O XVI Concurso de Tapas Cidade de Mondoñedo celébrase do 24 ao 26 de novembro

A hostalería de Mondoñedo, coa colaboración do Concello, organizan a XVI edición do Concurso de Tapas Cidade de Mondoñedo. Será os días 24, 25 e 26 de novembro -venres, sábado e domingo- e participarán: A Taberna da Galiana, Bodegón A Catedral, Faragullas, Viñoteca O Petisco, O Palique, O Rincón de Mondoñedo, O Porriño e A Bodeguiña.

As tapas poderán degustarse o venres pola noite, o sábado ao mediodía e á noite e o domingo ao mediodía. Cada local presentará as súas creacións que serán xulgadas por todas aquelas persoas que se acheguen a probalas. Entre as votacións do público sortearanse agasallos para agradecer a súa colaboración.