Charlas
O escritor palestino Mohamed Safa ofrecerá unha conferencia en Ribadeo titulada Gaza, un xenocidio televisado. Será o día 6 de febreiro, venres, ás 20:30 horas no salón de actos da Casa do Mar.
Esta actividade está organizada pola Agrupación Cultural Francisco Lanza, que explica que Mohamed Safa é un “palestino afincado en Galiza que escribiu un libro sobre a masacre cometida por parte do sionismo fascista co pobo palestino”.
O GALP A Mariña Ortegal organiza unhas xornadas formativas para presentar a convocatoria de axudas ao abeiro da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) 2021-2027. En Burela terá lugar o 27 de xaneiro e en Viveiro será o 30 de xaneiro.
“Unha vez publicada xa a nova orde de axudas para a aplicación da estratexia de desenvolvemento local do GALP A Mariña Ortegal, e co obxectivo de mellorar as competencias das persoas e entidades promotoras na presentación de proxectos, vanse a desenvolver tres xornadas informativas de carácter aberto. O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro da Mariña Ortegal pon en marcha unhas xornadas informativas sobre o programa de axudas do Fondo Europeo, Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), que xestiona o GALP na zona costeira que comprende aos concellos de Valdoviño, Cedeira, Cariño,...
leer másA Casa do Forno, en Celeiro (Viveiro), acollerá unha charla sobre autismo. Será o día 31 de xaneiro, sábado, ás 17:00 horas.
Anúnciao o Concello de Viveiro, que colabora coa Asociación de Familias Neurodivergentes de A Mariña Lucense y Ortegal (ASFANEMOR) nesta charla “imprescindible para visibilizar e comprender a realidade do autismo desde unha perspectiva de esperanza e superación. A sesión será impartida por Patricia Gómez, nai de Dani Blanco (@elvuelodedani), quen compartirá a súa experiencia baixo o lema O autismo, un camiño diferente, pero xamais imposible”.
A entrada de balde, ata completar aforo. Para inscricións e máis información as persoas interesadas poden contactar a través do teléfono 646.51.46.01 e do correo electrónico asfanemor@gmail.com.
... leer másO Concello de Ribadeo retoma as charlas de saúde do programa Preto de Ti, “reafirmando así a súa aposta pola promoción e prevención da saúde entre a poboación. Esta nova edición estará dedicada á prevención, control e mellora da calidade de vida das persoas que conviven coa diabetes, unha enfermidade moi prevalente e que afecta a unha porcentaxe importante da poboación, especialmente a maiores. A través destas sesións, ofrecerase información clara e novos coñecementos para axudar á veciñanza a comprender mellor a diabetes e aprender que, con pequenos coidados diarios, é posible manter unha boa saúde e unha boa calidade de vida”.
As charlas terán lugar nas seguintes datas e horarios: en Vilaselán o 27 de xaneiro ás 18:00 horas; en Ribadeo o día 28 deste mes, tamén ás 18:00 horas; en Arante o 3 de febreiro ás 16:30 horas; en Cedofeita o 5 de...
leer másO día 31 de xaneiro, sábado, ás 18:00 horas os Colexios Vellos de San Miguel de Reinante acollerán unha charla coloquio titulada Furnas do concello de Barreiros. Toponimia e curiosidades xeolóxicas da costa.
Está organizada polo Seminario de Estudos Os Espigueiros, de San Miguel de Reinante, e participarán os espeleólogos Xurxo Lorenzo e Javi Fouz.
Ribadeo acolle este sábado, día 27 de decembro, o evento titulado Encontro Agroecolóxico Saúde e Cooperación.
Está organizado polo colectivo Eo Alimenta, que anuncia: “este sábado temos unha cita en Ribadeo, na Casa do Viejo Pancho. De 16:30 a 17:30 horas contaremos con María González, para a charla taller O impacto da alimentación na saúde da muller. A alimentación ten un papel decisivo na saúde da muller ao longo de toda a súa vida. Neste taller abórdase como os alimentos inflúen no equilibrio hormonal, na saúde intestinal, na inflamación e no benestar físico e emocional desde a infancia ata a menopausa. Explícase a importancia de consumir alimentos de calidade, ecolóxicos, de tempada e proximidade, destacando o impacto negativo dos pesticidas e dos disruptores endócrinos na saúde feminina. O taller percorre as...
leer másA sexta edición do Consello Alimentario do Eo terá lugar na Casa da Cultura da Pontenova este xoves, día 18 de decembro, de 09:30 a 14:00 horas.
O programa inclúe as seguintes actividades: benvida e introdución, A voz das consumidoras, lanzamento da fase actual do TestEo, presentación do Selo do Eo Alimenta e pleno do Consello.
Barreiros acollerá este venres, día 12 de decembro, ás 19:00 horas unha charla sobre as escavacións arqueolóxicas realizadas no Feal da Paula e no castro de San Bartolo.
“Nas últimas semanas estiveron realizándose escavacións arqueolóxicas no Feal da Paula (San Miguel) e na zona do San Bartolo. Para coñecer os resultados das sondaxes e incluso ver algún dos restos atopados nas zonas escavadas, o equipo arqueolóxico organiza unha charla explicativa aberta ao público. Así que se tes curiosidade por saber que se esconde (arqueoloxicamente falando) na nosa costa, achégate o venres 12 de decembro ás escolas unitarias de San Cosme (a carón do Concello) ás 19:00 horas. Non perdas a oportunidade de aprender un chisco máis sobre a nosa historia!”, anuncia o Concello de Barreiros.
O Concello de Viveiro porá en marcha este mércores, día 10 de decembro, ás seis da tarde, un novo ciclo de charlas para familias. A programación “está orientada a ofrecer ferramentas e información práctica sobre educación, convivencia e benestar da mocidade”. Os encontros celebraranse na Sala Multiusos da Casa do Concello e a entrada será gratuíta ata completar aforo.
A primeira charla, titulada Tecnoloxía e rapazada. Riscos, límites e uso responsable, será impartida por Ramón Peña, especialista en formación sobre seguridade dixital. No acto participarán Mariña Gueimunde, alcaldesa de Viveiro, e o director do Centro de Formación e Recursos de Lugo.
Mariña Gueimunde subliñou a importancia desta iniciativa: “as familias enfróntanse cada día a novos retos: o uso das pantallas, a convivencia, a saúde...
leer másTrabada acollerá este venres, día 12 de decembro, ás 12:00 horas na Casa da Cultura, o coloquio titulado Que raio fai o meu concello en África?, unha actividade organizada polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, entidade coa que o Concello de Trabada colabora.
A sesión contará coa participación de persoas que formaron parte de misións internacionais en distintos países africanos, que compartirán a súa experiencia sobre a realidade social, económica e humanitaria destes territorios e explicarán o labor que realizan os concellos galegos a través da cooperación internacional.
O alcalde de Trabada, Rubén García, destaca que se trata dunha actividade aberta a todos os públicos, “moi enriquecedora para coñecer de primeira man como viven outras comunidades e cal é o impacto directo da solidariedade que exercemos desde...
leer más












