O domingo 5 de xullo haberá ruta a pé desde Trabada ata A Cadeira con comida

O Concello de Trabada e a asociación Trabada paso a paso continúan impulsando novas rutas de sendeirismo, que “contan cunha moi boa acollida entre a veciñanza e visitantes”. A próxima cita será o domingo 5 de xullo, cun percorrido a pé desde Trabada ata A Cadeira seguindo o trazado do Camiño de Santiago.

É unha ruta de 8 quilómetros con dificultade media e a saída será ás 09:30 horas desde a Praza do Concello. Ao remate haberá unha comida na área recreativa de A Cadeira.

As inscricións están abertas ata o 1 de xullo, cun prezo de 8 euros, podendo formalizarse no Concello de Trabada ou a través do teléfono 982.13.50.11.

“Lembramos que é obrigatorio o uso de chaleco reflector. Seguimos apostando por este tipo de actividades que poñen en valor o noso patrimonio, a natureza e a convivencia”, remata o Concello de Trabada.