Charlas
Viveiro acollerá este venres, día 13 de marzo, unha xornada de reflexión e posta en valor do liderado feminino. Será na Sala Multiusos do Concello ás 20:00 horas.
O Concello de Viveiro anuncia: “dentro da programación do 8M, convidámosvos a unha xornada de reflexión e posta en valor do liderado feminino en diversos ámbitos da nosa sociedade. Contaremos coa presenza de referentes en sectores tan diversos como o gandeiro, o marítimo, a saúde, a enxeñaría ou a estratexia empresarial. Mulleres que, co seu exemplo e loita, lideran o territorio e os sectores estratéxicos”.
Este luns, 10 de marzo, tivo lugar na parroquia ribadense de Vilaselán a primeira charla de saúde do programa Preto de ti, organizada pola Concellería de Benestar Social, Saúde e Familia. A xente achegouse a informarse e reflexionar sobre hábitos saudables, neste caso centrados no colesterol e, sobre todo, na prevención da saúde cardiovascular. As charlas, impartidas pola enfermeira María Roel, amplíanse para chegar a máis parroquias, neste caso a Vilaframil, onde terá lugar o 7 de abril. O 11 de marzo haberá charla en Ribadeo ás 18:00 horas; o día 12, ás 16:15 horas en Cedofeita; o 17 de marzo será na Devesa ás 10 da mañá; tamén o 17 en Arante ás 16:30 horas; en Cinxe o 23 de marzo ás 16:15 horas; e en Rinlo o día 24 ás 16:15 horas.
A concelleira de Benestar Social, Saúde e Familia en Ribadeo, Elena Sierra, anima á veciñanza a seguir...
leer másRibadeo acollerá este sábado, día 14 de marzo, a conferencia titulada As raíñas de Galiza: Urraca, a emperatriz de todos os galegos, a cargo de Heitor Picallo Fontes. Será Casa do Viejo Pancho ás 19:00 horas.
Esta charla está organizada pola Agrupación Cultural Francisco Lanza, que anuncia: “Heitor Picallo, que publicou varios estudos sobre as raíñas de Galiza, achégase até Ribadeo para falarnos de Urraca, a emperatriz de todos os galegos e galegas. Na ACFL xa sabemos do bo facer de Heitor Picallo, pois temos visto a súa valía como ilustrador nas presentacións que realizou Xosé Henrique Costas das súas novelas (Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino) e que tan gratas lembranzas deixou. Pero nesta ocasión imos escoitar ao Heitor Picallo historiador. Imos coñecer novos datos sobre ese reino de Galiza que...
leer másO Concello de Xove, a través da Concellería de Servizos Sociais, Sanidade, Muller e Políticas de Igualdade, programa unha serie de charlas formativas dentro da programación do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, para familias e docentes. O 11 de marzo terá lugar a primeira delas: Comunicación consciente e corresponsable; a segunda será o 25 de marzo, sobre Organización, estudos e responsabilidade compartida; e a terceira terá lugar o 8 de abril e tratará sobre o Uso das tecnoloxías e límites conscientes.
“As charlas obradoiro están destinadas a familias e a docentes, e ao longo destas tres sesións, impartidas por dona Luz Campo, docente e coach da empresa Uniser Coaching, ofreceranse ferramentas prácticas para mellorar as dinámicas familiares e educativas,...
leer másO Concello de Ribadeo, a través do Centro de Información á Muller (CIM), organiza os días 13 e 14 de marzo de 2026 as Xornadas Formativas: Corresponsabilidade e implicación dos homes nos coidados, que se celebrarán no Salón de Alcaldes.
A concelleira de Igualdade, Begoña Sanjurjo, explicou que “a iniciativa enmárcase nas actividades arredor do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, e pretende abrir un espazo de reflexión e formación dirixido a profesionais dos ámbitos educativo, social, sanitario, xurídico, forzas e corpos de seguridade e tecido asociativo, así como a persoas interesadas en avanzar cara a unha sociedade máis igualitaria”.
