Trabada
O Concello de Trabada e a asociación Trabada paso a paso continúan impulsando novas rutas de sendeirismo, que “contan cunha moi boa acollida entre a veciñanza e visitantes”. A próxima cita será o domingo 5 de xullo, cun percorrido a pé desde Trabada ata A Cadeira seguindo o trazado do Camiño de Santiago.
É unha ruta de 8 quilómetros con dificultade media e a saída será ás 09:30 horas desde a Praza do Concello. Ao remate haberá unha comida na área recreativa de A Cadeira.
As inscricións están abertas ata o 1 de xullo, cun prezo de 8 euros, podendo formalizarse no Concello de Trabada ou a través do teléfono 982.13.50.11.
“Lembramos que é obrigatorio o uso de chaleco reflector. Seguimos apostando por este tipo de actividades que poñen en valor o noso patrimonio, a natureza e a convivencia”,...
leer másA parroquia de Sante, no municipio de Trabada, celebrará as festas do Corpus Christi esta fin de semana, desde o venres 26 ata o domingo 28 de xuño.
As activades comezarán o venres ás 22:30 horas cunha verbena amenizada pola orquestra Marbella e a discoteca móbil The Sound Project.
O sábado desde as 21:00 horas haberá churrascada popular e despois verbena co grupo Master e o dúo Venus
E o domingo ás 13:00 horas celebrarase misa cantada e procesión, seguida de sesión vermú larga con Los Adrianos.
Sobre esta actividade e outras o Concello de Trabada destaca “a importante labor que realizan as asociacións, comisións de festas e colectivos do municipio na dinamización da vida social e cultural, contribuíndo a manter vivas as tradicións e a ofrecer alternativas de...
leer másA asociación O Picato organiza a fogueira de San Xoán e San Pedro en Trabada este venres, 26 de xuño
A asociación cultural O Picato organiza a fogueira de San Xoán e San Pedro en Trabada este venres, día 26 de xuño, desde as 21:00 horas. Haberá sardiñada, queimada e música a cargo da acordeonista Leticia.
Sobre esta actividade e outras o Concello de Trabada destaca “a importante labor que realizan as asociacións, comisións de festas e colectivos do municipio na dinamización da vida social e cultural, contribuíndo a manter vivas as tradicións e a ofrecer alternativas de lecer para veciños e visitantes”.
O Goberno municipal reafirma “o seu compromiso de colaboración con estas entidades, apoiando iniciativas que fortalecen a participación cidadá, a convivencia e o atractivo do concello ao longo de todo o ano”.
O Concello de Trabada colabora na celebración da segunda edición da Concentración Moteira, organizada polo Motoclube A Cadeira. Un evento que terá lugar os días 19, 20 e 21 de xuño na explanada do parque e que “volverá reunir a afeccionados ao motor, veciñanza e visitantes nunha fin de semana chea de actividades”.
A programación inclúe propostas para todos os públicos con rutas, exhibicións, xogos, concertos, verbenas e actividades de convivencia, “consolidándose como unha cita destacada dentro do calendario festivo e social do municipio”, destaca o Concello e o alcalde de Trabada, Rubén García, quixo poñer en valor “o importante traballo que realizan asociacións como o Motoclube A Cadeira, así como o resto de clubs e comisións de festas do noso concello, á hora de dinamizar a vida social e cultural do municipio con iniciativas deste tipo...
leer másO Concello de Trabada informa da apertura da piscina municipal o próximo luns, 15 de xuño, dando comezo á tempada estival nunhas instalacións que este ano presentan “unha imaxe renovada e máis moderna”. A piscina municipal permanecerá aberta ata o 15 de setembro, ampliando así o período de funcionamento ata os tres meses completos de verán. O horario de apertura será todos os días da semana, de 12:00 a 21:00 horas.
“Entre as novidades desta tempada destaca o novo mural artístico realizado por Álvaro García, veciño de Trabada e da parroquia de Sante, que achega cor, personalidade e un importante atractivo visual ao recinto. A obra contribúe a modernizar a imaxe da instalación, converténdose nun elemento moi vistoso que reforza o carácter acolledor e familiar deste espazo de lecer”, explica o Concello de Trabada.
