Trabada

04/08/2026

O Concello de Trabada abrirá este mércores, día 5 de agosto, o prazo de inscrición nos programas de conciliación Madrugadores e Ludiseráns para o curso escolar 2026-2027. As solicitudes poderán presentarse ata o vindeiro 26 de agosto, tanto nas oficinas municipais como a través da sede electrónica do Concello.

O programa Madrugadores desenvolverase en horario de 8:00 a 9:30 horas, antes do inicio da xornada lectiva, mentres que Ludiseráns terá lugar de 15:30 a 19:00 horas, unha vez rematado o horario escolar.

O alcalde de Trabada, Rubén García, destaca: “seguimos apostando por programas que facilitan a conciliación da vida familiar e laboral das familias do noso concello, ofrecendo servizos que responden ás súas necesidades ao longo de todo o ano”.

O rexedor lembra que estes programas...

leer más
Etiquetas:
27/07/2026

A Asociación Cultural Veiguello organiza, coa colaboración do Concello de Trabada e da Deputación de Lugo, o programa Veiguello 2026, que se desenvolverá entre os días 28 e 31 de xullo en diferentes parroquias do municipio.

O Concello de Trabada explica que esta iniciativa “volve apostar pola recuperación da memoria colectiva, a fotografía e o cine como ferramentas para poñer en valor a historia, o patrimonio e as vivencias da veciñanza, ao tempo que fomenta a participación e a creación cultural”.

O programa dará comezo o martes 28 de xullo, ás 17:00 horas, no Teleclub de Vilaformán, coa actividade Memoráreo, un encontro arredor de fotografías antigas no que se anima á veciñanza a participar levando imaxes antigas ou relacionadas coa emigración para compartir recordos e historias, nunha xornada que...

leer más
Etiquetas:
21/07/2026

O Concello de Trabada abre o prazo de inscrición para participar na II edición do Campionato de Balinera, unha actividade que se celebrará o sábado 8 de agosto ás 10:30 horas no Alto da Cadeira, coincidindo coa tradicional Xira da Cadeira.

“Tras a boa acollida da primeira edición, o Concello aposta por consolidar esta iniciativa dentro da programación estival, ofrecendo unha actividade lúdica e participativa para todas as idades. As inscricións son gratuítas e xa poden realizarse nas oficinas municipais ou chamando ao teléfono 982.135.011. A organización recomenda formalizar a inscrición antes do 6 de agosto, aínda que tamén será posible anotarse o propio día do evento. Tal e como recolle o regulamento, as balineras serán facilitadas pola organización, non estando permitido participar cunha balinera propia. Ademais os participantes de...

leer más
Etiquetas:
17/07/2026

O Concello de Trabada entrega gafas aos participantes dos campamentos municipais para seguir a eclipse do próximo 12 de agosto

O alcalde de Trabada, Rubén García, e a concelleira Pilar Fernández fixeron entrega este venres de gafas homologadas para a observación solar aos nenos e nenas do Campamento de Verán e aos mozos e mozas do Campamento Xuvenil.

Esta iniciativa foi posible grazas á colaboración da Deputación de Lugo, que facilitou ao Concello un lote de gafas de protección “para que os participantes poidan observar con total seguridade a eclipse solar previsto para o vindeiro 12 de agosto”.

O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou: “queremos que os máis novos poidan vivir este acontecemento dunha forma segura e tamén educativa, achegándoos a un fenómeno astronómico de gran...

leer más
Etiquetas:
28/06/2026

O Concello de Trabada e a asociación Trabada paso a paso continúan impulsando novas rutas de sendeirismo, que “contan cunha moi boa acollida entre a veciñanza e visitantes”. A próxima cita será o domingo 5 de xullo, cun percorrido a pé desde Trabada ata A Cadeira seguindo o trazado do Camiño de Santiago.

É unha ruta de 8 quilómetros con dificultade media e a saída será ás 09:30 horas desde a Praza do Concello. Ao remate haberá unha comida na área recreativa de A Cadeira.

As inscricións están abertas ata o 1 de xullo, cun prezo de 8 euros, podendo formalizarse no Concello de Trabada ou a través do teléfono 982.13.50.11.

