Deportivas
O Concello de Cervo abre este martes, día 9 de setembro, o prazo de inscrición para a nova tempada das Escolas Deportivas Municipais e dos cursos de natación.
Nas escolas deportivas infantís impartiranse as modalidades de ximnasia rítmica, multideporte, patinaxe, balonmán e volei; mentres que nas escolas deportivas de adultos as clases serán de fit-dance, pilates, corpo activo e ioga.
As fichas de inscrición facilitaranse e entregaranse no Concello ou na Casa da Cultura e o criterio de admisión fixarase segundo a orde de entrega da documentación.
Tamén se abre o prazo este martes para os cursos de natación da tempada 2025-2026 tanto para infantil como para adultos. Hai diferentes grupos en función do nivel de natación e tamén se impartirán clases de Aquagym. O criterio de admisión...
leer másO día 8 do setembro, luns, abriranse as inscricións para as escolas deportivas municipais de adultos en Barreiros, que comezarán a actividade o 1 de outubro, mércores.
Unha tempada máis o Concello de Barreiros pon en marcha o programa de actividades deportivas para persoas adultas. O prazo de inscrición comeza o luns 8 de setembro e a oferta para esta tempada é: Ximnasia, Ioga suave, Ioga vivo, Pilates, Espalda saudable, Zumba e Baile.
As clases desenvolveranse desde o 1 de outubro de 2025 ata o 28 de maio de 2026, agás a actividade de baile que se estenderá ata o 20 de xuño de 2026.
Pode consultarse toda a información sobre horarios, prezos e inscricións na web municipal:...
leer másO Concello de Alfoz abriu o prazo de inscrición para o vindeiro curso das Escolas Deportivas, dirixidas a nenos e nenas de 4 a 17 anos. As modalidades ofertadas son: fútbol, patinaxe, atletismo e pádel.
“Unha iniciativa para fomentar o deporte base e os hábitos saudables na nosa xuventude. Podes inscribirte do 18 ao 25 de agosto e tamén durante todo o curso escolar”, anuncia o Concello de Alfoz.
O Concello de Barreiros abre as inscricións para o programa MoVernos no Verán 2025, con actividades deportivas para maiores de 12 anos que se desenvolverán do 16 de xuño ao 15 de setembro.
Haberá zumba, pilates, ximnasia de mantemento, ioga e espalda saudable e levarase a cabo nas localidades de San Cosme de Barreiros e San Miguel de Reinante.
As inscricións para persoas empadroadas en Barreiros serán do 9 ao 11 de xuño (ata as 14:30 horas) e para persoas non empadroadas en neste municipio, a partir do 12 de xuño. As prazas son limitadas.
As escolas deportivas do Concello de Burela incluirán este curso 2024-25 tenis, pimpón, rutas en bici e patinaxe lúdica. Trátanse de actividades dirixidas a nenas e nenos nados entre 2012 e 2018.
As clases de tenis serán os luns de 15:30 a 16:30 horas no pavillón dos Castros, onde tamén serán as clases de patinaxe lúdica os xoves de 15:30 a 16:30 e de 16:30 a 17:30.
As clases de pimpón terán lugar no pavillón dos Castros ou na Casa da Xuventude os luns de 16:30 a 17:30 horas.
As rutas en bicicleta serán os martes e mércores de 15:30 a 17:00 horas, guiadas por un monitor para percorrer e coñecer o concello. O punto de partida será a Praza do Concello.
As cotas de inscrición son de 6 euros ao mes por actividade e as fichas de inscrición deberán ser entregadas na Casa da Xuventude, en horario de 10:00 a 14:00 horas do venres 27 ao xoves 3...
leer másO Concello de Barreiros e as ANPAS dos CEIP dos colexios de San Cosme e San Miguel presentaron a oferta de actividades que programarán para esta tempada que dará comezo no mes de outubro.
Ambas entidades traballaron de forma coordinada nas últimas semanas co obxectivo de non solapar propostas de actividades na medida do posible para facilitar así a inscrición e a conciliación das familias do municipio.
Por un lado, o Concello de Barreiros presenta as actividades deportivas para crianzas e adultos, un total de 13 disciplinas, 7 para as crianzas e 6 para as persoas adultas. Como novidades inclúense as actividades de Karate e Skate, coa que se busca complementar os meses anteriores á oferta de Surf por ter unhas características similares ambas disciplinas. As outras disciplinas serán atletismo, fútbol sala, natación...
leer másO Concello de Burela fai público o listado de actividades deportivas dispoñibles neste curso 2024/2025 para a cativada e a mocidade do municipio.
Trátase de actividades organizadas polas escolas deportivas municipais e polos diferentes clubs existentes en Burela.
“A práctica do deporte e os hábitos de vida saudables desde idades moi tempranas son unha prioridade de goberno para o Concello de Burela”, explica o concelleiro de Deportes, Carlos Méndez.
Entre as modalidades deportivas dispoñibles hai fútbol, baloncesto, fútbol sala, ximnasia rítmica, tenis, taekwondo, balonmán, patinaxe, patinaxe artística, tenis, rutas en bici e xadrez.
Do 16 ao 30 de setembro estará aberta a inscrición nas escolas deportivas municipais de inverno do Concello de Ribadeo. En total son 12 as disciplinas ofertadas: atletismo, bádminton, baloncesto, fútbol, fútbol sala, hockei liña, natación, pádel, patinaxe, tenis, tenis de mesa e ximnasia rítmica.
O 16 de setembro darán comezo as escolas de fútbol e bádminton. O 18 será a quenda para o baloncesto, o día 23 iniciaranse as escolas de atletismo e fútbol sala e o día 30 a de tenis de mesa.
Xa en outubro o día 1 comezarán a escolas de ximnasia rítmica e patinaxe, o 3 empezará a de hockei liña, o 4 as de tenis e natación e o 7 de outubro a de pádel.
As inscricións deben realizarse na Casa da Xuventude.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima “a...
leer másO vindeiro luns, día 3 de xuño, ábrese o prazo de inscrición para participar nas actividades deportivas para a mocidade (maiores de 12 anos) e persoas adultas que organiza o Concello de Barreiros e que se levarán a cabo nos Colexios Vellos de San Miguel e no Centro Sociocultural de San Cosme. Este programa, denominado Movernos no Verán, ten por obxecto cubrir a demanda de actividades deportivas para a mocidade e as persoas adultas dende o 17 de xuño ata o 13 de setembro do 2024.
As persoas que estean interesadas poderán matricularse no/s período/s seguintes: de 17 a 30 de xuño, de 1 a 31 de xullo, de 1 a 31 de agosto e de 1 a 13 de setembro.
Impartiranse clases dunha hora de duración de Espalda Saudable, Pilates, Ximnasia de Mantemento, Ioga e Zumba.
As Escolas Deportivas Lourenzá celebrará unha cea baile o día 2 de decembro, sábado a partir das 21:30 horas no Multiusos Ponte de Cuñas.
O menú, que servirá Catering Chao de Brea, está composto por caldo, costela asada, sobremesa, café e chupito.
Despois da cea actuará o grupo Sintético fantástico e rematará a festa con DJ Dani Rego.
As entradas están á venda en establecementos hostaleiros da vila ata o 29 de novembro.












