Charlas

Etiquetas:
18/10/2025

O programa CON-VIVINDO, de Cáritas Diocesana de Mondoñedo-Ferrol, en colaboración coa Oficina Municipal de Voluntariado do Concello de Viveiro, organiza unha charla “para visibilizar a soidade non desexada das persoas maiores e promover a participación cidadá a través do voluntariado”. Será o xoves 23 de outubro ás 17:00 horas na Sala de Usos Múltiples do Concello de Viveiro.

O Concello de Viveiro explica que “este programa busca previr o illamento social das persoas maiores, creando vínculos de confianza e benestar mediante encontros periódicos e seguros, baseados na escoita activa, o bo trato e a empatía” e anima “a participar e a coñecer como o voluntariado pode transformar vidas!”.

Etiquetas:
16/10/2025

Técnicos especialistas en medio ambiente formarán aos inscritos no programa de compostaxe domiciliaria municipal de Barreiros. O día 21 de outubro, martes, realizarase unha charla nas Escolas de San Cosme (ao lado do Concello) ás 19:00 horas. Nestas xuntanzas tamén se entregarán ás persoas participantes os kits de compostaxe compostos por un composteiro, cun caldeiro doméstico, un aireador, un termómetro, unha criba e unha guía de compostaxe.

O Concello de Barreiros explica que “esta iniciativa, que se desenvolve co obxectivo de promover a reciclaxe en orixe dos biorresiduos entre a veciñanza, conta co financiamento da Xunta de Galicia, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia,  a través da Unión Europea NextGenerationEU e do propio Concello de Barreiros. Os veciños e veciñas que non se inscribiran e aínda estean...

leer más
Etiquetas:
10/10/2025

Os días 17 e 18 de outubro terá lugar a I Xornada arredor do Forte de San Damián, enmarcada no programa Ribadeo cara o Mar. 

A concelleira de Cultura, Begoña Sanjujro, explicou que “os días 17 e 18 de outubro, organizadas polo Concello, dentro das actividades de Ribadeo cara o Mar, levarase a cabo a primeira Xornada arredor do Forte de San Damián, un encontro divulgativo que busca poñer en valor o patrimonio fortificado costeiro e promover a conservación dun dos símbolos máis singulares da nosa vila”. 

A edil ribadense contou que “o programa consta de 4 sesións temáticas nas que especialistas de Galicia e Asturias abordarán a evolución das defensas costeiras dende o século XVI ata a época contemporánea, con especial atención ao papel estratéxico da ría de Ribadeo”. 

Sanjurjo dixo que “...

leer más
Etiquetas:
07/10/2025

Viveiro acollerá unha charla da Policía Nacional sobre seguridade para os maiores. Será este mércores, día 8 de outubro, ás 16:30 horas na Aula CEMIT, que está nos Claustros de San Francisco.

O Concello de Viveiro anuncia que “a Asociación de Familiares de Persoas con Alzheimer (AFA) de Viveiro e a Policía Nacional invítanlles a unha charla informativa sobre o Plan Maior Seguridade. Esta é unha excelente oportunidade para aprender a previr situacións de risco e protexerse fronte a delitos comúns. Temas a tratar: Roubos en domicilios e entidades financeiras, estafas, furtos, e resolución de dúbidas de interese para o día a día”.

Etiquetas:
05/10/2025

A Casa da Cultura da Pontenova acollerá unha charla sobre como vender a través de WhatsApp. Será o día 7 de outubro, martes, de 19:00 a 21:00 horas.

O Concello da Pontenova anuncia: “atención emprendedores e autónomos da Pontenova! Queres aprender a vender de maneira doada, rápida e segura a través de WhatsApp? Convidámoste á charla de balde Vender a través de WhatsApp seguro, onde descubrirás como aproveitar esta ferramenta para facer medrar o teu negocio sen riscos. Non perdas esta oportunidade para impulsar as túas vendas e protexer o teu emprendemento. Charla gratuíta organizada polo GDR3. Non perdas esta oportunidade!”

22/09/2025

A asociación Terras de Miranda, coa colaboración do Concello de Burela, organiza unha charla informativa sobre comunidades enerxéticas este mércores, día 24 de setembro, ás 20:00 horas no salón de actos municipal. A entrada será libre e gratuíta para todas as persoas interesadas.

