As Escolas Deportivas de Lourenzá celebran unha cea baile o 2 de decembro

As Escolas Deportivas Lourenzá celebrará unha cea baile o día 2 de decembro, sábado a partir das 21:30 horas no Multiusos Ponte de Cuñas.

O menú, que servirá Catering Chao de Brea, está composto por caldo, costela asada, sobremesa, café e chupito.

Despois da cea actuará o grupo Sintético fantástico e rematará a festa con DJ Dani Rego.

As entradas están á venda en establecementos hostaleiros da vila ata o 29 de novembro.