Charlas
O día 15 de maio, venres, ás 19:00 horas na Praza de Abastos de Burela terá lugar unha conferencia-coloquio arredor das migracións, “un espazo para a reflexión e o diálogo sobre cuestións clave como os bulos, o activismo e a regularización”, anuncia o Concello de Burela.
O encontro contará coa participación de Luzía Oca González, antropóloga docente na USC; Gabriela L. Frías Goytia, psicóloga especializada en migracións; e Soledad Paola Lucero Toapanta, fundadora da ONG Mobilidad Humana.
Xosé Manuel Beiras ofrecerá unha conferencia sobre Francisco Fernández del Riego en Vilanova de Lourenzá este domingo, día 10 de maio, ás 12:30 horas.
A charla, titulada Paco del Riego e a cultura lúdica galega, terá lugar no salón de actos do Concello de Lourenzá e será presentada por Isabel Vilalba Seivane (labrega, sindicalista e veciña do val).
Esta conferencia está incluída no programa de actividades do VII Curso de Formación sobre o Patrimonio Lúdico - II Escola de Verán de Xogos Tradicionais Iberia Ludens, sobre Xogo, sustentabilidade e inclusión.
O Concello de Ribadeo organiza a segunda edición dos Encontros de Familias, que terán lugar os sábados 23 de maio, 6 e 13 de xuño.
A concelleira de Benestar Social, Saúde e Familia, Elena Sierra, explica que “os Encontros de Familia son un espazo para reflexionar e compartir experiencias. Nesta segunda edición contaremos coa colaboración da Asociación Guillem Veiga Iglesias”.
O programa deste 2026 inclúe tres encontros: 23 de maio, Comprender a conduta; 6 de xuño, Relacións e conflitos sociais; e 13 de xuño, Responsabilidade e autonomía.
Elena Sierra subliña que “nestes encontros reflexionaremos sobre a relevancia destes temas para mellorar a calidade de vida das nosas familias e velar tanto polo crecemento físico e cognitivo como polo benestar emocional e...
leer másA asociación Mariña Patrimonio continúa co seu programa de actividades cunha nova conferencia dedicada á historia de Sargadelos, “un dos espazos industriais e culturais máis significativos de Galicia”. A charla terá lugar o martes 12 de maio ás 19:00 horas na sala de actos da Casa da Administración, no Museo Histórico de Sargadelos. Baixo o título Do marqués ao arcebispo: mitos e realidades na historia de Sargadelos, intervirá Xoán Carmona Badía, catedrático de Historia e Institucións Económicas na Universidade de Santiago de Compostela e investigador especializado en temas relacionados coa historia da industria.
Mariña Patrimonio anuncia que “nesta conferencia abordaranse diferentes aspectos da historia de Sargadelos, desde a figura do marqués ata outras interpretacións e relatos que foron construíndo a memoria deste lugar. A...
leer másO proxecto Pesca Saúde convida á pediatra Consuelo Lobelle Fernández a participar nunhas xornadas técnicas que se celebrarán o martes 12 de maio ás 19:30 horas na Casa do Concello de Burela. A doutora centrará a súa intervención en sinalar “os beneficios do consumo de produto pesqueiro no desenvolvemento cognitivo e no crecemento na infancia”, anuncia o GALP A Mariña-Ortegal. O evento, que se celebrará dentro da programación da Estratexia Saúde Concello de Burela, ten carácter aberto ao público e non precisa inscrición previa.
Os organizadores do acto explican que Consuelo Lobelle Fernandez “é unha coñecida pediatra, con grande experiencia no diagnóstico de enfermidades infantís. Actualmente exerce no Centro de Saúde Illas Canarias, en Lugo. É licenciada pola Universidade de Santiago de Compostela, onde tamén obtivo o título de doutora en...
leer másA Concellería de Igualdade do Concello de Barreiros presenta unha nova edición da Escola de Familias para o ano 2026, “un programa formativo que busca ofrecer ferramentas ás familias para abordar a educación afectivo-sexual e a prevención de violencias desde as idades máis temperás. Esta iniciativa marca un fito na xestión municipal, ao ser o primeiro goberno da historia de Barreiros en organizar espazos educativos para as familias, chegando este ano 2026 á súa quinta edición e afianzándose coma unha das múltiples actividades que se integran no programa +Igualdade Barreiros”. Haberá actividades os días 9 de maio e 13 de xuño.
