Convocado o oitavo concurso de fotografía O Mellor Recuncho de Mondoñedo

O Concello de Mondoñedo, a través da Concellería de Cultura, convoca o VIII Concurso de Fotografía O Mellor Recuncho de Mondoñedo baixo o lema “Elixe o lugar de Mondoñedo que máis che gusta”, que ten por finalidade a elaboración dun calendario para o vindeiro ano 2024 coas mellores fotografías de recunchos da localidade. O prazo de presentación de orixinais rematará o 30 de novembro.

As fotos presentaranse en soporte dixital no enderezo de correo electrónico recunchosdemondonedo@gmail.com e deberase indicar no asunto “Concurso Fotografía 2023”. No corpo do correo incluirase o nome do/da participante e un número de teléfono de contacto. Cada concursante poderá presentar só unha foto, que deben enviarse en formato jpg, tif ou bmp e cunha calidade de máis de 750Kb.

Como todos os anos serán premiadas tres fotos.