San Rosendo

21/02/2024

San Miguel de Reinante, no concello de Barreiros, celebra as festas de San Rosendo desde o día 1 ata o 3 de marzo. Serán na Praza da Igrexa, onde se instalará unha carpa.

As actividades empezarán o venres 1 ás 20:00 horas con degustación gratuíta de tapas elaboradas con carne de poldro nos bares de San Miguel.

O sábado 2 ás 13:00 horas haberá misa con procesión; e a continuación actuará a sección infantil da agrupación folclórica O Arco da Vella, seguida de sesión vermú amenizada pola orquestra Solara. Ás 17:00 horas disputarase o segundo trofeo de fútbol San Rosendo, que enfrontará ao Iberia co Pastoricense no campo de As Valgas. A partir das 20:00 horas haberá unha nova degustación gratuíta de tapas elaboradas con carne de poldro nos bares de San Miguel. E rematará a xornada festiva con verbena, na que actuarán...

leer más
Etiquetas:
19/02/2023

A  Feira de San Rosendo, enSan Miguel de Reinante, no Concello de Barreiros, celebrarase os vindeiros 4 e 5 de marzo.

As actividades arredor desta feira de gando, que viña celebrándose un día, alónganse durante a  fin de semana co impulso da comisión organizadora, que conta co apoio do Concello de Barreiros e da área de Medio Rural da Deputación de Lugo.

Así, a tradicional feira de gando e artesanía, o domingo a partir das 9.30 horas na Praza de San Miguel, refórzase cunha axenda lúdica que comeza o sábado, con sesión vermú, un aberto de billarda e  verbena, e continúa o mesmo día da feira con varias actividades paralelas como un concurso morfolóxico cabalar de Pura Raza Galega, unha carreira de andadura de cabalo marchador galego nas categorías serrada e chapeada e unha ximkana de xogos ecuestres.

... leer más