“Lembramos que é obrigatorio o uso de chaleco reflector. Seguimos apostando por este tipo de actividades que poñen en valor o noso patrimonio, a natureza e a convivencia”,...

leer más
Etiquetas:
25/06/2026

A parroquia de Sante, no municipio de Trabada, celebrará as festas do Corpus Christi esta fin de semana, desde o venres 26 ata o domingo 28 de xuño.

As activades comezarán o venres ás 22:30 horas cunha verbena amenizada pola orquestra Marbella e a discoteca móbil The Sound Project.

O sábado desde as 21:00 horas haberá churrascada popular e despois verbena co grupo Master e o dúo Venus

E o domingo ás 13:00 horas celebrarase misa cantada e procesión, seguida de sesión vermú larga con Los Adrianos.

Sobre esta actividade e outras o Concello de Trabada destaca “a importante labor que realizan as asociacións, comisións de festas e colectivos do municipio na dinamización da vida social e cultural, contribuíndo a manter vivas as tradicións e a ofrecer alternativas de...

leer más
Etiquetas:
24/06/2026

A asociación cultural O Picato organiza a fogueira de San Xoán e San Pedro en Trabada este venres, día 26 de xuño, desde as 21:00 horas. Haberá sardiñada, queimada e música a cargo da acordeonista Leticia.

Sobre esta actividade e outras o Concello de Trabada destaca “a importante labor que realizan as asociacións, comisións de festas e colectivos do municipio na dinamización da vida social e cultural, contribuíndo a manter vivas as tradicións e a ofrecer alternativas de lecer para veciños e visitantes”.

O Goberno municipal reafirma “o seu compromiso de colaboración con estas entidades, apoiando iniciativas que fortalecen a participación cidadá, a convivencia e o atractivo do concello ao longo de todo o ano”.

15/06/2026

O Concello de Trabada colabora na celebración da segunda edición da Concentración Moteira, organizada polo Motoclube A Cadeira. Un evento que terá lugar os días 19, 20 e 21 de xuño na explanada do parque e que “volverá reunir a afeccionados ao motor, veciñanza e visitantes nunha fin de semana chea de actividades”.

A programación inclúe propostas para todos os públicos con rutas, exhibicións, xogos, concertos, verbenas e actividades de convivencia, “consolidándose como unha cita destacada dentro do calendario festivo e social do municipio”, destaca o Concello e o alcalde de Trabada, Rubén García, quixo poñer en valor “o importante traballo que realizan asociacións como o Motoclube A Cadeira, así como o resto de clubs e comisións de festas do noso concello, á hora de dinamizar a vida social e cultural do municipio con iniciativas deste tipo...

leer más
Etiquetas:
10/06/2026

O Concello de Trabada informa da apertura da piscina municipal o próximo luns, 15 de xuño, dando comezo á tempada estival nunhas instalacións que este ano presentan “unha imaxe renovada e máis moderna”. A piscina municipal permanecerá aberta ata o 15 de setembro, ampliando así o período de funcionamento ata os tres meses completos de verán. O horario de apertura será todos os días da semana, de 12:00 a 21:00 horas.

“Entre as novidades desta tempada destaca o novo mural artístico realizado por Álvaro García, veciño de Trabada e da parroquia de Sante, que achega cor, personalidade e un importante atractivo visual ao recinto. A obra contribúe a modernizar a imaxe da instalación, converténdose nun elemento moi vistoso que reforza o carácter acolledor e familiar deste espazo de lecer”, explica o Concello de Trabada.

O...

leer más
28/05/2026

A Xunta de Galicia apoia a sexta edición da Ruta Castrexa de Mototurismo organizada pola Asociación Motorista Lucense, que se celebrará o 13 de xuño e discorrerá por 11 concellos da provincia, entre eles Trabada e Ribadeo. Os detalles da xornada déronse a coñecer nun acto que tivo lugar na Delegación Territorial de Lugo e no que participaron o delegado territorial, Javier Arias; José Aurelio Novoa, presidente da  entidade promotora, e José Canda, presidente da Federación Galega de Motociclismo, entre outros.

A Xunta explica que “na antesala do Xacobeo 2027, a ruta concede este ano especial protagonismo aos municipios dos Camiños Francés, Norte e Primitivo, que son unha ampla maioría no percorrido proposto; este suma arredor de 450 quilómetros e atravesa Lugo, Abadín, Trabada, Ribadeo, A Ribeira de Piquín, A Fonsagrada, Navia de Suarna,...

leer más