A exposición fotográfica de Anxo Cao “Azores: oasis atlántico” poderá visitarse no Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos (Cervo) ata o 8 de marzo

A exposición fotográfica de Anxo Cao titulada Azores: oasis atlántico poderá visitarse no Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos (Cervo), concretamente na Sala Xosé Vizoso, ata o día 8 de marzo, domingo.

O Concello de Cervo anuncia: “como sabemos que está gustando moito e para aqueles/as que aínda non a puidestes visitar anunciamos que a exposición amplíase un mes máis e poderá visitarse ata o 8 de marzo, no mesmo horario. Mergúllate na biodiversidade do Océano Atlántico a través dunha espectacular colección de fotografías subacuáticas. Un percorrido único pola fauna atlántica: aves mariñas, grandes cetáceos, quenllas, tartarugas e especies rarísimas captadas co máximo respecto polo medio mariño”.