Charlas
O Concello de Ribadeo, a través do Centro de Información á Muller (CIM), organiza os días 13 e 14 de marzo de 2026 as Xornadas Formativas: Corresponsabilidade e implicación dos homes nos coidados, que se celebrarán no Salón de Alcaldes.
A concelleira de Igualdade, Begoña Sanjurjo, explicou que “a iniciativa enmárcase nas actividades arredor do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, e pretende abrir un espazo de reflexión e formación dirixido a profesionais dos ámbitos educativo, social, sanitario, xurídico, forzas e corpos de seguridade e tecido asociativo, así como a persoas interesadas en avanzar cara a unha sociedade máis igualitaria”.
O programa combinará relatorios e espazos de diálogo arredor de cuestións como a distribución dos coidados, os usos do tempo ou o papel dos homes na construción de modelos...
leer másFrancisco Javier Sampedro Costas ofrecerá en Viveiro la conferencia titulada Anotaciones sobre la historia y el arte en la Semana Santa. Será este jueves, día 5 de marzo, a las 20:30 horas en la Sala Multiusos del Concello.
Será la conferencia de apertura de la programa cultural ADRAL, organizada por la Xunta de Cofradías de la Semana Santa de Viveiro, que explica que Francisco Javier Sampedro Costas “es un viveirense que a pesar de residir por su profesión fuera de la ciudad, hoy ya jubilado tiene una residencia aquí que visita asiduamente. Esperamos que sea muy concurrida por su vínculo con muchas personas como pacientes viveirenses, compañeros de estudios y por su vivencia e nuestra ciudad”.
El ginecólogo de la clínica Ribera Polusa Viveiro, el doctor Ezequiel Cardoso, participa en la tercera edición de la charla anual Mujer y Salud, que este año se celebra en el Espacio+60 de Afundación Viveiro, que está en Travesía da Mariña, número 49. En esta ocasión el especialista abordará el tema de cómo identificar señales de alarma en un sagrado ginecológico y cómo actuar según los casos. El título de la conferencia es Sangrado ginecológico: identificar y actuar a tiempo. Será el miércoles 11 de marzo a las 18:00 horas
La entrada es gratuita y libre hasta completar aforo.
O Foro Social da Mariña organiza unha charla coloquio titulada Dependencia e Discapacidade: Problemas e propostas. Celebrarase este venres, 6 de marzo, ás 20 horas na sala de conferencias da antiga biblioteca de Burela e terá como ponente a Francisco L. Vázquez Vizoso, epidemiólogo e médico especialista en medicina preventiva, ex xefe do servizo de medicina preventiva do complexo hospitalario de Pontevedra e membro do grupo promotor da Asociación Galega en Defensa do Sistema Público de Dependencia e Discapacidade (ASGADeD).
“Lonxe da visión actual da Xunta de Galicia, a análise dos datos do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia en Galicia (SAAD), amosa para unha redución das prestacións de servizos esenciais, como os servizos de atención no fogar (SAF), os servizos de centros de día (SCD), ou os dos servizos de...
leer másO Concello de Trabada conmemora o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, cunha programación especial centrada na saúde e no benestar das mulleres, a través da celebración de dúas charlas informativas que terán lugar na Casa da Cultura de Trabada o luns 9 de marzo.
A xornada contará con dúas sesións diferenciadas. A primeira delas desenvolverase en horario de 11:00 a 13:00 horas, baixo o título Coñece a túa peri/menopausia, e estará enfocada en ofrecer información e ferramentas para comprender esta etapa vital desde unha perspectiva próxima e divulgativa. Pola tarde, de 16:00 a 18:00 horas, celebrarase a charla Coñece e coida o teu solo pelviano, centrada na prevención, coidado e saúde do solo pelviano.
Para participar nas charlas é necesaria inscrición previa, que poderá realizarse a través do...
leer másA Concellería de Benestar Social, Saúde e Familia retoma no mes de marzo as charlas informativas sobre saúde baixo o título Colesterol e Saúde Cardiovascular, unha iniciativa enmarcada no programa municipal Preto de ti, que achega actividades e servizos ás diferentes parroquias do municipio de Ribadeo.
As sesións desenvolveranse nas escolas das distintas parroquias nas seguintes datas e horarios: Vilaselán, o 10/03/26 ás 18:00 horas; Ribadeo, o 11/03/26 ás 18:00; Cedofeita, o 12/03/26 ás 16:15 horas; A Devesa, o 17/03/26 ás 10:00; Arante, o 17/03/26 ás 16:30 horas; Cinxe, o 23/03/26 ás 16:15; e Rinlo, o 24/03/26 ás 16:15 horas.
A concelleira Elena Sierra explica que “durante estas charlas abordaranse cuestións fundamentais para o coidado da saúde cardiovascular, como a alimentación axeitada, os factores de risco,...
leer másVilanova de Lourenzá acollerá este sábado, día 28 de febreiro, de 10:00 a 13:00 horas unha xornada formativa sobre o castiñeiro de froito.
Esta actividade está organizada polo Sindicato Labrego Galego, que anuncia: “para tratar de saber máis do potencial do cultivo e tratar de poñer os medios para que alguén que decida realizar unha plantación teña os coñecementos necesarios realizaremos esta charla no Salón de Actos do Concello de Lourenzá. Impartida pola Asociación Galega das Castañas e dos Soutos e coa colaboración do Concello de Lourenzá. A entrada é de balde”.
Con motivo do Día Mundial do Cancro, que se conmemorou o 4 de febreiro, celebrarase un acto en Viveiro no que se presentará o novo modelo de atención integral da Asociación Española Contra o Cancro. Será o martes 24 de febreiro ás 12:00 horas no salón de actos do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro.
O colectivo organizador desta actividade explica que “este modelo está baseado nas prioridades que as persoas con cancro e os seus familiares identificaron como aspectos esenciais para recibir unha atención máis humana durante o proceso da enfermidade”.
O programa de charlas de saúde Preto de ti, do Concello de Ribadeo, amplía o seu alcance coa incorporación de dúas parroquias máis, Rinlo e A Devesa, achegando á veciñanza información clave sobre a diabetes, o seu control, a prevención e a mellora da calidade de vida.
O Concello de Ribadeo explica que “estas sesións teñen como obxectivo ofrecer ferramentas prácticas e accesibles para que a poboación poida coidar da súa saúde, fomentar hábitos de vida saudables e resolver dúbidas relacionadas cunha enfermidade cada vez máis presente na sociedade”.
A concelleira de Benestar Social, Saúde e Familia, Elena Sierra, anima a toda a poboación a participar nestas charlas e amosa a súa satisfacción pola boa acollida da iniciativa: “estamos moi contentas coa participación da xente. Que a veciñanza se implique, se informe e...
leer másO escritor palestino Mohamed Safa ofrecerá unha conferencia en Ribadeo titulada Gaza, un xenocidio televisado. Será o día 6 de febreiro, venres, ás 20:30 horas no salón de actos da Casa do Mar.
Esta actividade está organizada pola Agrupación Cultural Francisco Lanza, que explica que Mohamed Safa é un “palestino afincado en Galiza que escribiu un libro sobre a masacre cometida por parte do sionismo fascista co pobo palestino”.