A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, destaca que “estas actuacións responden a un compromiso firme do goberno de Barreiros coas políticas de igualdade. Desde a nosa entrada no goberno de Barreiros tivemos...
leer másO Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Mondoñedo organiza en colaboración coa Asociación de Comerciantes Centro Histórico de Viveiro a charla titulada Transmisión de negocios no comercio de Viveiro. Será o mércores 29 de abril ás 16:30 horas e nela presentarán os servizos que presta este organismo a negocios en activo, ós que estean pensando en emprender e tamén a aqueles que están a piques de pechar por xubilación.
O CCHV explica que o Polo de Emprendemento “é unha rede que traballa para impulsar e consolidar proxectos de emprendemento que teñan unha vinculación coa súa contorna, neles atoparás: acompañamento e asesoramento continuado, metodoloxía adaptada a cada proxecto e titorización con profesionais de primeiro nivel. Tamén se encarga de poñer en contacto a empresas que estean próximas a pechar por xubilación con...
leer másO IES de Ribadeo Dionisio Gamallo acollerá o día 29 de abril, mércores, o I Encontro das Universidades Galegas co fin de achegarlle a súa oferta académica ao alumnado dos institutos da Mariña.
A directora do IES Dionisio Gamallo, María Ron, explica que “o vindeiro 29 de abril a partir das 18:00 horas terá lugar no salón de actos do noso centro un encontro con representantes delegados das tres universidades galegas (Universidade de Vigo, Universidade de A Coruña e Universidade de Santiago de Compostela) co fin de facilitar información sobre a súa oferta Académica, procedemento de admisión, becas, residencias, xornadas, mobilidades, másteres, etcétera”. Os poñentes serán: Diana Fernández Méndez, da USC, Ana Caamaño Martínez, da UVigo, e Luis Hervella Nieto, da UDC.
María Ron considera que “esta xornada pode ser moi...
leer másOs segredos da Arealonga e o título da charla coloquio que terá lugar nos Colexios Vellos de San Miguel de Reinante este sábado, día 25 de abril, ás 18:00 horas. Falarán sobre os novos estudos sobre a turbeira desa praia do municipio de Barreiros as investigadoras Aurora Grandal D'Anglade (paleontóloga e directora do Instituto de Xeoloxía Isidro Parga Pondal, da Universidade de Santiago de Compostela, e do Laboratorio de Paleontoloxía Molecular) e Gloria González Fortes (bióloga especializada en xenética e restos humanos antigos, que dirixe o Laboratorio de ADN Antigo do Instituto de Xeoloxía Isidro Parga Pondal).
É un acto organizado polo Seminario de Estudos Os Espigueiros, de San Miguel de Reinante, coa colaboración do Concello de Barreiros.
O Concello de Ribadeo, a través da área de Benestar Social, Saúde e Familia, pon en marcha un novo ciclo de charlas de saúde, que se desenvolverán desde o 28 de abril ata o 28 de maio nas distintas parroquias do municipio.
Estas sesións, impartidas por María Roel, enfermeira da área de Benestar do Concello de Ribadeo, levarán por título Coidando a quen coida e estarán centradas na importancia do autocoidado das persoas coidadoras. Trátase de “espazos pensados para parar, reflexionar e compartir experiencias arredor de cuestións clave como o manexo do estrés, as sinais de esgotamento, a comunicación coa persoa coidada, ferramentas prácticas de coidado e como pedir axuda cando é necesario”.
A concelleira de Benestar, Elena Sierra, destacou “a importancia de crear estes espazos para parar e coidar do propio...
leer más












