Charlas
O venres 6 de xuño ás cinco e media da tarde a Biblioteca Pública Municipal de Ribadeo El Viejo Pancho acollerá o evento titulado Soberanía Dixital V: A IA. Posibilidades e perigos.
“Unha actividade pensada para achegar ó público en xeral a unha mellor comunicación e comprensión dunha ferramenta cada vez máis ubicua, de uso cada vez máis xeneralizado tanto a nivel persoas como empresas ou institucións, e abranguendo cada vez máis actividades. Nesta ocasión o evento de amarinha.gal terá un formato de debate entre os enxeñeiros Mario Penelo e José Manuel Ventoso, ambos movéndose con familiaridade no entorno da IA. O debate será moderado pola escritora Lucía Ferro. Asemade haberá tempo para un pequeno coloquio posterior”, explica o grupo amarinha.gal, que engade: “esta é a quinta actividade do ciclo que se desenvolverá ó longo de...
leer másO mércores 28 de maio ás 20:00 horas na Sala Bahía, de Foz, o Foro Social da Mariña organiza unha conferencia coloquio titulada Ucrânia, militarismo, impérios, a cargo de Carlos Taibo Arias, escritor e profesor xubilado da Universidade Autónoma de Madrid.
O Foro Social da Mariña explica que “a guerra de Ucrânia ten revelado moitas das miserias do planeta contemporáneo, e entre elas a natureza belicista dos impérios, a condición sumisa da UE e o esquecemento permanente do sufrimento da xente común. Á condena do militarismo ruso compre agregar unha crítica radical do expansionismo occidental. E compre lembrar, en paralelo, un escenario marcado poderosamente polas crises social e ecolóxica. A conferencia abordará esta escalada bélica e as súas consecuencias, a situación xeopolítica actual, o incremento do gasto en defensa, a...
leer másRibadeo acogerá una jornada sobre salud cardiovascular este jueves, día 22 de mayo. Será en el Salón de los Alcaldes, en la casa consistorial ribadense, a las 19:30 horas con entrada libre.
La bienvenida y presentación correrá a cargo del alcalde de Ribadeo, Daniel Vega Pérez, y de los directores de la jornada, que son Eduardo Barge Caballero (presidente de la Sociedade Galega de Cardioloxía) e Isaac Pascual Calleja (presidente Sociedad Asturiana de Cardiología).
Los moderadores serán el cardiólogo ribadense José Antonio Lombán Villanueva y Cristina Riveiro Rodríguez (presidenta de la Filial Gallega de la AECC).
Sobre Corazón y enfermedad cardiovascular: nociones básicas hablarán Charigan Abou Jokh Casas (cardióloga en el Hospital Lucus Augusti, de Lugo) y Rafael Vidal Pérez (...
leer másO venres 23 de maio ás 19:00 horas no Salón de Actos de Xove terá lugar unha charla coloquio organizada polo Departamento de Servizos Sociais do Concello e a Asociación Saúde Mental A Mariña, na que intervirán María José Novoa e Sonia Nogueiras.
“Un espazo aberto para reflexionar, compartir e aprender sobre a importancia da saúde mental”, anuncia o Concello de Xove.
A entrada é libre.
O mércores 21 de maio, de 19:00 a 21:00 horas, celebrarase na Sala Multiusos do Concello de Viveiro un obradoiro sobre novos modelos de innovación nos sectores do turismo e o comercio, no marco do programa Conecta Lugo, organizado pola CEL e financiado polo IGAPE.
O Concello de Viveiro anuncia: “durante a xornada, abordárase como innovar nestes sectores e presentaranse diferentes liñas de axuda e apoios públicos dispoñibles. Contaremos coa participación da Oficina Económica de Galicia, o IGAPE e a Axencia Galega de Turismo, da man de Paloma Vázquez, ademais de representantes de negocios punteiros que compartirán os seus casos de éxito. Peche con espazo de networking e picoteo”.
A asistencia é gratuíta, pero as prazas son limitadas.
La asociación vecinal de San Román, en el municipio de O Vicedo, anuncia que “este próximo domingo, 18 de mayo, a las 17:00 horas en la Escola do Vilar, en San Román do Val (O Vicedo) y dentro del Plan Mayor de Seguridad, tendremos una charla coloquio sobre estafas a través del móvil -vía WhatsApp, SMS, etcétera- impartida por agentes de la Guardia Civil”.
La entrada es gratuita hasta completar el aforo.
O Círculo Habanero da Devesa, no concello de Ribadeo, acollerá charlas sobre seguridade destinadas a persoas maiores este sábado, día 17 de maio, e tamén o 24 de maio. Serán ás 18:00 horas e estarán dirixidas por un membro da Garda Civil.
A deste sábado 17 tratará sobre estafas, timos, furtos, accidentes domésticos, normas de circulación e desaparecidos.
E a do día 24 será unha charla preventiva de estafas telefónicas, sms e whatsapp.
O Concello de Cervo anuncia que para este mes de maio ten programados novos faladoiros da iniciativa denominada Arruguiñas Charlando abertos á poboación en xeral. Serán os martes 13, 20 e 27 e tratarán sobre consumo.
“Son unhas xornadas participativas nas que se abordarán temas moi interesantes para o consumidor baixo o epígrafe Consumo en Ruta, en colaboración coa Xunta de Galicia e a Asociación de Xubilados Terramar. O primeiro será este mesmo martes, 13 de maio, ás 18:30 horas baixo o título Coñece os teus dereitos como consumidor. No local da Asociación de Xubilados Terramar, na Casa do Mar. E a continuación as persoas asistentes compartirán unha merenda”, explica o Concello de Cervo.
O Concello de Ribadeo segue apostando polo benestar e a saúde das persoas maiores, e este mes de maio preséntase co tema O coidado da pel: o manexo e a prevención das úlceras por presión. As datas e os lugares de celebración serán os días 14 de maio ás 18:00 en Ribadeo, o 15 ás 16:00 en Cedofeita, o 26 de maio ás 16:00 en Cinxe e o 27 de maio ás 18:00 en Vilaselán.
A concellería de Benestar Social, Saúde e Familia, anuncia a realización dunha serie de charlas informativas durante o mes de maio en diferentes parroquias do municipio. Esta iniciativa enmárcase dentro do programa Preto de Ti, “que ten como obxectivo achegar recursos de saúde, autocoidado e prevención á veciñanza, especialmente á poboación maior e aos seus coidadores”, lembra Elena Sierra.
A edil ribadense explica que “as charlas serán...
leer másEl colectivo Observatorio Ciudadano de la Biodiversidad organiza un acto en Ribadeo para dar a conocer sus actividades. Será este viernes, día 2 de mayo, a las 18:00 horas en la casa consistorial ribadense, concretamente en el Salón dos Alcaldes.
“¿Te gusta la naturaleza? ¿Siempre te preguntas qué planta o animal estás viendo? ¡Ven a descubrir Observation.org! Una plataforma de ciencia ciudadana donde puedes subir tus observaciones de flora y fauna y ayudar a la ciencia con tus fotos. Veremos cómo registrar observaciones desde nuestro PC y a usar las apps Obsidentify y Observation. Exploraremos la biodiversidad de Ribadeo y otras localizaciones. ¡Y mucho más! Si quieres saber más escríbenos a contacto@ocbribadeo.org. Te esperamos el viernes día 2 de mayo a las 18:00 horas en el Salón de Alcaldes...
leer más