O...
leer másA Xunta de Galicia apoia a sexta edición da Ruta Castrexa de Mototurismo organizada pola Asociación Motorista Lucense, que se celebrará o 13 de xuño e discorrerá por 11 concellos da provincia, entre eles Trabada e Ribadeo. Os detalles da xornada déronse a coñecer nun acto que tivo lugar na Delegación Territorial de Lugo e no que participaron o delegado territorial, Javier Arias; José Aurelio Novoa, presidente da entidade promotora, e José Canda, presidente da Federación Galega de Motociclismo, entre outros.
A Xunta explica que “na antesala do Xacobeo 2027, a ruta concede este ano especial protagonismo aos municipios dos Camiños Francés, Norte e Primitivo, que son unha ampla maioría no percorrido proposto; este suma arredor de 450 quilómetros e atravesa Lugo, Abadín, Trabada, Ribadeo, A Ribeira de Piquín, A Fonsagrada, Navia de Suarna,...
leer másO Concello de Trabada vén de rematar as obras de mellora no Teleclub de Sante, local social da parroquia, nun proxecto que supuxo un investimento de máis de 50.000 euros e que foi posible grazas a un convenio asinado coa Deputación de Lugo. Con motivo da finalización dos traballos, o alcalde de Trabada, Rubén García, convida á veciñanza a participar nun acto de inauguración que terá lugar este venres 22, a partir das 20:30 horas, no propio local social, especialmente aos veciños e veciñas da parroquia de Sante.
O Concello de Trabada explica que “as actuacións permitiron renovar tanto o exterior como o interior destas instalacións municipais. No exterior levouse a cabo a construción dunha rampla de accesibilidade, ademais do pintado integral do edificio. Xa no interior realizouse unha reforma completa coa instalación dun novo teito, novo...
leer másA Xunta de Galicia anuncia que renova o seu apoio á Asociación de Veciños San Xulián de Sante, no municipio de Trabada, para a organización do II Descenso de Carrilanas, que se celebrará na parroquia o sábado 30 de maio. O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou na presentación do evento xunto a membros da entidade organizadora, entre eles o seu presidente, Miguel Linares.
A proba “discorrerá por un itinerario de 2.150 metros, con saída desde o barrio do Castro e chegada ao barrio da Igrexa. O trazado destaca pola súa rapidez e dificultade técnica, con fortes pendentes e tres tipos de asfalto distintos ao longo do percorrido. Como particularidade, inclúe un punto radar nun dos tramos de maior desnivel, no que o ano pasado o vehículo máis rápido acadou os 93 quilómetros por hora”, anuncia a Xunta de Galicia, que...
leer másO Concello de Trabada abrirá este martes, día 12 de maio, o prazo de inscrición para participar tanto no campamento de verán como no campamento xuvenil, dúas iniciativas que volverán desenvolverse durante os meses de xullo e agosto nas instalacións municipais. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 5 de xuño. Ambos campamentos celebraranse de luns a venres en horario de 10:00 a 14:00 horas.
O campamento de verán está dirixido a nenos e nenas nacidos entre o 1 de xaneiro de 2014 e o 31 de decembro de 2022, mentres que o campamento xuvenil está enfocado á mocidade nacida entre o 1 de xaneiro de 2008 e o 31 de decembro de 2013.
Desde o Concello destacan “a elevada participación que o campamento de verán vén rexistrando nos últimos anos, consolidándose como unha das actividades máis demandadas polas familias...
leer másO alcalde de Trabada, Rubén García, xunto cos membros da asociación Cabaleiros de Trabada, presentaron o cartel dunha nova edición da celebración de San Fernando, que terá lugar o vindeiro sábado 30 de maio na Capela de San Fernando, en Valboa.
Este evento, organizado conxuntamente polo Concello de Trabada e a asociación Cabaleiros de Trabada, “volve apostar pola recuperación e posta en valor das tradicións locais, cunha xornada completa de actividades para todos os públicos.
A programación dará comezo ás 9:30 horas coa saída a cabalo desde o pavillón municipal ata a capela de San Fernando. Ás 12:00 horas celebrarase a misa e procesión, acompañada de gaitas, e a continuación terá lugar a sesión vermú, amenizada por The Sound Project. Ao longo da xornada tamén haberá exposición de gando cabalar, degustación...
leer más












