima (9 a 14 horas de luns a venres) situado no Paseo da Ribera, 4.  Tamén poderá facerse  a través dunha visita guiada, na que se convida aos participantes a compartir os seus coñecementos e experiencias. 

A mostra pretende dar a coñecer o pasado mariñeiro da vila de Foz dende a emoción do relato da memoria colectiva do pobo, que aparece representada en cada unha das pezas recollidas. Ademais simboliza unha homenaxe a todos os homes e mulleres que fixeron do mar o sustento e parte da identidade da vila.

Tanto a asociación como a propia mostra nace do esforzo de Salustiano Alonso e...

leer más
Etiquetas:
15/07/2023

En xullo haberá visitas guiadas á exposición sobre o homeneaxeado na pasada edición das Letras Galegas 2023, Francisco Fernández del Riego, Serán os venres  14, 21 e 28 dende ás 11 ata a 13 horas no Museo de Arte Sacro.

A exposición “Cos ollos do seu espírito”, inaugurada no pasado maio, está organizada polo Concello de Lourenzá e a Xunta de Galicia así como a mesa  Don Paco de Lourenzá e a editorial Galaxia, da que foi co-fundador o protagonista. Nela, ten lugar un repaso polo seu traxecto vital e profesional para comprender quen foi a figura e o gran legado que deixou tras el.

O Museo de Arte Sacra de Lourenzá, a vila natal do protagonista do Día das Letras Galegas 2023, é a primeira parada da exposición Francisco Fernández del Riego. Cos ollos do seu espírito, comisariada por Malores Villanueva e Malós Cabrera...

leer más
Etiquetas:
15/07/2023

Desde o 14 de xullo e ata o 31 de outubro poderase de visitar a exposición “Esculpir o vento: Paisaxes” que forma parte da obra artística de Otero Regal en Viveiro.

A mostra estará no Complexo Cultural Regal Xunquiera. O horario será de 10 a 14 e de 16 a 20 horas de luns a venres  e de 10.30 a 13.30 os sábados.

Dende a década de finais dos 60 ven de formarse primeiro nas técnicas de debuxo e pintura e máis tarde na cerámica, profesión na que leva exercendo nos derradeiros trinta anos.

A cerámica e o mundo de Regal, a pesares de que toca outros anacos do arte como o gravado, a literatura, a ilustración e o debuxo, a súa labor desenvólvese en dous ámbitos; por unha banda produce unha cerámica de mercado caracterizada polo seu eido diferencial, e por outra, e de forma paralela, unha...

leer más
Etiquetas:
10/07/2023

Desde este luns, 10 de xullo, pódese desfrutar dunha nova exposición na Casa da Cultura.
Unha mostra colectiva de Abraham Moreno, Raquel Arias, Daniel San Miguel e Juan Manuel Regadera, todos eles estudantes de Belas Artes, que comparten con todos nós o seu talento.

Not Accademic é o título da súa obra conxunta composta por pezas de carácter visual e plástico cunha habilidade técnica que non podes deixar de apreciar, nas súas diferentes modalidades (debuxo, deseño, pintura, fotografía...).

Poderase visitar durante todo o mes de xullo, de luns a venres, en horario de 9:00 a 15:00 horas.

 

Etiquetas:
02/07/2023

As concelleiras de Cultura, Turismo e Benestar Social, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Elena Sierra, e a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, asistiron á apertura da exposición de arte cubano contemporáneo Bitácora Incompleta, de Ricardo Miguel Hernández e Yunior Aguiar Perdomo, que se pode visitar ata o 9 de xullo en horario de 19:30 a 21 horas na casa indiana de Don Gonzalo Bedoya, no nº 12 da rúa San Roque. 

Foron moitas as ribadenses e os ribadenses que se achegaron ata alí para gozar da beleza desa casa indiana e da mostra que alberga. E tiveron a oportunidade de departir cos seus protagonistas e con Ernesto Cruzado Estévez, o curador. 

Bitácora Incompleta enmárcase na programación do Ribadeo Indiano 2023. 

 

30/06/2023

Esta exposición, composta por oito pezas decoradas por ambas caras -co cal suman 16 creacións nas que aparecen representados os faros da Costa da Morte- estará instalada durante todo o ano no paseo do Torno, en San Ciprián para desfrute de veciños e visitantes.
Chega agora a Cervo tras pasar por diferentes localidades como Fisterra, Sanxenxo ou a cidade da Coruña.

Esta exposición pertence á penúltima edición do certame, a oitava, do "Concurso de Murales de Azulejo Lar", dirixido a estudiantes da ESO e que desde o primeiro momento tivo moita aceptación por parte dos centros, profesorado e alumnado.

 

Etiquetas:
26/06/2023

A sala das Carboeiras, no Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos, “está chea de vida este días, con dúas magníficas mostras que non vos podedes perder”, sinalan desde o Concello de Cervo.

Trátase dunha exposición de escultura, obra de Eduardo Rodríguez Osorio, que se pode visitar ata o 22 de xullo.

E unha mostra de pintura e arte en vivo de Laura Doldán Canedo, que estará aberta ata o 31 de agosto.

Horario de apertura de luns a venres de 10:00 a 14:00 horas, e a fin de semana de 10:00 a 20:00 horas. Pódese solicitar cita previa fóra destes horarios no teléfono 623 41 61 08