O programa combinará relatorios e espazos de diálogo arredor de cuestións como a distribución dos coidados, os usos do tempo ou o papel dos homes na construción de modelos...
leer másFrancisco Javier Sampedro Costas ofrecerá en Viveiro la conferencia titulada Anotaciones sobre la historia y el arte en la Semana Santa. Será este jueves, día 5 de marzo, a las 20:30 horas en la Sala Multiusos del Concello.
Será la conferencia de apertura de la programa cultural ADRAL, organizada por la Xunta de Cofradías de la Semana Santa de Viveiro, que explica que Francisco Javier Sampedro Costas “es un viveirense que a pesar de residir por su profesión fuera de la ciudad, hoy ya jubilado tiene una residencia aquí que visita asiduamente. Esperamos que sea muy concurrida por su vínculo con muchas personas como pacientes viveirenses, compañeros de estudios y por su vivencia e nuestra ciudad”.
El ginecólogo de la clínica Ribera Polusa Viveiro, el doctor Ezequiel Cardoso, participa en la tercera edición de la charla anual Mujer y Salud, que este año se celebra en el Espacio+60 de Afundación Viveiro, que está en Travesía da Mariña, número 49. En esta ocasión el especialista abordará el tema de cómo identificar señales de alarma en un sagrado ginecológico y cómo actuar según los casos. El título de la conferencia es Sangrado ginecológico: identificar y actuar a tiempo. Será el miércoles 11 de marzo a las 18:00 horas
La entrada es gratuita y libre hasta completar aforo.
O Foro Social da Mariña organiza unha charla coloquio titulada Dependencia e Discapacidade: Problemas e propostas. Celebrarase este venres, 6 de marzo, ás 20 horas na sala de conferencias da antiga biblioteca de Burela e terá como ponente a Francisco L. Vázquez Vizoso, epidemiólogo e médico especialista en medicina preventiva, ex xefe do servizo de medicina preventiva do complexo hospitalario de Pontevedra e membro do grupo promotor da Asociación Galega en Defensa do Sistema Público de Dependencia e Discapacidade (ASGADeD).
“Lonxe da visión actual da Xunta de Galicia, a análise dos datos do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia en Galicia (SAAD), amosa para unha redución das prestacións de servizos esenciais, como os servizos de atención no fogar (SAF), os servizos de centros de día (SCD), ou os dos servizos de...
leer másO Concello de Trabada conmemora o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, cunha programación especial centrada na saúde e no benestar das mulleres, a través da celebración de dúas charlas informativas que terán lugar na Casa da Cultura de Trabada o luns 9 de marzo.
A xornada contará con dúas sesións diferenciadas. A primeira delas desenvolverase en horario de 11:00 a 13:00 horas, baixo o título Coñece a túa peri/menopausia, e estará enfocada en ofrecer información e ferramentas para comprender esta etapa vital desde unha perspectiva próxima e divulgativa. Pola tarde, de 16:00 a 18:00 horas, celebrarase a charla Coñece e coida o teu solo pelviano, centrada na prevención, coidado e saúde do solo pelviano.
Para participar nas charlas é necesaria inscrición previa, que poderá realizarse a través do...
leer másA Concellería de Benestar Social, Saúde e Familia retoma no mes de marzo as charlas informativas sobre saúde baixo o título Colesterol e Saúde Cardiovascular, unha iniciativa enmarcada no programa municipal Preto de ti, que achega actividades e servizos ás diferentes parroquias do municipio de Ribadeo.
As sesións desenvolveranse nas escolas das distintas parroquias nas seguintes datas e horarios: Vilaselán, o 10/03/26 ás 18:00 horas; Ribadeo, o 11/03/26 ás 18:00; Cedofeita, o 12/03/26 ás 16:15 horas; A Devesa, o 17/03/26 ás 10:00; Arante, o 17/03/26 ás 16:30 horas; Cinxe, o 23/03/26 ás 16:15; e Rinlo, o 24/03/26 ás 16:15 horas.
A concelleira Elena Sierra explica que “durante estas charlas abordaranse cuestións fundamentais para o coidado da saúde cardiovascular, como a alimentación axeitada, os factores de risco,...
leer más