O Concello de Burela explica que o obxectivo desta iniciativa é “achegar á cidadanía o concepto das comunidades enerxéticas e dar a coñecer as súas vantaxes. Así durante a sesión explicaranse todas as oportunidades que ofrecen para a explotación dos recursos locais, os beneficios económicos e ambientais que supoñen, así como os pasos necesarios para poñer en marcha este tipo de proxectos. Dita actividade enmárcase no programa ‘Impulso CERES’, que está a desenvolver charlas informativas en distintos puntos da provincia de Lugo. Este programa é promovido pola...

leer más
17/09/2025

O colectivo Mariña Patrimonio convida a todas as persoas interesadas a participar no acto público de presentación das escavacións arqueolóxicas que se están a realizar en Santo Estevo do Ermo, no municipio de Barreiros. A cita será este xoves, día 18 de setembro, ás cinco da tarde.

“Durante a visita os arqueólogos responsables da intervención explicarán o traballo realizado estes días e amosarán os principais achados. Con este encontro preténdese compartir cos asistentes os avances da investigación e destacar a importancia de Santo Estevo polo seu valor patrimonial e arqueolóxico”, explica Mariña Patrimonio.

A intervención arqueolóxica está promovida por Mariña Patrimonio, co apoio económico da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e coa colaboración do Concello de Barreiros. Tamén participan a Eira da Xoana-ADEGA...

leer más
Etiquetas:
16/09/2025

Este venres, día 19 de setembro, ás sete da tarde, a Biblioteca Pública Municipal El Viejo Pancho, de Ribadeo, (rúa Antonio Otero, 19), acollerá o evento Soberanía Dixital VII: Contra-algoritmia. “Unha actividade pensada para achegar ó público en xeral a unha mellor comunicación e comprensión do control que podemos sufrir co uso dos programas informáticos a través das redes que usamos para comunicarnos”, anuncia a organización, a cargo do colectivo amarinha.gal.

A actividade consistirá nunha presentación, exemplos, reparto de fanzine e máis, incluído un coloquio no que participará toda persoa interesada. Esta é a sétima actividade do ciclo que se está a desenvolver ó longo de 2025, impulsado polo grupo amarinha.gal, en locais solicitados e concedidos polo Concello para sucesivas presentacións e talleres sobre “a moitas veces...

leer más
Etiquetas:
15/09/2025

A FCAM (Federación de Comercio A Mariña) organiza unha mesa redonda este xoves, 18 de setembro, para facer balance turístico do verán. Será no Cenima, en Foz, ás 19:30 horas. Intervirán: José Carlos Paleo, presidente de Acia Foz; Jorge Orosa, vicepresidente de Acia Burela; Isabel Méndez, xerente do CCH Viveiro; Carmen Cruzado, presidenta da FCAM; Alejandro Balseiro, CEO do Hotel Urban; Belén Prado, CEO de Cámping Rinlo Costa; Andrea Rodríguez, CEO de Apartamentos Casa Fandín; Paloma Vázquez, xefa de Turismo da Xunta de Galicia en Lugo; e Fran Cajoto, alcalde de Foz.

“Queremos entre todas e todos facer un balance turístico do que foi este verán que está a piques de rematar e que nos deixa cifras e imaxes para o análise e a reflexión”, sinala Carmen Cruzado.

O acto é aberto ao público.

10/09/2025

O Concello de Cervo anuncia que este xoves 11 de setembro ás 18:00 horas na Casa da Cultura de San Ciprián terá lugar a primeira das charlas de formación en corresponsabilidade, titulada Corresponsabilidade na comunicación afectiva funcional. As seguintes charlas deste ciclo serán os días 18, 23 e 25 de setembro.

Esta actividade enmárcase dentro do Plan Corresponsables 2025, financiado pola Unión Europea e pola Xunta de Galicia, que promove os plans de sensibilización e formación en corresponsabilidade e coidados, con especial incidencia na participación de homes e familias.

“Un espazo de encontro e aprendizaxe para avanzar cara unha sociedade máis igualitaria e corresponsable”, destaca o Concello de Cervo.